"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • CUMIOS

    Cumio dos Pireneos, ao SO do Val d’Arán, situado a unha altitude de 1.507 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio situado entre as estrías do fuste dunha columna.

    2. Distancia que separa dúas molduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte interior da casca dunha árbore que está en contacto coa madeira.

    2. Pel dalgúns froitos que está entre a casca e a carne, como na castaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago de orixe volcánica situado no Océano Pacífico, ao SL de Nova Guinea (3.150 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cava lixeira e pouco profunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavar a terra lixeiramente sen afondar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acumulación de terra que sobresae no medio dun río ou dun regato.

    2. Época de escaseza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teca superior do frústulo das diatomeas que encaixa no seu exterior con outra chamada hipoteca.

    2. Metade apical da membrana celulósica das dinoflaxeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir a súa voz algúns ruminantes, especialmente o gando vacún.

    2. Bufar como manifestación de valentía e de ousadía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada na de Manchester. Primeiro reitor (1989-1994) e catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Vigo. Desenvolveu o seu labor investigador como director de proxectos sobre temas medioambientais. Publicou un centenar de traballos de investigación en revistas internacionais e varios libros, entre os que cómpre destacar Elementos para el diseño de una universidad (1993), La Universidad de Vigo. Antecedentes y etapa constituyente. (1995) e Hacia donde va la Universidad? (1999). En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura xenital das femias para almacenar os gametos masculinos que presentan algúns invertebrados -como as abellas raíñas- e vertebrados -como algúns peixes de fecundación interna-. A espermateca permite unha gran dilatación do tempo transcorrido entre o momento da cópula e o da fecundación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de sementes feita con fins científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relicario que contén fragmentos da cruz de Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe mariño que acada os 40 cm de lonxitude, de corpo alongado, cuberto de escamas pequenas, cor castaña cinsenta con reflexos cobreados, bandas verticais anchas e escuras, e unha liña lateral castaña amarelenta. A mandíbula superior sobresae por diante da inferior, que presenta unha barbela no queixo, e a cabeza do vómer é dentada. As aletas pectorais contan cunha mancha negra na axila, e as dúas aletas anais presentan a marxe branca e a caudal a marxe negra. Contan con tres aletas dorsais que, coma o resto de aletas, non teñen os raios espiñentos. É unha especie gregaria, de fondos lamacentos, distribuída polo Atlántico, dende Marrocos ata o mar do Norte; os adultos viven en augas exteriores entre os 30 e os 100 m, e os animais novos preto da costa.

    2. Peixe de ata 14 cm de lonxitude, de corpo alongado e comprimido lateralmente, con escamas moi pequenas e de cor cinsenta amarelenta. Os ollos están dispostos na parte superior da cabeza. Teñen aguillóns, na primeira espiña dorsal e na espiña do opérculo, comunidados cunha glándula velenosa. Son animais depredadores que cazan agardando á espreita enterrados nos fondos areosos costeiros, que constitúen o seu hábitat, mantendo só os ollos fóra do substrato. Cando se ven ameazados deféndense coa espiña dorsal levantada constituíndo un perigo para os pés da xente que frecuenta as praias. A súa carne firme é apreciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás feces.

    2. Relativo ou pertencente aos residuos de substancias sometidas a dixestión.

    3. Que contén excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é semellante ás feces.

    VER O DETALLE DO TERMO