"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias da Aguarda e Gueimonde (A Pastoriza). O seu cumio acada os 554 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Salceda de Caselas. Ten forma de U con dous andares, que se comunican por unha escaleira cunha solaina con balaustrada. Destaca a porta de entrada ao predio, flanqueada por dous cubos, con cruces sobre remates semiesféricos, e o escudo de armas dos Correa. Nos arredores conta cun hórreo e unha capela de planta rectangular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que coida o gando.
-
PERSOEIRO
Escritor. Difundiu o socialismo de Dreyfus no manifesto De la société socialiste (1897), e en 1900 fundou Cahiers de la quinzaine. A súa obra ilustra o rexurdimento do espiritualismo francés de principios de século, e a súa poesía conságrao como un grande autor cristián. Destacan as súas obras Jeanne d’Arc (1897), Notre Patrie (1905), Notre jeunesse (1910) e La tapisserie de Notre-Dame (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo N da parroquia da Cervela (O Incio), no límite con Sarria. O seu cumio acada os 720 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Proxectou obras como as casas Entzus (Motrico, 1965), a praza do Tenis (Donostia, 1976) e, en colaboración con Francesc Rius, o parque da España Industrial (Barcelona, 1984-1985). Obtivo o VIII Premio Antonio Camuñas (1999) e recibiu a Medalla de Oro de la Arquitectura (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Seiró (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 875 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Faramontaos (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 710 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora e xornalista. Coñecida como Sofía Casanova, frecuentou os círculos literarios do marqués de Valmar e de Ramón de Campoamor en Madrid. Casada co filósofo e nobre polaco Vicente Lutowslaski, marchou a Polonia, onde colaborou en diversas publicacións periódicas. Da súa variada obra destacan o libro de poemas Poesías (1889), a serie de artigos literarios Exóticas (1913), o conto Princesa del amor hermoso (1909), con ilustracións de Castelao, a novela Idilio epistolar (1931), a narración de viaxes Sobre el Volga helado (1903) e os libros históricos De la guerra: crónicas de Polonia y Rusia (1916) e El martirio de Polonia (1945). Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1906) e recibiu o título de académica de honra (1952). Foi galardoada coa Gran Cruz de Beneficiencia, concedida por Afonso XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Vicente Casanova, desempeñou un destacado labor xornalístico en El Correo, La Democracia e La Monarquía, e como director de La España Artística, onde asinaba os artigos co pseudónimo de Dómine Cervatana. Da súa produción destacan os libros de poemas Versos (1899) e De la Juventud (1912), a novela La toga del reo (1923), e a comedia Neurosis (1921). Tamén escribiu as zarzuelas El pino del norte (1907) e Ronda de primos (1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
perseguible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode perseguir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen persegue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
persecucion.
-
-
Ir detrás de alguén que foxe para alcanzalo ou collelo.
-
Tentar atrapar ou atopar a alguén que se oculta
-
Seguir a alguén por todas partes, molestándoo e acosándoo, para obter algunha cousa.
-
Tratar de conseguir ou de alcanzar algo.
-
Seguir ou acompañar continuamente a alguén
-
Proceder xudicialmente contra algunha persoa para facela comparecer ante os tribunais.
-
Inflixir penas aos adeptos a unha crenza, relixión ou opinión.
-
-
-
Ministro secular das catedrais e colexiatas que acompañaba os que oficiaban o acto litúrxico. O seu nome proviña da pértega con puño de prata que portaban na man como insignia.
-
Dignidade da catedral de Santiago de Compostela que tiña as funcións de protector e defensor dela e das súas propiedades. Ostentábana persoas da alta nobreza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore caducifolia, de ata 8 m de altura, con ramas sen espiñas, de follas simples, alternas, lanceoladas, pecioladas e co bordo dentado, flores solitarias, ás veces dúas, de cor rosada e froito en drupa globosa. Florece entre febreiro e marzo. É orixinaria de China e cultívase sobre todo en zonas de clima temperado.
-
RIOS
Río que nace na parroquia de Ventosela (Redondela) e desemboca na ribeira dereita da ría de Vigo, na parroquia de Cesantes (Redondela).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Escritor. Pertencente ao grupo poético Rompente, foi un dos protagonistas da renovación poética do último cuarto do s XX en lingua galega. Tras a súa estadía en Madrid, regresou a Galicia e ingresou no Seminario Maior de Vigo, onde estudou filosofía, teoloxía e literatura. Abandounou o seminario (1970) e, despois dunha breve etapa en Barcelona, regresou novamente a Vigo para participar en diversas accións culturais, como as Follas de Resistencia Poética e a creación de Rompente (1975). Redactor de Vagalume (1976-1978), cofundou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980), en que exerceu como secretario (1980-1985), e foi coordinador da revista Escrita. Promotor do I Congreso de Escritores en Lingua Galega (1981) e do encontro literario GALEUSCA, co abandono da AELG, decidiu volver a Barcelona (1985-2000) e quedar á marxe dos círculos literarios de Galicia, polo que foi considerado un “poeta maldito”. Da súa obra, principalmente poética e con algunhas incursións...
VER O DETALLE DO TERMO