"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Lourenzo de Trives (A Pobra de Trives). En orixe tiña planta en forma de U á que se engadiu un corpo independente na fachada norte. Ten un patio interior cadrado con galería no piso alto. A parte máis antiga foi construída no s XVIII polo párroco Cristovo Vázquez de Caneda. O escudo alude aos Losada, Osorio, Vueltas, Feijoo e Quiñones.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada dentro do recinto fortificado do castelo da Concepción, á beira do río Miño en Goián (Tomiño). Edificouse en 1673 e acolleu unha pequena tropa destinada a controlar a fronteira galego-portuguesa. De planta cadrada, tiña baluartes defensivos, capela, polvoreira, casa do gobernador, cuarteis e pozos. Abandonado no s XIX, consérvanse restos do seu sistema defensivo. Foi declarado BIC en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo da costa atlántica de Canadá, situado na boca do río homónimo, que cobre unha superficie acuática de 155.000 km2. Separado do mar aberto pola illa de Terranova e as provincias atlánticas de Canadá, comunica co estreito de Belle Isle, ao N, co de Cabot, ao S, e co de Canso, entre Cabo Bretón e a península de Nova Escocia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequeno sistema montañoso con dirección O-LNL, que se estende polas parroquias da Veiga e San Lourenzo (A Veiga). A súa altitude oscila entre os 1.140 e os 1.094 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Xurxo de Asma (Chantada). O seu cumio acada os 520 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Arxentina, situada na rexión Centro (76.748 km2; 367.933 h [2001]). A súa capital é San Luis (168.771 h [2001]). Ao N atópanse as cordilleiras de San Luis, Las Quijadas e Comechingones, mentres que a metade S forma parte da Pampa seca. O clima é semiárido. Destaca a gandaría bovina e ovina. A minaría é o principal recurso económico, posúe xacementos de tungsteno, uranio, ouro, xofre, cobre e chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de San Luis Potosí, México, situada no fértil val de San Luis, en pleno altiplano meridional (670.532 h [2000]). É un importante centro mineiro e agropecuario. Do seu patrimonio cultural destacan o convento de San Francisco (s XVII), a catedral (s XVIII) e a capela do convento de Nuestra Señora de Aránzazu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do N de México (63.068 km2; 2.299.360 h [2000]). A súa capital é San Luis Potosí. Ocupa os altiplanos setentrional e meridional, lixeiramente inclinados cara ao L, onde se atopa a Sierra Madre Oriental. Os ríos son escasos e de pouca importancia, o máis caudaloso é o Pánuco. O clima é árido. Ten minas moi importantes de ouro, prata, cobre, chumbo e mercurio. Habitado por tribos chichimecas e huaxtecas, o territorio foi ocupado polos casteláns en 1519-1520. A colonización foi rápida, especialmente desde que en 1590 se descubriron unhas grandes minas de ouro e prata, que se esgotaron cara a mediados do s XVII, aínda que máis tarde foron descubertas novas vetas. En 1810 uniuse aos independentistas e en 1824 creouse o estado de San Luis Potosí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Emigrou a Arxentina e colaborou no Eco de Galicia, para o que escribiu artigos co pseudónimo un mozo bergantiñán. Alí escribiu os monólogos Para que me namorei? (1897) e No quinteiro, a comedia O xastre aproveitado (1898) e as revistas folclórico-musicais A romaxe de san Campio e Unha noite no muíño, estreada en 1959 en Santiago de Compostela. De volta a esta cidade escribiu O fidalgo e Rosiña, estreada a primeira no Teatro Principal en xaneiro de 1918 e a segunda en febreiro de 1921. En poesía escribiu A volta do bergantiñán (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde real e militar francesa instituída por Luís XIV en 1693 para recompensar os méritos militares. Suprimida en 1792, restableceuse en 1814 e desapareceu definitivamente en 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de San Mamede, situado entre os concellos de Vilar de Barrio, Montederramo e Maceda. O seu cumio acada os 1.618 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre as de Caldebarcos e Carnota, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pino baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO