"COU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 304.

  • Fundación sen ánimo de lucro constituída en Vigo en 1987. Presidida por Xaime Isla Couto, os seus fins son a colaboración coa Fundación Penzol na dotación dunha biblioteca interdisciplinar de ciencias humanas e sociais, a creación dun Instituto Galego de Estudios Comunitarios, e prestar axuda nas tarefas de inculcación dos valores cristiáns na sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, economista e editor. Foi doutor e catedrático emérito en Dereito e Economía da Empresa, profesor no Colexio Universitario de Vigo e na Universidade de Santiago de Compostela. Nos seus tempos de estudante integrouse na Asemblea das Irmandades da Fala da Coruña e participou na creación do Grupo Autonomista de Vigo. En 1934 foi un dos fundadores da Federación de Mocedades Galeguistas (FMG) e formou parte do Seminario de Estudos Galegos. Foi secretario técnico do Partido Galeguista (PG) na clandestinidade. Liderou a Unión Democrática de Galicia (1975) que en 1976 foi unha das creadoras do Partido Popular Galego (PPG), do que foi presidente. Pertenceu a Acción Católica e foi un dos fundadores da Editorial Galaxia, da que é o seu presidente, da revista Grial e da editorial SEPT. Dirixiu a Revista de Economía de Galicia e a Revista Galega de Estudios Agrarios. Membro do padroado da Fundación Penzol, presidiu o Instituto Galego de Estudios Económicos e foi fundador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso e idade do Namuriano B de Inglaterra, situado sobre o Alportiano e baixo o Marsediano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Kinderscoutiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia e concello de Vilardevós. O seu cumio acada os 886 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Ingresou no convento dominicano de San Xosé de Padrón (1889) e estudiou filosofía no convento de Coria (1890-1892) e teoloxía no convento de San Esteban en Salamanca (1892-1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Catasós (Lalín). O seu cumio acada os 712 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá, que desemboca no estuario do San Lourenzo, preto de Baie-Comeau, tras un percorrido de 480 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis Casimir Ladislas Markus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Nicea, filla do Emperador Pedro I de Constantinopla e de Violante de Hainaut, marquesa de Namur. Casou co Emperador Teodoro I Láscaris de Nicea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor e responsable de servicios informativos de TVE en Galicia, e director de informativos da TVG. Traballou en Faro de Vigo e O Correo Galego e foi redactor-delegado da revista Chan en Madrid e correspondente de La Vanguardia e da revista Economía. Ademais, exerceu como xefe de prensa da Universidade de Santiago de Compostela, redactor xefe da Axencia Galega de Noticias (AGN) e director de Atlántico Diario. Das súas obras destaca Las Celulosas (1976). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Universitario, o Premio Ciudad de Vigo e o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maria Amelia Mercouris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Melina Mercouri, reflectiu a súa forte personalidade nos filmes Stella (1955), Poti tin Kyriaki (Nunca en domingo, 1960; premio á mellor actriz do festival de Cannes), Topkapi (1964), 10:30 P.M. Summer (1966) e A Dream of Passion (1978). Foi deputada polo Partido Socialista grego e ministra de Cultura (1981-1989, 1993-1994). Loitou por recuperar as pezas artísticas gregas subtraídas por outros países e foi contraria ao réxime dos coroneis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo francés. Foi precursor da teoría da causalidade de Hume e, contrario ao aristotelismo, admitiu só como verdadeiras as proposicións que resultan da experiencia inmediata e aquelas que puidesen remontarse ao principio de contradición. Foi condenado pola Igrexa por algunhas das súas doutrinas e tivo que retractarse. Escribiu Exigit ordo executionis (Tratactus universalis magistri Nicholai de Ultricuria ad videndum an sermones Peripateticorum fuerint demonstrati) (1340).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orbán (Vilamarín). Ten planta irregular con patio exterior. Conserva a capela pegada ao edificio principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao oscoumbro.

    2. Grupo lingüístico itálico que comprende a lingua dos antigos umbros e a lingua osca dos samnitas, ademais doutros dialectos como o sabino, o volsco e o marso. Durante os séculos da idade republicana, os dialectos oscoumbros foron substituídos polo latín. O grupo oscoumbro caracterízase polos seguintes trazos: foneticamente, tende a restrinxir a pronuncia de ē e de ō tónicas, dá tratamento labial ás labiovelares (osco pis, umbro pisi, volsco pis, latín quis), etc; morfoloxicamente, rexistra o futuro en s (umbro fere-s-t), a desinencia -ns (osco deicans/latín dicant), etc. No léxico, recóllense algunhas palabras que non teñen concordancia co latín, senón co grego, co xermánico e coas linguas baltoeslavas. Polo que respecta á escritura, o alfabeto oscoumbro deriva do alfabeto etrusco. En osco consérvanse unhas cen inscricións, que datan dos ss III ao I a C; as máis recentes remóntanse á época da destrución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Abeleda (Xunqueira de Ambía). O seu cumio acada os 803 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Castelo (Taboada). O seu cumio acada os 506 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Paradela e Placín (Manzaneda). O seu cumio acada os 870 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Burgo (Lugo). O seu cumio acada os 521 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO