"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nucleoproteína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos que resultan da unión das proteínas con ácidos nucleicos ou con nucleótidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas que rompen o enlace entre a pentosa e a base nos nucleósidos. Poden hidrolizar tanto os nucleósidos pirimídicos, máis resistentes, como os nucleósidos púricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos naturais formados pola combinación dun azucre, ribosa ou 2-desoxirribosa, e unha base purínica ou pirimídica. O enlace C-N entre a base e o azucre formado é N-glicosídico. Os nucleósidos da ribosa son parte integrante dos ácidos ribonucleicos (ARN), e os da desoxirribosa forman parte dos ácidos desoxirribonucleicos (ADN). Obtéñense a partir dos nucleótidos por eliminación do grupo fosfato e son facilmente separables e identificables por cromatografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síntese dos núcleos atómicos dos elementos máis sinxelos (hidróxeno e helio) nun proceso de temperatura moi elevada (da orde dun millón de kelvins). As reaccións de nucleosíntese son estudadas en astrofísica e tamén en cosmoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromómero dun cromosoma, constituído por ADN e histonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos ésteres de ácido fosfórico cun nucleósido, en que o ácido fosfórico é esterificado cun dos grupos de hidroxilo libres de pentosa. Atópase na célula, en estado libre e en proporcións notables. Obtéñense por hidrólise parcial dos ácidos nucleicos e ao ser compostos de bases nitroxenadas absorben a luz ultravioleta arredor dos 2.600 Å.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito drupáceo pluricarpelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Bos Aires a partir de 1945. Foi o nome que adoptou a cabeceira Correo de Galicia, fundado na capital arxentina o 22 de marzo de 1908 por Xosé Ramón Lence e Xosé Vázquez Romaguera. Foi adquirido en 1945 polo empresario Ramón Lourente, presidente do Centro Galego de Bos Aires, quen lle cambiou a cabeceira por Nuevo Correo e encargou a súa dirección ao xornalista lucense Braulio Díaz Sal. Defensor da Autonomía para Galicia, anos despois transformouse en Faro de España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do NL de México (64.924 km2; 3.834.141 h [2000]). A súa capital é Monterrey. A Sierra Madre Oriental percorre o estado de NO a SL, no NO atópanse as rexións desérticas, e o sector N e NL forma parte da plana litoral do golfo de México. O clima é cálido e seco no N e húmido no S. A poboación tivo un crecemento (1960-1970) do 50%, e é maioritariamente urbana (70%). Destacan os cultivos de algodón, laranxeiras (primeiro produto mexicano) e cereais, ademais da gandaría. Os importantes recursos mineiros de chumbo, prata, fosfatos e ferro convertérono no segundo estado industrial do país.
-
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo, “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Orixinario dunha familia nobre, propietaria dun importante patrimonio situado nas proximidades dos mosteiros de Oseira, Carboeiro e Vilar de Donas, pertenceu á corte señorial dos Traba, onde se relacionou cos Taveirós. Membro da liñaxe de cabaleiros dos Cêrzeo, crese que era irmán de Pedro Eanes e de Urraca Eanes. Puido participar na Reconquista andaluza e asentarse nesas terras. Da súa produción, localizada unicamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, consérvanse dez cantigas de amor, tituladas “Mia senhor fremosa, direi-vus ua ren”, “Par Deus, dona Maria, mia senhor ben-talhada”, “Quand ora fôr a mia senhor veer”, “Quer eu agora ja dizer”, “Senhor, e assi ei eu a morrer?”, “Senhor esta coita, que ei”, “Senhor perdud ei por vos ja o coraçon”, “Senhor, que coitad og eu no mundo vivo”, “Senhor, todos m’entenden ja” e “Toda -las gentes mi-a mi estranhas son”; e un descordo, titulado “Agora me quer’ eu ja espedir”, en que amosa o seu desinterese polas cousas do mundo....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo estadounidense. Trasladouse a Inglaterra e fundou o Journal of Hygiene, ideou unhas probas na análise clínica do sangue e illou o Bacillus aerogenes capsulatus da gangrena gasosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás ocnáceas.
-
Planta da familia das ocnáceas.
-
Familia de plantas, da orde das parietais, que presentan follas simples dentadas, de flores xeralmente hermafroditas e pentámeras e de froitos varios, e co carpelo libre. Son propias das rexións cálidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta as características propias do ocre, especialmente a cor.
-
PERSOEIRO
Político e estratega romano. Foi cónsul (165 a C) e embaixador en Asia (162 a C). Dirixiu a frota romana contra Perseo (168 a C) e construíu o pórtico de Octavia en Roma. Morreu asasinado por un grego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romano, neto de Cneo Octavio. Foi cónsul en 87 a C xunto con Lucio Cornelio Cinna, pero ao contrario que este, opúxose á obra reformista de Mario e expulsou a Cinna da cidade. Asediado e bloqueado en Roma polos partidarios de Mario, foi asasinado por Cinna, o que provocou o estalido dunha guerra entre os partidarios do xa falecido Mario (86 a C) e os seguidores de Sila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Coñecido como Tifi Odasi, está considerado o pai da poesía macarrónica. Escribiu o poema Macharonea en 1490, que se imprimiu pouco tempo despois da súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro de dimensións reducidas que, na antiga Grecia, era destinado ás audicións musicais. Arquitectonicamente repetía a forma do teatro grego clásico, pero adquiría un desenvolvemento vertical máis notable e ofrecía, na escena, unhas dimensións máis reducidas. En Atenas, Pericles ordenou construír un arredor de 422 a C e Herodes Ático fixo construír outro ao pé da Acrópole. Algúns estaban cubertos, como o de Gortina, Éfeso, Epidauro, Patras e Pompeia.
-
-
Relativo ou pertencente ás ofioglosáceas.
-
Planta da familia das ofioglosáceas.
-
Familia de plantas, da orde das ofioglosais, integrada por fentos de rizoma curto, carnoso e sen escamas, e de follas que consisten nunha lámina estéril e nunha parte fértil espiciforme ou paniculiforme.
-