Salas Martínez, Armando
Debuxante. Autodidacta e admirador do debuxante estadounidense Frank Robbins, especializouse en cómic e humor, e foi un dos primeiros creadores en achegar erotismo ás publicacións españolas con rapazas semiespidas. Colaborador con tiras de política de actualidade en El Correo Gallego, Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, os seus traballos foron publicados en diversos países, como España, Portugal, México, Colombia, Polonia, Irán, Rusia, Francia, Holanda, EE UU, Austria e Alemaña. Ademais, traduciuse a súa obra ao inglés, portugués, polaco e persa. Parte da súa obra foi recompilada en nove libros publicados. Para a revista de cómics El Globo creou a súa famosa serie “El Edén”, que sobreviviu á censura. Ademais, realizou diversas exposicións individuais e colectivas en diversos países europeos, Rusia e EE UU, dos que cómpre destacar o celebrado na igrexa Marktkirche de Hannover e o do XXVI Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas (Moscova). As súas creacións figuran no The World Encyclopedia of Cartoons, no Atlas Español de la Cultura Popular e no Diccionario de uso de la Historieta Española, ademais da Lambiek Comiclopedia, enciclopedia on line que se creou en Amsterdam. Autor do póster que presidiu a homenaxe internacional a Anna Politkovskaya en Notre Dame de Paris, recibiu o Premio internacional 'Curuxa de Honra 2005' outorgado polo Museo do Humor de Fene.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santa Marta de Ortigueira