Tafalla
Tafalla
Municipio de Nafarroa situado ao S de Iruña, na beira do Cidacos (10.295 h [2001]). Ten cultivos de froiteiras, cereais e hortalizas. É un centro comercial con pequena industria alimentaria, de calzado e metalurxia. En 1512, baixo Fernando II de Aragón o Católico, pasou ao Reino de Castela. Conserva parte das murallas medievais e do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María (s XVI) e o palacio-castelo (BIC, 1931).