"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
-
Ave acuática do xénero Cygnus, pertencente á familia dos anátidos, de gran tamaño e plumaxe xeralmente branca, de cabeza pequena, pescozo moi longo e flexible, que mantén estendido mentres voa, alas de ata 2 m de envergadura e patas curtas e palmadas. Ten un voo potente e cando se despraza a longa distancia o bando disponse en formación lineal ou en V. Precisa dunha certa extensión de auga para levantar o voo, logo dunha breve carreira, e para amerizar. Vive en masas de auga doce e zonas litorais mariñas de pouco fondo. Aliméntase de plantas e pequenos animais, ao introducir o pescozo baixo a auga sen se mergullar, e tamén pode pacer en prados húmidos. Antes da cópula ten lugar unha danza nupcial, e as parellas adoitan manterse de por vida. Os polos mantéñense agrupados e os pais axúdanos a desprender vexetación do fondo para alimentarse. Algunhas especies foron domesticadas como aves ornamentais e introducidas en áreas distintas ás súas orixinarias.
-
Ave duns 152 cm de lonxitude que se caracteriza por ter a base do peteiro de cor amarela e a punta negra. Distribuído polo N da rexión paleártica, aniña en illas de lagos, grandes ríos e marismas, e na tundra ártica. Aparece en pequeno número nas zonas húmidas galegas como ave divagante nos invernos duros da Europa Central.
-
Ave de 100 cm de lonxitude, co corpo branco, agás o pescozo e a cabeza que son negros. O peteiro é agrisado, coa punta amarela, e na base ten unha protuberancia vermella. É propio das rexións meridionais de Sudamérica.
-
Ave de 152 cm de lonxitude, co peteiro de cor laranxa e unha excrecencia negra na base. Distribuído polo paleártico de xeito irregular, en Europa aniña dende o centro do continente ata a península escandinava. En Galicia é unha especie invernante ocasional. Aparece como ave ornamental en moitos parques europeos.
-
Ave de plumaxe negra, co peteiro vermello, agás a punta que é branca. É unha especie orixinaria de Australia e Tasmania, presente en parques galegos como ave ornamental.
-
Ave duns 122 cm de lonxitude, co peteiro de cor negra, amarela na base. En Galicia constitúe unha ave ocasional que chega nalgúns invernos dende o norte de Rusia e o Ártico, onde cría.
-
Ave que se representa flotante ou pasante nos escudos heráldicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal, situada ao L da Lira e ao N da Raposa. Contén a estrela Deneb, de primeira magnitude, a radiofonte Cisne A e a fonte de raios X Cisne X-1; esta considérase proba da existencia de buratos negros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar Cisneiros é un zootopónimo abundancial formado sobre a voz cisne, xa que significa ‘lugar no que abundan os cisnes’. Documéntase este apelido tardiamente, no s XVIII: “Lorenzo Cisneros” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 117). Adoita aparecer castelanizado como Cisneros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cisneiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe leonesa oriúnda de Cisneros, en Palencia, e procedente do infante Paio Froila o Diácono, neto do Rei Froila II de León. Os seus descendentes foron señores da vila de Cisneros e tomaron o seu nome por apelido. En Galicia asentáronse no Pazo de Ximonde, en Vedra; no Pazo de Anzobre, en Arteixo; e en Freixeiro, Santa Comba. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo arquitectónico que se desenvolveu durante a rexencia do cardeal Cisneros (1516-1571). Caracterizouse pola combinación dos elementos decorativos platerescos e dos motivos decorativos mudéxares, como os artesoados. Os seus centros principais foron Alcalá de Henares, onde destaca o paraninfo da Universidade, e Toledo, coa construción da sala capitular da catedral.
-
PERSOEIRO
Político cubano, marqués de Santa Lucía. Sucedeu a Céspedes como presidente da República en armas (1873-1875). En 1895 uniuse ao movemento separatista de Máximo Gómez e participou na Asemblea constituínte que proclamou a República de Cuba, da que foi novamente presidente ata 1898.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. En 1862 emigrou a La Habana, onde iniciou a súa andaina periodística no Diario de la Marina e logo trasladouse a Saguas para dirixir La Voz de Sagua. Regresou a Galicia como profesor de instrución xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol ata 1873, ano no que emigrou de novo a América. Fundou en La Unión unha escola de ensino primario, despois ingresou como tenedor de libros na oficina de Ferrocarril central de Uruguay e fundou e dirixiu o xornal La Carta Blanca, dende o que se opuxo á ditadura militar do coronel Lorenzo Latorre, polo que tivo que fuxir de Uruguay en 1877. Posteriormente, instalouse en Bos Aires onde foi redactor do Correo Español de Buenos Aires, e en 1879 fundou o primeiro Centro Galego de América. En abril dese mesmo ano, elixírono vicepresidente do Centro e creou o semanario El Gallego. Exerceu a docencia no Instituto Mercantil e foi corrector dos xornais Sudamérica, La Unión Gallega, El...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e funcionario público. Foi pintor de cámara de Isabel II. Destinado a Cuba, exerceu como contador de aduanas en Cárdenas e Sagua la Grande, como administrador en La Habana e como director do Banco de España. Reuniu unha importante colección de cunchas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Jiménez de Cisneros.
-
GALICIA
Pintor. Traballou con Xoán González no pintado e dourado do retablo da igrexa do mosteiro de Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela (1549).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político galego, conde de Ximonde. Foi presidente da Xunta Suprema do Reino de Galicia durante a Guerra da Independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrado. Fundador e primeiro conde da casa de Ximonde, foi rexedor perpetuo de Santiago de Compostela e pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País desa cidade, da que sufragou os gastos da escola de debuxo. Escribiu un libro de heráldica titulado Libro que hago yo, el conde de Gimonde, onde recollía varios escudos de armas, coas súas descricións, extraídos de diversos libros e manuscritos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cisoide.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva alxébrica plana de terceiro grao definida pola ecuación y2(2a-x)=x3. Atribúeselle a solución desta ecuación a Diocles. A cisoide enxéndrase polos puntos M, situados a unha distancia de O igual á distancia AP, entre os puntos A dunha circunferencia de radio a e os correspondentes puntos P da tanxente T á circunferencia por B.
-
REPUBLICAS
Estado creado ao S do río Po polo xeneral Napoleón Bonaparte o 16 de outubro de 1796. Reunía os ducados de Modena e de Reggio, e as legacións pontificias de Boloña e Ferrara. En febreiro de 1917, trala sinatura do Tratado de Tolentino, incorporou a Romaña ao seu territorio. Desapareceu definitivamente o 17 de xullo de 1797, cando Napoleón decidiu integrala na República Cisalpina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que está situado entre Roma e o río Po.
-
Natural ou habitante da rexión italiana situada entre Roma e o río Po.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marchar apresuradamente dun sitio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se denominaba en Brasil á República Oriental del Uruguay durante o período en que estivo baixo o seu dominio (1821-1828). A expedición dos Treinta y tres orientales, liderada por Lavalleja, separou esta provincia de Brasil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de cor amarela alaranxada que se funde a 207°C. Compórtase de forma semellante aos axentes alquilantes, de xeito que impide a síntese de ADN. Emprégase en medicina como antineoplásico.