"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mesquita do Cairo, o seu nome significa ‘a brillante’. Foi fundada polo xeneral fatimita Gawhar (969) inicialmente foi un centro de propaganda ismaelita e máis tarde de irradiación do Islam en xeral. En 1961 ampliáronse as súas actividades e converteuse nunha moderna universidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleótido análogo á timidina que se emprega como fármaco antirretroviral. Aplícase no tratamento da sida dende 1987 e é coñecido pola sigla AZT.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espora que, nas algas verdes da orde das zignemais, se formou sen conxugación previa, xeralmente porque esta non chega a termo.
-
PERSOEIRO
Político nixeriano de orixe iba. Formouse nas universidades norteamericanas de Lincoln e Pensilvania, e desempeñou altos cargos administrativos na época colonial. Proclamada a Independencia (1960), foi gobernador xeral da federación ata 1963, ano no que se proclamou a República, da que foi nomeado Presidente. Tralo Golpe de Estado de 1966, foi asesor do estado secesionista ibo de Biafra. Rector da Universidade de Lagos de 1972 a 1975, en 1979 foi candidato sen éxito nas eleccións presidenciais nixerianas polo Partido Popular de Nixeria, declarado ilegal en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (10.050 km2; 416.000 h [estim 1991]). A súa capital é Azilal (24.490 h [1982]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao período Azilense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período do Mesolítico que toma o seu nome do depósito arqueolóxico de Mas d’Azil (Francia). Ten o seu centro xeográfico nos Pireneos Atlánticos e espállase polo litoral cantábrico e polo sur de Francia, alcanzando os Alpes Occidentais. Deriva claramente do Madalenense ao que se superpón sen solución de continuidade. En Francia a transición prodúcese durante a oscilación de Alleröd, aínda que a cronoloxía varía nas rexións periféricas. Na industria lítica obsérvase unha tendencia xeral á redución de tamaño dos tipos e unha acentuada decadencia do instrumental óseo e da arte, tanto moble como rupestre. Non obstante, o seu fósil director é un arpón aplanado en óso, xeralmente cunha única ringleira de dentes e cunha perforación na base da peza en forma de ollal. Existen, aínda que sexan pouco frecuentes, azagaias e algúns obxectos de adorno, sobre todo, colgantes naturais fabricados con dentes ou cunchas. Outro elemento característico son os seixos con pintura máis ou menos abstracta,...
-
-
-
Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.
-
acimut astronómico
Arco do horizonte que vai desde o punto cardinal N, para o observador situado no hemisferio sur, ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 180°. Recibe o nome de oriental, se o astro está situado no L do meridiano do observador, e occidental, se está situado no O deste meridiano.
-
acimut náutico
Arco do horizonte, computado desde o N e cara ao L ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 360°.
-
acimut náutico por cuadrantes
Arco do horizonte computado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 90°. O punto de orixe e a dirección indícanse coas letras representativas de cada un dos puntos cardinais.
-
-
No rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, ángulo que forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.
-
Fixados unha antena determinada e un punto calquera, ángulo formado entre a dirección desde este punto ata a antena e a dirección do meridiano.
-
Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa; esta dirección é a determinada polo radio do círculo graduado do goniómetro, que pasa pola orixe deste círculo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en Pontevedra a comezos dos anos oitenta do s XX, de tendencia anarcosindicalista (CNT-AIT). Subtitulábase “Portavoz de la Federación Local de Pontevedra”.
-
-
Calquera dos compostos aromáticos heterocíclicos constituídos por un anel benzénico no que un dos átomos de carbono se substitúe por un de nitróxeno e outro, como mínimo, por un de nitróxeno, osíxeno ou xofre.
-
Denominación xenérica dos compostos producidos cando reaccionan dúas moléculas de aldehído ou de cetona cunha de hidrazina; prodúcense, respectivamente, as aldazinas e as cetazinas de fórmula xeral RR’C = N-N =CRR’, na que R’ pode ser igual a R ou H.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado o 25 de outubro de 1415, entre Enrique V de Inglaterra e o exército francés dirixido por Carlos D’Albert, condestable de Francia, en Azincourt (Artois, Francia) durante a Guerra dos Cen Anos. A vitoria foi para os ingleses e veu seguida da ocupación do N de Francia e da capitulación de Carlos VI ante o Rei inglés (Tratado de Troyes, 1420).
