Espada Recarey, Luis

Espada Recarey, Luis

Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada na de Manchester. Primeiro reitor (1989-1994) e catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Vigo. Desenvolveu o seu labor investigador como director de proxectos sobre temas medioambientais. Publicou un centenar de traballos de investigación en revistas internacionais e varios libros, entre os que cómpre destacar Elementos para el diseño de una universidad (1993), La Universidad de Vigo. Antecedentes y etapa constituyente. (1995) e Hacia donde va la Universidad? (1999). En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.