Salto, San Tomé de
Salto, San Tomé de
Igrexa parroquial situada en Oza dos Ríos. De estilo románico, construíuse a finais do s XI ou comezos do s XII. Da primitiva construción só se conserva a ábsida e a fachada. Ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida tamén rectangular, á que se accede por un arco triunfal lixeiramente apuntado. Ten un coro alto aos pés da nave. A portada principal está formada por arquivoltas tóricas, decoradas cun billete, apoiadas en columnas acobadeladas. No tímpano atópase inscrita unha cruz.