baldío -a

baldío -a

(< ár bal’l ‘terra seca’ oubattil ‘inútil, sen valor’)

  1. adx [AGR]

    Aplícase ao terreo que se deixa sen cultivar por mor da súa pobreza ou esterilidade. SIN: ermo.

    Ex: É unha mágoa ver como ese terreo queda baldío.

  2. adx [HIST/ADM/ECON]

    Durante a Idade Media eran as terras que non foran repartidas trala súa conquista aos musulmáns. Polo usufruto destas terras non se cobraba ningún tipo de canon ou renda. Pertencían á Coroa de Castela, que permitía aos veciños o seu aproveitamento en mancomún. Trala desamortización de 1855 moitas delas foron vendidas.

  3. adx

    Que carece de utilidade ou resulta ineficaz para aquel obxectivo para o que se prevía. SIN: improdutivo, infrutuoso, inútil, van.

    Ex: Os intentos de chegar a un acordo foron baldíos.