"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Segunda etapa do Permiano Inferior, situado enriba do Asseliano e baixo o Artinskiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Sakmariano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático francés. Escribiu obras de liña surrealista, das que destacan Le casseur d’assiettes (1923) e Tour à terre (1925). Tamén escribiu Un homme comme les autres (1936), Les nuits de la colère (1946), Le miroir (1956) e La rue noire (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital e cidade da provincia de Salamanca, Castela e León, situada na ribeira dereita do Tormes (156.368 h [2001]). É un importante mercado agrícola e gandeiro, que conserva o seu antigo interese como centro universitario e administrativo. Identificada coa antiga Helmantiké ou Salmantica, foi conquistada por Aníbal en 217 a C. Baixo o dominio romano, formou parte de Lusitania e, desde 712, quedou en poder dos musulmáns ata a conquista de Toledo (1085). Durante os reinados de Afonso VIII e Afonso IX elaborouse o foro da cidade e fundouse a universidade (1200). Foi o centro da industria téxtil castelá e mercado exportador de la. No s XVI a universidade converteuse nun foco cultural de Europa, grazas ao prestixio dos seus mestres, que constituíron a escola de Salamanca. Ocupada polas tropas napoleónicas (1809), foi liberada por Wellington. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939), foi sede de varios ministerios do goberno franquista e de organizacións falanxistas. A cidade vella foi declarada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Guanajuato, México, situada na beira do río Lerma (226.654 h [2000]). Destaca como centro de mercado de trigo, millo, legumes e froitas. Ten refinaría de petróleo, muíños de fariña e industria téxtil, de curtidos de pel, de produtos químicos e de cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Comunidade Autónoma de Castela e León, formada por 106 municipios (12.336 km2; 345.609 h [2001]). A súa capital é Salamanca. O hábitat é disperso, predomina o poboamento en pequenas aldeas, e ademais da capital destacan os núcleos de Béjar (15.123 h [2001]), Ciudad Rodrigo (13.991 h [2001]) e Santa Marta de Tormes (12.090 h [2001]). As maiores densidades de poboación localízanse no contorno da capital e do núcleo de Béjar. A base da súa economía é a agricultura, onde destacan os cultivos de trigo, legumes, hortalizas, froiteiras e oliveiras, a gandaría porcina, vacúa e de la, e a industria ligada á produción agropecuaria, á fabricación de panos e á produción de enerxía eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Salamanca. Participou en conspiracións liberais e foi deputado (1836). Axiña iniciou a súa actividade financeira e adquiriu unha enorme fortuna. Unido ao sector puritano dos moderados, ocupou o ministerio de Facenda (1847), pero enfrontado con Ramón María Narváez Campos, dimitiu e ocupouse dos seus negocios. Representou ao distrito de Ortigueira como deputado (1853-1854) e na Restauración foi deputado e senador por outros distritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de xuristas e teólogos dos ss XVI-XVII vinculados á Universidad de Salamanca que crearon un corpo de doutrina sobre dereito natural, dereito internacional e teoría monetaria. Os seus principais integrantes foron Francisco de Vitoria, Melchor Cano e Juan de Santo Tomás. A raíz dos descubrimentos e da colonización de América desenvolveron un corpo de doutrina sobre dereito natural e o dos pobos que constituíu a base do dereito internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en Salamanca en 1505 polo que Fernando II de Aragón o Católico, Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola se comprometeron a gobernar conxuntamente os reinos de Castela e León. Filipe e Xoana foron xurados reis polas cortes, e Fernando, gobernador a perpetuidade. As intrigas da nobreza castelá, favorecida por Filipe I e Maximiliano de Austria, conduciron á formación dun bando partidario dos Habsburgo, que quería desprazar ao monarca aragonés, que pactou con Luís XII de Francia (Tratado de Blois, 1505) e casou con Xermana de Foix. Para contrarrestar os efectos desta alianza, Filipe I acercouse ao Reino de Castela, que levou á sinatura deste tratado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios urodelos, da familia dos salamándridos, ao que pertence a píntega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos salamándridos.

    2. Urodelo da familia dos salamándridos.

    3. Familia de urodelos de tamaño mediano, de corpo pouco alongado e lacertiforme, coas patas anteriores con 4 dedos e as posteriores con 4 ou 5, coa punta redondeada e sen membrana interdixital, cavidade bucal con dentes, fecundación interna, na terra ou na auga, xeralmente ovíparos e con metamorfose ou sen ela. Levan unha vida anfibia e hibernan en terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Contrario á retirada francesa de Alxeria, enfrontouse con De Gaulle e participou na rebelión militar de 1961. Refuxiado en Madrid, fundou xunto co xeneral Jouhaud, a Organisation de l’Armée Secrète (OAS). En 1962 foi capturado en Alxer e condenado a cadea perpetua, pero quedou libre pola amnistía outorgada aos antigos membros da OAS (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Deputado liberal desde 1866, substituíu a Giolitti como primeiro ministro (1914-1916) e, ao comezar a Primeira Guerra Mundial, mantivo a Italia neutral. Polo Tratado de Londres (1915), aliñou o país coa Triple Entente. Deposto (1916), cooperou inicialmente co fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave do xénero Collocalia, da familia dos apódidos, de 8 a 12 cm, que constrúe o niño cunha saliva xelatinosa (neosina) que segrega. Estes niños son moi apreciados en gastronomía. Habitan en toda Asia meridional e oriental, Australia e as illas do Pacífico oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado no SL da capital provincial e regado polo río Arlanza, afluente do Pisuerga (2.053 h [2001]). Destaca a agricultura, a gandaría e as manufaturas da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Autodidacta e admirador do debuxante estadounidense Frank Robbins, especializouse en cómic e humor, e foi un dos primeiros creadores en achegar erotismo ás publicacións españolas con rapazas semiespidas. Colaborador con tiras de política de actualidade en El Correo Gallego, Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, os seus traballos foron publicados en diversos países, como España, Portugal, México, Colombia, Polonia, Irán, Rusia, Francia, Holanda, EE UU, Austria e Alemaña. Ademais, traduciuse a súa obra ao inglés, portugués, polaco e persa. Parte da súa obra foi recompilada en nove libros publicados. Para a revista de cómics El Globo creou a súa famosa serie “El Edén”, que sobreviviu á censura. Ademais, realizou diversas exposicións individuais e colectivas en diversos países europeos, Rusia e EE UU, dos que cómpre destacar o celebrado na igrexa Marktkirche de Hannover e o do XXVI Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Rafael Farina, realizou diversos espectáculos como El cante ya tiene rey (1956) e Arte español (1968). Participou nos filmes Café de chinitas, Puente de Coplas e La Copla andaluza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político portugués. Catedrático de Economía na Universidade de Coimbra, foi deputado (1921) e, tras o golpe de estado de 1926, converteuse en ministro de Facenda, pero dimitiu pouco despois. Chamado novamente polo presidente António Óscar de Fragoso Carmona (1928), nun ano equilibrou o orzamento estatal e desenvolveu unha política de austeridade que levou ao país ao estancamento. Converteuse en primeiro ministro en 1932 e inspirou a Constitución de 1933, que estableceu o Estado Novo con fundamentos corporativistas, nacionalistas e autoritarios e instaurou unha férrea ditadura. Apoiou ao bando franquista na Guerra Civil Española e durante a Segunda Guerra Mundial mantivo neutral Portugal. As guerras pola independencia das coloniais iniciadas en 1961 levaron ao país á bancarrota. Enfermo, en 1968 foi substituído polo seu ministro Marcelo José das Neves Caetano.

    VER O DETALLE DO TERMO