"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Actor e director norteamericano. Despois de realizar estudios na Universidade de Drake, comezou a súa actividade como actor na compañía The Living Theatre. En 1964 formou a compañía The Open Theatre, coa que realizou diversos traballos nos que destaca o pulo experimental e o traballo de creación colectiva. Os fundamentos dos seus traballos como director recolléronse no volume The Presence of the Actor (A presenza do actor, 1972)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi alcalde de Birmingham en 1873 e, como membro do Partido Liberal, exerceu o cargo de ministro de Comercio (1880-1885). En 1895 foi nomeado ministro de Colonias; dende o seu cargo apoiou a Guerra dos Bóers (1899-1902). En 1900 outorgou o estatuto de dominio a Australia e a Nova Zelanda. Contrario ao libre cambio, presentou un proxecto que propugnaba a implantación dun sistema comercial proteccionista entre os membros do Imperio Británico, pero non foi aceptado. Retirouse da política en 1906 ao ser derrotado o Partido Liberal Unionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político inglés, fillo de Joseph Chamberlain. Foi elixido deputado liberal unionista en 1892. Durante o ministerio de Balfour exerceu como ministro de Finanzas (1903-1906). Foi secretario para a India dende 1915 ata 1918, ano no que regresou ao ministerio de Finanzas. Secundou a política proteccionista do seu pai e estableceu unha rigorosa política fiscal que foi moi criticada. Ministro de Asuntos Exteriores (1924-1929), promoveu o Pacto de Locarno (1925) e prestou o seu apoio ao de Briand-Kellogg (1928) e á Sociedade de Nacións. En 1925 recibiu, xunto con Charles Drawes, o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés, irmán de Jean-François Champollion. Foi bibliotecario de diversas institucións e catedrático de Paleografía na École des Chartres. Estudiou os documentos gregos escritos en exipcio. Escribiu, entre outras obras, Annales des Lagides (1819), L’Egypte ancienne et moderne (O Exipto antigo e moderno, 1840) e L’écriture démotique égyptienne (A escritura demótica exipcia, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeógrafo. Doutorouse en Xeografía e Historia en 1982 e comezou a súa actividade docente en 1976 no departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, que dirixiu entre 1989 e 1991. Profesor de Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa investigación na ordenación do territorio, na demografía e na cartografía. Foi pioneiro na aplicación da teledetección e dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) en Galicia. Foi profesor invitado nas universidades de Cork, Nantes e Maine (Le Mans) e, dende 1995, profesor colaborador da Escola Superior Gallaecia, en Vila Nova de Cerveira (Portugal). Ampliou os seus estudios sobre xeomorfoloxía litoral en París (1987) e sobre SIX en Durham e Londres (1988-1991). Forma parte do consello de redacción da revista Agália. Á parte de numerosos artigos e comunicacións, publicou Paisaje agrario en la Galicia Noroccidental (1982; versión en galego de 1989), Las parroquias de Galicia....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa xunto a António Manuel da Fonseca e Lúpi, ao que sucedeu como profesor de pintura histórica. Na súa obra, de tendencia romántica, domina a temática das naturezas mortas, sobre todo no que respecta á pintura de flores (Flores e froitos) e o retrato, onde a sobriedade e a expresividade son as constantes dunha obra que evolucionou cara ao realismo (Retrato de José Estevão, Retrato da Menina Amália de Sá). Foi vicepresidente da Academia das Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político, irmán de André M. Chénier. Foi membro da Convención e do Consello dos Cincocentos. Autor de diversas traxedias e de Tableau de la littérature française de 1789 à 1808 (1816) e da letra do Chant du départ. O seu talante moderado levouno a participar na defensa de Luís XVI, feito polo que foi considerado sospeitoso e foi guillotinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Foi reivindicado polos artistas surrealistas como un referente do naïf e do onirismo. O Palacio Ideal (1879-1910) é unha obra produto da imaxinación de Cheval que mestura elementos arquitectónicos do románico, do barroco, da arquitectura exipcia, hindú, musulmana, etc. O carácter ecléctico do palacio reforzouse pola exhuberancia escultórica que incorpora figuras de animais exóticos e motivos bíblicos, entre outros símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e mercader. Mercantilista, propugnou unha