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Gipuzkoa, Euskadi, drenado polo Urola (10.240 h [1996]). A actividade agraria do municipio céntrase nas producións da gandería bovina, e dos cultivos de cereais e froita. Posúe industria metalúrxica, siderurxia e serradoiros. Un dos seus principais atractivos turísticos é o seu balneario. Los Caballeritos de Azkoitia foi un grupo de ilustrados vascos, precedente da Sociedad Vascongada de Amigos del País.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, filólogo e compositor. Das súas obras cabe destacar: Morfología vasca, Euskalerriaren Yakintza (Literatura popular do País Vasco) e Dicionario vasco-francés-español. Editou un Cancionero popular vasco. Escribiu tamén óperas e zarzuelas. É un dos vangardistas do renacemento cultural vasco do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar (3.387 h [1996]). A súa estrutura económica baséase nas actividades agrarias, destacando as producións de cereais, vide, oliveiras e produtos da horta.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado entre os ríos Crispinejo e Guadiamar, ao NO de Sevilla (5.812 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (cereais e oliveiras), na gandería e na minería (piritas). O 25 de abril de 1998 a rotura dun dos diques de contención dos lodos producidos pola actividade nas minas provocou un verquido de alta toxicidade ao Guadimar que afectou ao Parque Nacional de Doñana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e membro do corpo de Inspectores de Finanzas do Estado. Deputado no Congreso pola circunscrición de Ávila (1982-1987), formou parte da executiva autonómica de Alianza Popular (AP) en Castela e León, da que foi Presidente (1986-1989). Vencedor nas eleccións de 1987, foi presidente da Junta de Castilla y León (1987-1989). En 1989, tralo congreso de refundación do Partido Popular (PP), demitiu como presidente autonómico para asumir a vicepresidencia nacional do PP (1989-1990). Candidato á presidencia do Goberno en 1989, é presidente nacional do PP dende 1990. Deputado por Madrid dende 1989, logo do triunfo electoral do seu partido en marzo de 1996 logrou ser investido presidente do Goberno español o 4 de maio de 1996, grazas ao apoio dos nacionalistas cataláns (CiU), vascos (PNV) e canarios (CC). Nas eleccións xerais do 12 de marzo do 2000 conseguíu a maioría absoluta para o PP por primeira vez na historia da democracia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Sendo ben novo dirixiu o diario liberal El Sol e colaborou con Euzkadi. Foi un dos xornalistas máis prestixiosos da súa época. Ao estalar a Guerra Civil de 1936-1939 pasou á zona da Junta de Burgos e publicou a extensa obra Historia militar de la Guerra de España (1940). Foi nomeado director de La Vanguardia Española de Barcelona (1940 e 1960), e fundou en Madrid o semanario ilustrado Semana (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante da armada. Xefe da escuadra de Marrocos en 1921, foi ministro de Mariña no goberno de Manuel García Prieto, marqués de Alhucemas (1922-1923). Colaborador do xeneral Miguel Primo de Rivera y Orbaneja durante a Ditadura, o Rei Afonso XIII nomeouno Presidente do Goberno trala demisión de Berenguer en xaneiro de 1930, coa encomenda de avanzar na restauración da orde constitucional. Con esa intención convocou as eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Os resultados destes comicios provocaron a fuxida do Rei, a proclamación da Segunda República Española o 14 de abril, e o establecemento dun goberno provisional presidido por Niceto Alcalá-Zamora y Torres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1924) Cantante, compositor e actor de cine, de orixe armenia, coñecido como Charles Aznavour. No ano 1941 comezou a carreira de compositor. As súas cancións foron interpretadas por Edith Piaf e Juliette Gréco. Entre elas destacan: “Je haïs les dimanches”, “Jézabel”, “Sur ma vie”, “Parce que”, “Venecia sin ti” e “Et Pourtant”. Debutou como autor, compositor e intérprete no ano 1955. Actuou en varias películas como Taxi pour Tobrouk (Taxi para Tobrouk, 1960), Tempo di Roma (O tempo de Roma, 1962), etc.
-
-
Forza ou viveza do espírito necesaria para executar accións. OBS: Utilízase xeralmente en plural.
-
Vontade ou desexo de facer algunha cousa.
-