Edelman, Gerald Maurice

Edelman, Gerald Maurice

Bioquímico. Licenciouse en Medicina na University of Pennsylvania en 1954. Logo de exercer a medicina no corpo médico do exército estadounidense (1955-1957), ampliou a súa formación na Rockefeller University, onde exerceu como profesor dende 1960, data na que se doutorou. En 1927 obtivo o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, conxuntamente con R. R. Porter, polos estudios sobre a estrutura dos anticorpos. Descubriu que estas macromoléculas resultaban da unión, por enlace de xofre, de dúas cadeas proteicas, unha lixeira e outra pesada. Tamén traballou na aplicación da espectroscopía de fluorescencia ao estudo das proteínas e no desenvolvemento de novos métodos de separación de moléculas e células. As novas liñas de investigación dirixiunas cara ao estudo da estrutura primaria e tridimensional das proteínas, da estrutura e funcionamento de mitóxenos das plantas e da superficie celular. Publicou a triloxía Neural Darwinism: The Theory of Neural Group (1987), Topobiology: An Introdution to Molecula Embryology (1988), The Remembered Present: A Biological Theory of Consciousness (1989) e Bright Air, Brilliant Fire. On the Matter of the Mind (1990).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York