política de diñeiro barato, o aumento da poboación activa e a conversión das colonias inglesas en mercados reservados ás metrópoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Discípulo de Nonnotte e Blaire, ampliou estudios en Roma. Retratista da familia de Napoleón Bonaparte, fixo, entre outros, os bustos de Napoleón, Xosefina e Madame Récamier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e político peruano. En México foi secretario de Pancho Villa e, en Guatemala, conselleiro de Estrada Cabrera. Escribiu, entre outras obras, Iras Santas (1895), Alma América e Fiat lux! (1908) e o canto épico Ayacucho y los Andes (1924). Apresado en varias ocasións, morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político canadense. En 1963 foi elixido membro da Cámara dos Comúns de Canadá polo Partido Liberal. Fíxose cargo de varias carteiras ministeriais: Asuntos Indios e do Norte canadense (1968-1974), Industria e Comercio (1976-1977), Finanzas (1977-1979), Xustiza (1980-1982) e Enerxía, Minas e Recursos (1982-1984). Despois de converterse en líder do seu partido, foi elixido primeiro ministro de Canadá nas eleccións de 1993, cargo que renovou nos comicios de 1997 e de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou debuxo con Josep Berga i Boix e escultura na École des Beaux Arts de Toulouse (1897). En 1900 trasladouse a París e foi discípulo de Rodin. No Salon des Artistes Français de 1907 presentou a obra Turment (Tormento) e no Salon de la Societé Nationale de 1908 Crepuscle (Crepúsculo). A amizade coa bailarina Isadora Duncan permitiulle realizar os seus debuxos máis espontáneos ao redor da danza. Realizou monumentos públicos como Serenidad sobre las ruinas de la vida, no cemiterio de San Isidro de Madrid, e retratos como o de Clara Stuart Merrill (1926). As súas obras simplificáronse e liberáronse de todo sentimento. Con Maillol, Clarà representou a reacción clasicista de raíz mediterránea diante do modernismo de raíz xermánica e do impresionismo rodiniano. Foi membro da Real Academia de San Fernando de Madrid (1925). Entre os galardóns que recibiu destacan a medalla de honor da Exposición Internacional de Barcelona de 1929 con Repòs...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e tratadista de arte. Foi compañeiro de Josep Lluís Sert. Especializado en estudios sobre decoración e mobiliario, publicou Muebles de estilo inglés y su influencia en el exterior (1946); Muebles de estilo francés desde el gótico hasta el Imperio (1952) e Muebles de estilo español (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro electricista británico. Inventou un sistema de protección de cables telegráficos, a base de asfalto, cánabo e sílice, e unha pila impolarizable, que serviu como patrón de forza electromotriz. En 1854 patentou un sistema pneumático a través de tubos para a transmisión de comunicados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico, poeta e político. En 1845 fundou a agrupación coral La Aurora, transformada en 1850 en La Fraternidad, sociedade de auxilios mutuos e primeira coral peninsular, composta por 40 homes. En 1857 cambiou o nome polo de Euterpe. Fundou e dirixiu a revista musical El Eco de Euterpe (1859) e El Metrónomo (1863). Organizou numerosos actos musicais e festivais corais, e foi autor de zarzuelas, cantatas e cancións populares. Como literato publicou, entre outras obras: Flores de estío (1858), La Revolución (1868) e La Marsellesa (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico. Fundou en Madrid o diario El Pensador (1762-1767), en defensa das ideas enciclopedistas, e iniciou a campaña de ataque coa que conseguiu a prohibición dos autos sacramentais (1765). Traduciu a obra Histoire Naturelle (Historia natural), de Buffon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Chema Cobo, foi un dos integrantes do grupo Nueva Figuración Madrileña e do Salón de los 16 do Museo de Arte Contemporáneo de Madrid (1981). Con obras como Chocolate caliente (1975) ou Las tres parcas (1981), consolidou a súa presenza nos circuítos internacionais. As súas creacións caracterizáronse por unha temática onírica, surrealista, que nos anos noventa tratou de recuperar a pintura narrativa na que introduciu a iconografía de personaxes históricos como Napoleón, Hitler ou Stalin, pero descontextualizados e cargados dunha mirada crítica. Publicou o libro Amnesia (1994), no que mesturou a concepción da escritura conceptual e a imaxe, achegándose ás ideas do surrealismo. Participou na Bienal de Pontevedra de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico musical. