"BAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1242.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán en lingua latina. É o autor de Lyricorum libri IV, Epodon liber unus (1643), das Silvae I -VII (1643), Silvae VIII-IX (1646), compilación de poemas líricos ao xeito de Horacio, e do drama Jephthes (1654).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Transportar líquidos en baldes. SIN: transfegar, transvasar.
-
Extraer líquidos cun balde. SIN: baldeirar, baleirar.
-
Regar unha superficie con baldes de auga para limpala, especialmente a cuberta dos barcos. SIN: lavar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
baleirar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
baleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das alismatáceas ao que pertencen algunhas chantaxes acuáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de baldear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus da mitoloxía xermánica, fillo de Odin e de Frigge, casado con Nanna. Era o deus da beleza e da bondade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘alcalde -sa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘alcaldía’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Balde grande e amplo con asas a cadanseu lado.
-
PERSOEIRO
Humanista italiano. Foi abade de Guastalla e, posteriormente, embaixador do duque de Urbino en Venecia. Matemático, filólogo, biógrafo e tradutor de textos clásicos, destacou sobre todo polas súas obras poéticas: Nautica (1585) e Egloghe (1590).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu filmes eróticos cun certo sadismo, algúns westerns, thrillers e películas de aventuras que o definen como moi heteroxéneo. Entre as súas obras cinematográficas destacan, Il prezzo dell’onore (O prezo da honra, 1952), La spada del Cid (A espada do Cid, 1963), Follie d’Europa (As aventuras de Europa, 1964), Preparati la bara (Preparade o féretro, 1968), L’inquilina del piano di Sopra (A inquilina do piano de Sopra, 1977) e The treasure of the four crows (O tesouro dos caro corvos, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto. Estando ao servizo de Cosimo III de Médici, ilustrou un libro de viaxes no que se atopan algunhas vistas de Barcelona. Da súa estadía en Galicia tamén deixou interesantes debuxos de cidades como Tui ou Pontevedra (1669).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Romanista, profesor de Filoloxía Románica na Universidade de Humboldt de Berlín (1947) e na de Heidelberg (1959). Vicepresidente da Société de Linguistique Romane (1968) e director da Zeitschrift für romanische Philologie, cultivou a Lingüística e a Filoloxía románicas, especialmente a Etimoloxía e a Semántica. Foi o autor no 1963 do volume La formación de los dominios lingüísticos en la Península Ibérica. En español publicou a súa Teoría semántica. Hacia una semántica moderna (1970 e 1976). Nesta obra dá os primeiros pasos para elaborar un modelo teórico de signo lingüístico que prevexa a súa pluralidade semántica sen que isto comprometa a súa unidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Restaurador e historiador da arte. En 1978 abriu en Florencia unha Scuola de Restauro (Escola de Restauración). Preparou novas técnicas e elaborou propostas metodolóxicas que recolleu en diferentes publicacións como Teoria del restauro e unitá di metodologia (Teoría da restauración e unidade da metodoloxía, 1978-1981). Como historiador da arte é o autor de monografías sobre artistas do Renacemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Literato e historiador da arte. Coleccionista de debuxos, manuscritos e documentos. Foi conselleiro artístico de Cosme II de Médici, reorganizou as coleccións de debuxos da familia Médici e realizou un catálogo (1673). É autor de Notizie dei professori del disegno da Cimabue in qua (Noticias dos profesores de debuxo desde Cimabue ata nós, 1681-1728), historia da arte europea, ordenada por décadas; Comezos e progresos na arte de gravar o cobre (1686), historia do gravado; Vocabulario toscano da arte do debuxo (1681).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao terreo que se deixa sen cultivar por mor da súa pobreza ou esterilidade. SIN: ermo.
-
Durante a Idade Media eran as terras que non foran repartidas trala súa conquista aos musulmáns. Polo usufruto destas terras non se cobraba ningún tipo de canon ou renda. Pertencían á Coroa de Castela, que permitía aos veciños o seu aproveitamento en mancomún. Trala desamortización de 1855 moitas delas foron vendidas.
-
Que carece de utilidade ou resulta ineficaz para aquel obxectivo para o que se prevía. SIN: improdutivo, infrutuoso, inútil, van.
-
-
PERSOEIRO
Xurista, discípulo de Bartolo da Sassoferrato e de Federico Petruci. Membro destacado da escola dos glosadores, ensinou en Perugia, Bologna, Pisa, Padua e Pavía. Ocupou cargos públicos importantes e foi asesor do Papa. Entre as súas obras, impresas no s XV, destacan os comentarios do Corpus iuris civilis, do Liber Feudorum e dos primeiros libros das Decretais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proferir insultos contra alguén que está presente. SIN: insultar, ofender.
-