"ABI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 731.

  • Propiedade de calculable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e libretista. Compuxo os libretos de diversas óperas que, musicadas por Gluck, reportaron unha gran renovación do xénero melodramático, como é o caso de Orfeo ed Erudice (Orfeo e Eurídice, 1762), Alceste (Alceste, 1767) e Paride ed Elena (Paris e Helena, 1770).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista alemán. En 1758 foi Konzertmeister en Mannheim e director da orquestra desta cidade (1774) e da orquestra da corte de Múnic (1777). Compuxo numerosas pezas para música de cámara, sinfonías, concertos, ballets e óperas. Introduciu o clarinete como instrumento obrigatorio na orquestra e promoveu a instrumentación variada e a independencia dos diversos tipos de instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio activo do cánabo indio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das cannabáceas ao que pertence o cánabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado producido polo feito de fumar ou inxerir resinas contidas en flores e follas do cánabo, chamadas comunmente haxix ou marihuana, que teñen como un dos principios activos máis importantes o delta-9-tetrahidrocannabinol. Segundo a dose e o estado psíquico do suxeito pódense dar situacións de euforia, alucinacións pracenteiras a miúdo eróticas, sensación da prolongación do tempo, percepción de embriaguez e tamén estados de confusión e ansiedade e, mesmo, delirios e exacerbacións de enfermidades mentais preexistentes como a esquizofrenia. Pódese alterar a coordinación psicomotriz e verse afectada a condución de vehículos e o manexo de máquinas; a memoria diminúe e a aprendizaxe retárdase. Ademais, hai posibilidade de alteracións vexetativas como hipotensión, hipotermia, bradicardia e depresión respiratoria. A intoxicación crónica pode asociarse a cambios de conduta e ocasionar situacións extremas de falta de motivación e apatía. Pode crear dependencia física e, en mulleres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte cantada dunha composición na que se resalta a melodía, oposta ao recitado. OBS: Aínda que a palabra carece de acento gráfico por tratarse dun estranxeirismo, debe ter unha pronuncia esdrúxula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade especial para percibir ideas, sensacións, etc.

    2. Tendencia a atribuírse e a conservar para un mesmo os bens e o afecto das persoas que o rodean.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos carábidos.

    2. Insecto da familia dos carábidos.

    3. Familia de coleópteros, adéfagos, integrada por máis de 20.000 especies. En xeral son de cores marróns ou negras, con reflexos metálicos. Son característicos das zonas temperadas. Viven no chan e tanto larvas como adultos son carnívoras que cazan principalmente caracois, eirugas e miñocas. Os adultos son bos corredores, de actividade principalmente nocturna, que apenas se desprazan mediante o voo. Nalgunhas especies están ausentes as ás membranosas e noutras os élitros preséntanse fusionados. O xénero máis representativo é o Carabus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fusil curto e lixeiro, xeralmente co canón estriado. O seu uso foi xeneralizado no s XIX por parte das tropas auxiliares de cabalería e artillería.

    2. Fusil de repetición, lixeiro, xeralmente do calibre vintedous, utilizado como arma de caza maior e en probas deportivas de tiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tiro ou sucesión de tiros realizados cunha carabina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado cunha carabina.

    2. Garda destinado á represión do contrabando e á vixilancia das costas, fronteiras e aduanas. O corpo de carabineiros de costas e fronteiras creouse en 1829 e ampliouse pronto cos membros do chamado resgardo civil, destinados a aduanas. Reorganizouse nos anos 1837 e 1842 co nome de corpo de carabineiros reais. Pola súa duplicidade de funcións coa Garda Civil e pola súa actuación durante a Guerra Civil (1936-1939), suprimiuse como corpo en 1940 e pasou a constituír unha sección da Garda Civil.

    3. Garda da organización militar destinada á protección da seguridade pública. Creouna en Italia Víctor Manuel I en 1814, e está formada por tropas de infantería e de cabalería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1364-1380), primoxénito e sucesor de Xoán II o Bo, en 1349 foi nomeado primeiro delfín de Francia. Asumiu o goberno despois de que os ingleses fixeran prisioneiro a Xoán II en Poitiers (1356). Superou con habilidade a situación e acadou un control da administración propugnado desde 1356 polos estados xerais da lingua d’oïl. Dominou a insurrección comunal de París dirixida por Étienne Marcel e a revolta campesiña da Jacquerie (1358). Preparou, en Brétigny, a conclusión do Tratado de Calais (1360), que permitiu o retorno de Xoán II. En 1364 derrotou a Carlos III de Navarra e enviou as compañías do vencido a Castela para soster a causa de Enrique de Trastámara. Recomezou en 1369 a guerra contra Inglaterra. Recoñeceu, en contra do Papa Urbano VI, a Clemente VII en 1378. Iniciou a construción da fortaleza da Bastilla e reconstruíu o palacio do Louvre, onde fundou unha importante biblioteca real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado na praza de Praterías, en Santiago de Compostela.   Construída por Clemente Fernández Sarela en 1758, trátase dunha fachada-pano de pouco máis de 3 m de fondo que pecha a praza; divídese en tres pisos cunha decoración baseada en pilastras planas e placas con cornixa crebada, que remata nunha balaustrada con pináculos e cun corpo central moi decorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico pediatra e político, irmán de Carlos Casares Mouriño. Parlamentario na V lexislatura (1997) no grupo socialista do Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, na Campania, Italia, situada no SL do golfo de Nápoles, ao pé do monte Sant Angelo (66.345 h [1997]). A súa economía baséase na industria estaleira e no sector turístico. Próxima á antiga Stabiae, destruída pola erupción do Vesubio no ano 79 d C, formouse ao redor dun castelo erixido por Federico II no s XIII e ampliado por Carlos de Anjou. Nela tivo lugar en 1284 a batalla naval de Castellammare na que foi derrotado Carlos de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.084.000 h [1996]). Sitúase nos contrafortes orientais dos Urais, en contacto coa chaira de Siberia occidental, na beira do río Iset’. Trátase dun importante núcleo industrial que se beneficia da explotación das minas de hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (87.900 km2; 3.679.200 h [1999]). A súa capital é Čel’abinsk.

    VER O DETALLE DO TERMO