"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Conservative Party, entrou a formar parte do Parlamento en 1931. Foi secretario de Neville Chamberlain (1937-1939), ministro para Escocia (1951-1955), ministro de Relacións coa Commonwealth (1955-1960) e de Asuntos Exteriores (1960-1963). Sucedeu a Harold McMillan como primeiro ministro (1963-1964) e asumiu a presidencia do Conservative Party (1963-1965). Entre 1970 e 1974 ocupou de novo a carteira de Asuntos Exteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frederick Augustus Washington Barley.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Director do Musée de Versailles, especializouse na arte do retrato. Realizou, entre outros retratos, os de Luís XVI, Jacques Necker, Christophe Gabriel Allegrain e Pío VII. Foi membro da Académie Royale de Peinture et de Sculpture.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Durante a Guerra Civil española organizou os servicios de transfusión de sangue do exército republicano e foi o pioneiro en levar á práctica os coñecementos científicos da época sobre a extracción, a tipificación, a conservación e o transporte do sangue. Durante a Segunda Guerra Mundial asesorou os servicios de transfusión de sangue do bando aliado. Investigou a orixe dos eritrocitos e do epitelio da mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1955. Foi dirixida por Elia Kazan e interpretada por Julie Harris, James Dean, Raymond Massey e Burl Ives. É un drama familiar baseado na obra homónima de John Steinbeck, no que se reproduce o esquema clásico do fillo bo e o fillo malo que en realidade non son o que aparentan. O principal mérito desta película está nos seus aspectos creativos, xa que foi unha das primeiras producións que utilizou a pantalla en scope, cunha lóxica formal realmente nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Pontedeume a partir do 4 de febreiro de 1906. Dirixida por Edmundo Roberes Alonso, cesou a súa edición o 1 de novembro de 1908 (nº 83). Inicialmente foi quincenal e saía o primeiro e terceiro domingo de cada mes, pero a partir do 3 de febreiro de 1907 pasou a ser trimestral. Foi substituída por Galicia Pintoresca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do SO de Nixeria, no estado de Oyo (307.100 h [1996]). É un importante núcleo agrícola e industrial, no que destacan os sectores téxtil e alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gheldria, nos Países Baixos, Holanda Meridional (101.542 h [1999]). As principais actividades económicas están relacionadas coas construcións mecánicas e eléctricas, coas industrias téxtiles e co sector alimentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato copulador dos insectos machos adultos, formado, as máis das veces, por cinco pezas; destas, a central é impar e constitúe o conduto exaculador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editora creada en Barcelona en 1888. Xurdiu a partir de Ediciones Don Bosco. Especializada na publicación de libros infantís e xuvenís en castelán e catalán, convoca anualmente un premio orientado a este sector. Edita tamén libros de texto e organiza cursos de formación para educadores en España e América Latina, onde se ensinan novos métodos de aprendizaxe. Ao grupo editorial pertencen as empresas Rodeira, especializada na publicación de libros en galego, Guadiel, que edita textos para Andalucía; Marjal, que tira do prelo libros para a Comunitat Valenciana; e Giltza, para edicións en éuscaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor finlandés. Formouse en París baixo a influencia de Bastien-Lepage e converteuse no principal realista de Finlandia. Entre as súas obras destaca Retrato de Louis Pasteur (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador flamengo. Formouse en París con Nanteuil e traballou na fábrica dos Gobelinos. Realizou retratos de personaxes da súa época e reproduciu obras pitóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Licenciouse en Medicina na University of Pennsylvania en 1954. Logo de exercer a medicina no corpo médico do exército estadounidense (1955-1957), ampliou a súa formación na Rockefeller University, onde exerceu como profesor dende 1960, data na que se doutorou. En 1927 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, conxuntamente con R. R. Porter, polos estudios sobre a estrutura dos anticorpos. Descubriu que estas macromoléculas resultaban da unión, por enlace de xofre, de dúas cadeas proteicas, unha lixeira e outra pesada. Tamén traballou na aplicación da espectroscopía de fluorescencia ao estudo das proteínas e no desenvolvemento de novos métodos de separación de moléculas e células. As novas liñas de investigación dirixiunas cara ao estudo da estrutura primaria e tridimensional das proteínas, da estrutura e funcionamento de mitóxenos das plantas e da superficie celular. Publicou a triloxía Neural Darwinism: The Theory of Neural Group (1987), Topobiology: An Introdution...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome, posiblemente, de orixe xermánica, composto de athal ‘nobre’ e o gótico mereis, latinizado en mirus ‘célebre, nomeado, ilustre’. Presenta as variantes Delmiro e Delmira, e os hipocorísticos Miro, Miruca e Demi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial aparecida en Barcelona a finais do s XIX. As súas edicións enmárcanse dentro da liña do fundador do Instituto dos Irmáns Maristas, Marcelino Champagnat. Especializada na publicación de libros infantís, xuvenís e de texto, orienta os seus contidos cara a un humanismo cristián. Edita tamén a revista El Patio Escolar. Dentro do grupo editorial Edelvives inclúense as empresas Tambre, para edición de libros en galego, Baula (catalán), Alhucema (Andalucía), Ibaizabal (éuscaro) e Terra Nostra (València).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbácea, de ata 15 cm de alto, densamente cuberta de pelos brancos, con roseta de follas prateadas, carnosas e peludas, e capítulos pequenos de flores amarelas. Propia das paredes das montañas, está presente nas grandes cordilleiras alpinas (Pireneos, Alpes, Karakorum, Tien Shan e Himalaia, entre outras), onde chega a alcanzar máis de 5.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación excesiva de líquido seroso, que provén do sangue, nos tecidos ou nos espacios intersticiais. Débese a diferentes causas, como un aumento excesivo da permeabilidade capilar, unha insuficiencia cardíaca, unha diminución de proteínas, unha obstrución das vías venosas ou linfáticas, unha alteración dos mecanismos de transporte dos fluídos ou un efecto colateral de certas drogas. Existen distintos tipos de edemas, como o edema cardíaco, producido por unha insuficiencia cardíaca que provoca un aumento da presión venosa de retorno; o edema de causa hepática, a consecuencia dunha diminución de histamina no plasma; o edema renal, producido por un aumento na retención de sal e auga e a perda de proteínas nos ouriños; o edema idiopático, que se produce nas mulleres durante o período premenstrual debido a causas hormonais; e o edema pulmonar, provocado pola inundación do tecido pulmonar, patoloxía que pode provocar a morte e que se caracteriza...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao edema.

    2. Que padece ou ten edemas.

    VER O DETALLE DO TERMO