1 talla
(< tallar)
-
s
f
Acción e efecto de tallar ou de fender e separar en partes.
-
-
s
f
Acción de tallar ou dar forma a obxectos dun xeito determinado.
Sinónimos: talladura. -
s
f
Operación que consiste en obter unha serie de caras para facer resaltar a beleza dun material ou mineral. O conxunto de caras cunha forma xeométrica determinada denomínase estilo de talla. Os máis coñecidos son o estilo de talla brillante, utilizado co diamante, o de talla esmeralda e a talla rosa.
-
s
f
[ARTE]
Obra escultórica, especialmente de madeira.
Confrontacións: escultura. -
media talla
[ARTE]
Escultura feita en baixo rrelevo.
-
talla doce
[ARTE]
Gravado calcográfico en que as incisións sobre a prancha de aceiro ou cobre deben ser trazadas mediante a utilización do buril, a augaforte ou a punta seca.
-
s
f
-
s
f
esmelgadoira.
-
s
f
[ECON/NUMIS]
Cantidade de moeda que debe ser producida por unidade de peso do metal cuñado.
-
s
f
[HIST]
Contribución que, na Idade Media, esixían os señores feudais aos servos e vasalos que estaban na súa xurisdición.
-
s
f
[MAR]
Bloque de ferro ou de madeira dun bocel, en cuxo interior se montan a polea ou poleas.
-
talla crítica
[FÍS]
Dimensións mínimas que debe ter a parte activa dun dispositivo nuclear (reactor ou bomba) para que cunha configuración dos seus elementos e cun combustible determinados, poida manterse a reacción de fisión en cadea. A cantidade de material fisible que hai nun dispositivo que ten a talla crítica denomínase masa crítica.