Edebé, Editorial

Edebé, Editorial

Empresa editora creada en Barcelona en 1888. Xurdiu a partir de Ediciones Don Bosco. Especializada na publicación de libros infantís e xuvenís en castelán e catalán, convoca anualmente un premio orientado a este sector. Edita tamén libros de texto e organiza cursos de formación para educadores en España e América Latina, onde se ensinan novos métodos de aprendizaxe. Ao grupo editorial pertencen as empresas Rodeira, especializada na publicación de libros en galego, Guadiel, que edita textos para Andalucía; Marjal, que tira do prelo libros para a Comunitat Valenciana; e Giltza, para edicións en éuscaro.