faneca
-
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño que acada os 40 cm de lonxitude, de corpo alongado, cuberto de escamas pequenas, cor castaña cinsenta con reflexos cobreados, bandas verticais anchas e escuras, e unha liña lateral castaña amarelenta. A mandíbula superior sobresae por diante da inferior, que presenta unha barbela no queixo, e a cabeza do vómer é dentada. As aletas pectorais contan cunha mancha negra na axila, e as dúas aletas anais presentan a marxe branca e a caudal a marxe negra. Contan con tres aletas dorsais que, coma o resto de aletas, non teñen os raios espiñentos. É unha especie gregaria, de fondos lamacentos, distribuída polo Atlántico, dende Marrocos ata o mar do Norte; os adultos viven en augas exteriores entre os 30 e os 100 m, e os animais novos preto da costa.
-
faneca brava
[ANIMAL/ICT]
Peixe de ata 14 cm de lonxitude, de corpo alongado e comprimido lateralmente, con escamas moi pequenas e de cor cinsenta amarelenta. Os ollos están dispostos na parte superior da cabeza. Teñen aguillóns, na primeira espiña dorsal e na espiña do opérculo, comunidados cunha glándula velenosa. Son animais depredadores que cazan agardando á espreita enterrados nos fondos areosos costeiros, que constitúen o seu hábitat, mantendo só os ollos fóra do substrato. Cando se ven ameazados deféndense coa espiña dorsal levantada constituíndo un perigo para os pés da xente que frecuenta as praias. A súa carne firme é apreciada.