"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • ILLAS

    Arquipélago situado na zona meridional das Pequenas Antillas, fronte á costa venezolana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Alcalde de Cangas. Militante de Alianza Popular desde 1977, foi secretario xeral do PP en Pontevedra, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e tenente-alcalde (1991-1995) de Cangas. Foi deputado autonómico, voceiro de Sanidade e coordinador electoral do PP no Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista italiano. Demostrou a imposibilidade da xeración espontánea e foi o primeiro en conseguir a fecundación artificial en batracios e mamíferos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Fundou as produtoras Amblin Entertainment e DreamWorks SKG. Da súa filmografía destacan Duel (1971), The Sugarland Express (1974), Jaws (1975), Close Encounters of the Third Kind (1977), E.T. (1982), a triloxía sobre o aventureiro Indiana Jones (Raiders of the Lost Ark, 1981; Indiana Jones and the Temple of Doom, 1984; e Indiana Jones and the Last Crusade, 1989), The Color Purple (1985), Jurassic Park (1992), Schindler’s List (1993, Oscar á mellor película e ao mellor director 1994), Saving Private Ryan (1998, Oscar ao mellor director 1999), Artificial Intelligence: AI (2001), The Terminal (2004) e War of the Worlds (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que se desenvolveu en Stalingrado no transcurso da Segunda Guerra Mundial (1942-1943). Logo de franquear o Don, as tropas alemás, baixo as ordes de Von Paulus, atacaron a cidade, defendida polos rusos, comandados por Čujkov. Os alemáns ocuparon algunhas zonas da cidade, pero non conseguiron pasar o Volga. A finais de novembro, as tropas rusas atacaron e rodearon ás de Von Paulus, que capitulou o 21 de xaneiro de 1943.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Rigorosamente xeométrico, achegouse ao minimalismo. Rexeitou radicalmente a bidimensionalidade do cadro usando, moi frecuentemente, lenzos de forma triangular. As súas pinturas raiadas son dunha gran vivacidade cromática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos odontocetos, da familia dos delfínidos, co peteiro alongado e o ventre de cor branca. A este xénero pertence a especie S. longirostris (golfiño de peteiro longo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Publicou o seu primeiro poema revista Poetry (1914). Das súas obras destacan Harmonium (1933), Parts of a World (1942), The Auroras of Autumn (1950) e Collected Poems (1954, Premio Pulitzer en 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico estomatólogo. Recibiu o Premio da Sociedad Española de Estomatología e da Real Academia Nacional de Medicina. É autor de numerosos artigos e traballos en ortodoncia. Académico correspondente da Real Academia de Medicina y Cirurgía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Compaxinou a pintura co deseño publicitario e cultivou todos os xéneros. Destacan os seus retratos de nenos, caracterizados pola tenrura. Nas paisaxes representou o mundo laboral como fábricas e estaleiros, caracterizados polo emprego de tons ocres e escuros. Realizou, entre outras obras, Retrato de niña, Lavandeira, Retrato de Familia e Niños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Piura, Perú, situada na beira dereita do Chira (147.361 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de San Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa meridional das dúas illas principais de Nova Zelanda (151.215 km2; 906.753 h [2001]). Separada da illa do Norte polo estreito de Cook, as cidades principais son Christchurch e Dunedin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encíclica publicada por Pío IX en 1864 en que se recollían oitenta proposicións condenatorias das doutrinas progresistas. Dividida en dez parágrafos, condenaba o panteísmo, o naturalismo, o racionalismo, o indiferentismo, o latitudinarismo, o socialismo, o comunismo, o liberalismo, as sociedades secretas, as sociedades bíblicas, as doutrinas sobre a autonomía da sociedade civil e as doutrinas que negaban a soberanía temporal do papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de mazá de pel rugosa e sen brillo, de cor entre verdosa e marrón e de sabor agridoce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa situado ao S de Iruña, na beira do Cidacos (10.295 h [2001]). Ten cultivos de froiteiras, cereais e hortalizas. É un centro comercial con pequena industria alimentaria, de calzado e metalurxia. En 1512, baixo Fernando II de Aragón o Católico, pasou ao Reino de Castela. Conserva parte das murallas medievais e do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María (s XVI) e o palacio-castelo (BIC, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de Indonesia, situado ao NL de illas Célebes (1.279 km2; 25.000 h). Comprende a illa maior de Karakelong, onde se atopa a capital, Beo, e as illas Salebabu e Kaburuang.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de tallar ou de fender e separar en partes.

      1. Acción de tallar ou dar forma a obxectos dun xeito determinado.

      2. Operación que consiste en obter unha serie de caras para facer resaltar a beleza dun material ou mineral. O conxunto de caras cunha forma xeométrica determinada denomínase estilo de talla. Os máis coñecidos son o estilo de talla brillante, utilizado co diamante, o de talla esmeralda e a talla rosa.

      3. Obra escultórica, especialmente de madeira.

      4. media talla

        Escultura feita en baixo rrelevo.

      5. talla doce

        Gravado calcográfico en que as incisións sobre a prancha de aceiro ou cobre deben ser trazadas mediante a utilización do buril, a augaforte ou a punta seca.

    2. esmelgadoira.

    3. Cantidade de moeda que debe ser producida por unidade de peso do metal cuñado.

    4. Contribución que, na Idade Media, esixían os señores feudais aos servos e vasalos que estaban na súa xurisdición.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente grande para conter líquidos, semellante a un cántaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción que resulta de cortar certos alimentos, especialmente a carne.

    2. Corte profundo e alongado.

    VER O DETALLE DO TERMO