"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

    1. Facer ou cortar un escote a unha peza de roupa.

    2. Cortar as pólas dunha planta ou árbore para favorecer o seu crecemento.

    3. Cortar a cana do millo por riba da espiga.

    4. Recoller o millo, arrancando as espigas e sen cortar a cana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao escroto.

    2. Aplícase ao aspecto da lingua nalgúns enfermos que padecen sífilis hereditaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode esgotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de esgotar ou esgotarse.

      1. Debilidade gradual dunha ou de diversas funcións, sen lesión, que se producen polo exceso de exercicio.

      2. Perda extrema das forzas.

    2. Estado de fatiga excesiva producida polo traballo corporal ou intelectual intensivo e prolongado. Caracterízase pola perda de dinamismo, astenia e, con frecuencia, confusión mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Consumir ou acabar algunha cousa de todo.

    2. Empregar un medio ou recurso ata o final.

    3. Acabar coas forzas de alguén.

    4. Consumirse ou gastarse completamente algunha cousa.

    5. Extenuarse ou cansarse ata perder as forzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Esmirna ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Esmirna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á célula que posúe un núcleo diferenciado que contén o material xenético e que está separado do citoplasma por unha membrana especializada.

    2. Aplícase ao organismo que posúe como unidade estrutural a célula eucariota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos fungos que perderon completamente as zoosporas e os gametos flaxelados, debido a que se adaptaron á vida fóra da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode explotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de explotar.

    2. Conxunto de instalacións e actividades aplicadas ao funcionamento dunha empresa agrícola ou, por extensión, industrial, ao longo de todo o proceso de produción e comercialización. Segundo o destino dos produtos obtidos, pode ser autárquica, se producen exclusivamente para consumo dos propietarios e dos traballadores dunha maneira directa, ou comercial, se se destina ao mercado e á obtención de beneficios. Segundo o vínculo dos traballadores á explotación e, concretamente ás terras, a explotación pode ser directa ou indirecta. Na directa, o traballador tamén é propietario das terras e, por tanto, da explotación. Cando o propietario e o traballo dunha explotación recaen en persoas diferentes, son indirectas, e nestes casos os traballadores vincúlanse ás terras en virtude duns determinados contratos, entre outros, arrendamentos e parcerías. Pode ter un carácter colectivo, en ocasións co Estado como propietario, como no caso do sovkhoz soviético,...

    3. Utilización de nenos para actividades laborais. A Organización Internacional do Traballo (OIT) adoptou en xuño de 1999 un convenio que prohibiu a escravitude infantil, a explotación sexual e o traballo perigoso, incluído o recrutamento forzoso de nenos para utilizalos en conflitos armados, aplicado aos menores de 18 anos. O convenio esixiu aos países membros a aplicación de medidas eficaces e de sancións penais para aqueles que o incumpriran. Segundo estimacións da OIT, só nos países en desenvolvemento traballan uns 250 millóns de nenos, dos que a metade están a xornada completa e o resto compaxina traballo e escolaridade. Os primeiros intentos de frear a explotación infantil proceden dos reformistas de principios do s XIX, que pretendían paliar os abusos aos nenos no traballo industrial, establecendo normas que limitasen a idade laboral e os horarios. A primeira lei relevante neste sentido ditouse en 1878; establecía a idade mínima para traballar aos 10 anos e limitaba a 12 horas a xornada...

    4. Análise do proceso no que a clase dominante se apropia, en cada etapa histórica, da diferenza que existe entre o valor dos bens no mercado e o valor medido polo traballo incorporado na súa produción. A existencia desta diferencia entre os valores mencionados é a base para a obtención dun excedente; a achega de K. Marx foi a demostración do feito de que este excedente non se distribúe entre a forza de traballo que a xera. No sistema capitalista recibe a denominación de plusvalía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen explota.

    2. Relativo ou pertencente á explotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar proveito dunha fonte de recursos naturais.

    2. Sacar o máximo proveito de algo, normalmente con abuso ou astucia.

    3. Facer traballar a alguén en proveito propio, especialmente de forma abusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao barrio de Fanar ou aos seus habitantes.

    2. Habitante de Fanar.

    3. Aplícase á aristocracia grega que habitaba o barrio de Fanar e que, grazas á súa habilidade comercial, tivo unha posición privilexiada dentro do Imperio Otomano, chegando a ocupar algúns dos seus membros cargos importantes nos distintos gobernos turcos, ata a Guerra de Independencia grega (1821). Trala caída do Imperio Otomano convertéronse na elite intelectual de Istambul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Licenciouse en Filosofía, Pedagoxía e Psicoloxía na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela. Realizou traballos de investigación en Perú, EE UU e en España, onde fixo traballos de campo no Bierzo, en Monfero e na vila de Betanzos. Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña, entre as súas monografías compre subliñar: Jerarquía, espazo y sociedad en tierras de Monfero (1982), Antropología de un viejo paisaje gallego (1984), Espacio y vida en la ciudad gallega (1992). En colaboración con Maria del Pilar Irimia publicou Betanzos frente a su historia: ciudad y patrimonio (2000). Dirixiu diversos proxectos de investigación entre os que destacan Mundo rural e mundo urbano en las villas gallegas e Dinámicas cidadás en Ferrolterra. Membro da Comisión de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega e da sección de etnografía do Instituto Padre Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á filotaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral macedonio, fillo de Parmenión. Compañeiro de Alexandre o Grande, opúxose á súa política de orientalización e tramou unha conxura contra el. Foi descuberto e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio da disposición das follas nos talos. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • taxonomía vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO