"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Formado en Venecia, pasou á corte de Viena en 1766, onde se formou co mestre da capela imperial Florian Gassmann. Á morte deste ocupou o seu cargo e destacou como operista, con máis de corenta óperas. Participou na formación de L. van Beethoven, F. Schubert e F. Liszt e amosouse seguidor de Gluck en Armida (1771). Tamén realizou óperas bufas como Don Chisciotte alle nozze di Gamace (1771) e La calamita dei cori (1774), e compuxo música instrumental e relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña, actuou na obra de teatro Para que queredes un poeta vivo (1984). Participou no poemario colectivo Alén (1977), en colaboración con M. A. Mato Fondo e X. R. Pena, e tamén nos volumes colectivos De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985). Traduciu as obras O carteiro do rei (1984), de R. Tagore, e Soños dun sedutor (1985), de W. Allen, e escribiu o poemario Os habitantes da culpa (1988). É coautor dunha edición crítica de Folhas novas (1985), de Rosalía de Castro e de diversos estudos sobre literatura portuguesa, como Rosto negro. O contexto das literaturas africanas (1994) e Entre Próspero e Caliban: literaturas africanas de lingua portuguesa (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Membro da Xeración do 27, foi catedrático universitario e profesor nas universidades de La Sorbonne (1914-1917) e Cambridge (1922-1923), no Wellesley College de Puerto Rico e na John’s Hopkins University de Baltimore. Autor de diversos estudos e ensaios de investigación literaria, como La poesía de Rubén Darío (1948) e Ensayos de literatura hispánica (1953), da súa obra destacan os poemarios Presagios (1923), Seguro azar (1929), La voz a ti debida (1933), co que revolucionou o concepto do sentimento amoroso na poesía contemporánea; Todo más claro (1949) e Confianza (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e teórico musical. Estudou órgano e humanidades na Universidad de Salamanca, onde foi profesor de música (1567-1587). O seu tratado De Musica libri septem (1577) é básico para coñecer numerosas melodías tradicionais e o pensamento musical do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Illes Balears (3.389 h [2001]). A agricultura, esencialmente de secaño, perdeu importancia como recurso económico e deu paso aos sectores da construción e do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Puerto Rico, en Cuba e en Marrocos, onde foi xeneral. Destituído pola Segunda República (1931), acolleuse á Lei Azaña e pasou á reserva. O 18 de xullo de 1936 foi xefe da Junta Suprema do alzamento en Valladolid. Dirixiu a ocupación de Madrid (marzo de 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán de Salisbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. Autor do matnawī de aventuras Ǧ amšīd ū ḫ ursīd, que influíu notablemente na lírica persa posterior, está considerado o gran precursor de Ḥ āfi ẓ .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (1274-1245 a C). Xunto con seu pai Adad-Nirāri I (1307-1275 a C) e o seu fillo Tukulti-Ninurta I, conseguiu que Asiria fose unha das potencias de Oriente Próximo e Medio. Obtivo o seu principal triunfo sobre Hanigalbat, estado herdeiro de Mitanni. Construíu unha nova capital en Kalah (Nimrūd).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (858-824 a C), fillo de Asurnasirpal II. No L, fixo unha campaña contra Zamua, no altiplano iraniano. En 853 invadiu Siria, pero parece que foi detido en Qarqar, ante unha coalición dirixida por Hadadecer ou Adad-Idri de Damasco e Acab de Israel. En Cilicia someteu (836) o Reino de Tabal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asiria (727-722 a C), fillo de Teglatfalasar III. Coñecido como Utulai en Babilonia, sufocou unha serie de revoltas en Siria-Palestina, das que destaca a de Osees, rei de Israel. Morreu cando intentaba conquistar Samaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réptil de tamaño mediano e aspecto aplanado coa cabeza e os ollos grandes e arredondados con pupila vertical. Ten uns dedos característicos ensanchados distalmente con láminas subdixitais que lle serven para adherirse ás superficies lisas e con unllas no terceiro e cuarto dedo. A cor é moi variable e depende do estado do animal, aínda que adoita atoparse de cores claras como o branco ou gris. Ten costumes nocturnos e crepusculares e aliméntase de avelaíñas e insectos nocturnos. Presenta dúas épocas reprodutivas, a primeira en marzo-abril, e a segunda en xuño-xullo cunha posta de dous ovos. Está ligada a hábitats rochosos, como pedregais, muros ou paredes. Esténdese por áreas mediterráneas, na maior parte da Península Ibérica, nos litorais da Península Itálica e da rexión Balcánica e ao N de África. En Galicia dáse só na zona de Valdeorras, que é o límite noroccidental da súa distribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • helmántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, irmán de Nicolás Salmerón Alonso. Militante do Partido Progresista, participou na Revolución de 1848 e na de 1854. Deputado en 1854 e en 1869, sostivo a candidatura de Espartero como rexente e despois apoiou a Amadeo I de España para ocupar o trono. Durante a Primeira República Española foi ministro de Ultramar (1873) e presidiu o Congreso (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Veterinario estadounidense. Realizou notables descubrimentos sobre os virus e a inmunidade, e descubriu os bacilos causantes de varias enfermidades do gando, coñecidas como salmonelose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Salnés ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Salnés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller de Zebedeo, nai dos apóstolos Santiago o Maior e Xoán o Evanxelista. Estivo presente na crucifixión de Xesús e foi unha das primeiras mulleres que acudiu ao sepulcro. A súa festa celébrase o 22 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición anual celebrada en París desde 1844 pola Societé des Artistes Indépendants, formada por G. Seurat e P. Signac como alternativa ao Salon oficial. Converteuse no principal escaparate da pintura postimpresionista ata a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que gaña a vida facendo xogos e acrobacias en espectáculos ao aire libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. De estilo románico, construíuse a finais do s XI ou comezos do s XII. Da primitiva construción só se conserva a ábsida e a fachada. Ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida tamén rectangular, á que se accede por un arco triunfal lixeiramente apuntado. Ten un coro alto aos pés da nave. A portada principal está formada por arquivoltas tóricas, decoradas cun billete, apoiadas en columnas acobadeladas. No tímpano atópase inscrita unha cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO