"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Bielorrusia (32.300 km2; 1.508.000 h [estim 1997]). A capital é Brest.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía da costa occidental da Bretaña, Francia, dunha extensión do redor de 150 km2. Comunica co Océano Atlántico polo canal Goulet de Brest, de 2 km de largo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome obsoleto de Brest.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Brest (na actual Bielorrusia) o 3 de marzo 1918, polo que o goberno bolxevique de Rusia, en cumprimento dunha das demandas populares que propiciou a súa chegada ao poder, acordou, á marxe dos seus aliados, poñer fin á guerra que mantiña con Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (Primeira Guerra Mundial). Os rusos renunciaban aos territorios de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia occidental e ás súas posesións no Caúcaso, admitindo a independencia de Ucraína e Finlandia, e comprometéndose ao pago de indemnizacións. O tratado foi anulado en novembro de 1918 trala rendición alemana.
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia, que comprende os departamentos de Côtes d’Armor, Finistère, Ille-et-Vilaine e Morbihan (27.208 km2; 2.795.638 h [1990]). A capital é Rennes.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
País de Europa occidental que se atopa entre a canal da Mancha e o mar Cantábrico, dende o golfo de Cotentin ao S da desembocadura do Loire, e que ocupa a península armoricana ao NO de Francia (34.023 km2; 3.936.300 h [1990]). Administrativamente Bretaña está dividida en cinco departamentos franceses: Aodoù-an Hanternoz (Côtes d’Armor), Il-ha-Gwilun (Ille-et-Vilaine), Liger Atlantel (Loire-Atlantique), Morbihan (Morbihan) e Penn-ar-Bed (Finistère).
XeografíaXeografía física
VER O DETALLE DO TERMO
Xeoloxicamente forma parte do macizo Armoricano e comprende dúas áreas ben diferenciadas: l’Argoat (interior) e l’Armor (costa). O interior é unha área de relevo suave, con cadeas de outeiros, restos de antigas penechairas, que se elevan ata as montañas de Arre e se prolongan cara ao L (landas de Menez). Na costa, que suma 1.350 km, concéntranse as principais actividades económicas e humanas da Bretaña. A costa norte está demarcada por fortes acantilados. Ao S de Brest... -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome polo que se coñecen un conxunto de narracións aparecidas en francés a partir da segunda metade do s XII, primeiro en verso e logo en prosa, que están ambientadas na corte do Rei Artur. Jean Bodel d’Arras difundiu esta denominación (entendendo por Bretaña tanto a continental como a insular) para distinguir este conxunto de obras das adaptacións vulgares de temas clásicos e das cancións de xesta. Nun sentido amplo, pódense aplicar as denominacións de ciclo artúrico ou literatura artúrica, aínda que non sexan estritamente equivalentes, pois, como demostran por exemplo as historias sobre Tristán e Iseo, moitos dos personaxes e motivos que configuran o universo artúrico lle eran orixinariamente alleos. Non é de estrañar, xa que logo, que durante a Idade Media estas narracións se denominasen a miúdo “de ambiente bretón”, pois o que as caracterizaba non era tanto a presenza dun personaxe concreto, como o contexto en que se desenvolvían. A materia de Bretaña xorde das tradicións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Armazón construída con varas flexibles para cazar paxaros vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condensación na atmosfera do vapor de auga do aire en contacto coa superficie terrestre. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ano de brétemas, ano de medas. Brétema húmida adoita traer chuvia. Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite. Brétemas no alto, chuvias no baixo”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Santiago de Compostela. Relaciónase con este caste o apelido Brétena. As súas armas levan brétema en todo o escudo.
-
-
Aplicado a un tempo ou lugar nos que hai moita brétema.
-
Que est;a escurecido pola brétema.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brétema.
-
-
Nas representacións heráldicas, dise da peza ameada polos seus perfís e coas ameas de cada perfil opostas simetricamente unha á outra.
-
Dise da cruz que leva ameas nos seus bordos.
-
Aplícase a unha faixa, banda ou barra dentada.
-
Dise de calquera peza ameada nas representacións heráldicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nas representación heráldicas, fileiras de ameas sobre unha faixa ou sobre os dous lados do escudo.
-
PERSOEIRO
Director de montaxe e realizador cinematográfico norteamericano. Filmou máis de cen películas, oito delas rodadas en 1943. Traballou cos actores William Boyd e Buck Jones. Entre as súas numerosas producións destacan: While London sleeps (Mentres Londres dorme, 1926), Heart of the West (Corazón do oeste, 1936), Riders of the Rio Grande (Os xinetes de Río Grande, 1943), The Story of Life (A historia da vida, 1948) e Night Raiders (Os invasores da noite, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 8 de maio de 1360 na aldea de Brétigny (no actual departamento de Eure-et-Loir) entre Francia e Inglaterra, que puxo fin á primeira parte da Guerra dos Cen Anos. Esta contenda ocasionou numerosas perdas económicas e territoriais para Francia na zona sudoccidental do país, ademais da renuncia de Eduardo III ás súas pretensións sobre a coroa de Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de tres duques de Bohemia da dinastía Prěmyslita. Břetislav I (1037-1055) invadiu parte de Polonia e estableceu o dereito sucesorio segundo o dereito de primoxenitura.
-
-
Relativo a Bretaña, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Bretaña.
-
Individuo dun pobo de orixe celta que, de mediados do s V a finais do s VI, emigrou de Gran Bretaña a Armórica, rexión denominada posteriormente Bretaña. A área do grupo coincide coas fronteiras políticas, que datan do s IX, pero non coas lingüísticas, máis reducidas. As actividades económicas tradicionais eran a agricultura, a pesca, o comercio marítimo e a industria téxtil. A poboación rural estaba espallada en pequenas explotacións. O seu folclore é moi rico e aínda segue vivo.
-
Lingua indoeuropea do grupo céltico da rama britónica, coñecida como brezhoneg en bretón. Pertence á familia britónica, xunto co córnico e co galés. Fálase na Baixa Bretaña, zona que ocupa o conxunto do departamento de Finistère e a parte occidental das Côtes d’Armor e de Morbihan. Era a lingua dos Britanni, que se asentaron na península armoricana despois de fuxir dos anglos e dos saxóns trala conquista das Illas Británicas. A partir do s XVI o Ducado de Bretaña anexionouse ao Reino de Francia, de tal xeito que se produciu un proceso de afrancesamento que se intensificou trala Revolución Francesa. A principios do s XX produciuse unha efervescencia cultural tanto coa produción de obras literarias coma co desenvolvemento e auxe de traducións ao bretón de clásicos universais. Malia que durante o s XX houbo un incremento de literatura en bretón, estase a producir un descenso no número de falantes. En canto á historia da lingua, cómpre dicir que antes do s XI se falaba o vello...
-
Arte desenvolvida polo pobo bretón. É esencialmente popular e relixiosa. Moitos dos monumentos antigos conmemoran as lendas populares e recordan os primeiros santos. As igrexas e os calvarios foron a miúdo construídos polo pobo. Cómpre destacar as igrexas e os anexos de Pleyben, Roscoff, Saint-Thégonnec, renacentistas, e de Saint-Gildas de Rhuis, románica. Os castelos non son moi grandiosos, pero amosan a habilidade técnica dos seus construtores, como se pode apreciar no castelo de Kerjen, Suscinio, etc. Algúns destes castelos foron prazas fortes; entre eles destacan o de Tonkedeg, Suscinio e Foujera. Os monumentos bretóns máis típicos consérvanse na Baixa Bretaña, xa que foi esta rexión a que recibiu menores achegas estranxeiras e a que conservou máis as tradicións. Os motivos decorativos da moblaxe, a ourivería, o vestido, etc, son numerosos e primitivos: o sol, as follas, as etapas da vida. Distínguense pola escaseza das superficies núas. As liñas curvas son só utilizadas na decoración,...
-
Nome co que tamén se coñece a materia de Bretaña.
-
As primeiras mostras literarias en lingua bretoa datan dos ss XV e XVI e son obras de piedade, misterios e, sobre todo, o Catholicon, dicionario bretón-francés-latino. Os misterios -vidas de santos- en verso, ofrecen rimas internas características da métrica bretona. Ata o s XIX apareceron unicamente obras de Lingüística, pero dende aquela iniciouse o renacemento literario, do que Ar Gonideg (1775-1838) foi o principal promotor. Entre outras obras destaca o Barzhaz-Breizh, colección de baladas históricas e de cantos populares, de T. Hersart ag Kervarker (1815-1895). A verdadeira renovación produciuse ao comezo do s XX, ligada aos movementos políticos que buscaron o recoñecemento da nación bretona. Así, os lexicógrafos Fañch Valle (1860-1949) e Emil Ernod (1851-1939) publicaron dicionarios, mentres que Meven Mordiern (1879-1949) publicou Istor ar bed (Historia do mundo) e Notennoú diwar benn ar Gelted Kozh (Notas sobre os antigos celtas). Comezou así un...
-
Arte musical desenvolvida no país bretón. A música tradicional bretoa posúe diversas e variadas formas musicais. Destacan os distintos tipos de baile: a gavotte, que se baila por parellas e que ten un ritmo moi parecido ao da muiñeira galega; a sabotière, que toma o nome dos sabots, tipo de calzóns que utilizan os danzantes no baile; a ridè, composta por grupos mixtos de bailadores que forman círculos; a derobèe, que forman oito parellas desenvolvendo seis figuras, precedidas cada unha delas por un desfile de dezaseis tempos, e o rond, baile no que homes e mulleres danzan collidos das mans e formando un círculo. Todos estes bailes son interpretados polo dúo tradicional bretón que se compón do biniou, ou gaita bretona, e a bombarde, unha especie de dulzaina. Adoitan ser ritmos rápidos cunha melodía bastante repetitiva. Polig Montjarret, estudoso do folclore bretón, pensou na posibilidade de unir máis cantidade de biniou e bombardas para crear unha banda, e así foi como naceron os...
-
-
Raza de cabalos do tipo irlandés (concavilíneos e brevilíneos), que ten dúas variantes: o cabalo de tiro pesado, que está moi estendido, e o de tiro lixeiro.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Nas súas obras reflectiu os tipos e a linguaxe da pequena burguesía madrileña. Foi excelente sobre todo nas comedias costumistas de tradición moratiniana. Entre outras obras publicou: Elena (1835), Muérete y verás (1837) e Marcela o cuál de las tres? (1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Realizou estudios musicais en Madrid da man de Emilio Arrieta e, posteriormente, dirixiu a Ópera del Teatro Real e a Ópera de la Unión Artística Musical, e foi director do Conservatorio de Madrid. A súa produción comprende óperas (La Dolores, Guzmán el Bueno), gran número de zarzuelas (La verbena de la Paloma, La bien plantá, El clavel rojo), un oratorio e diversas obras de música sinfónica, de cámara e vocal.
VER O DETALLE DO TERMO