Baldinger, Kurt
Baldinger, Kurt
Romanista, profesor de Filoloxía Románica na Universidade de Humboldt de Berlín (1947) e na de Heidelberg (1959). Vicepresidente da Société de Linguistique Romane (1968) e director da Zeitschrift für romanische Philologie, cultivou a Lingüística e a Filoloxía románicas, especialmente a Etimoloxía e a Semántica. Foi o autor no 1963 do volume La formación de los dominios lingüísticos en la Península Ibérica. En español publicou a súa Teoría semántica. Hacia una semántica moderna (1970 e 1976). Nesta obra dá os primeiros pasos para elaborar un modelo teórico de signo lingüístico que prevexa a súa pluralidade semántica sen que isto comprometa a súa unidade.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Binningen, Basilea -
Falecemento
Lugar : Heidelberg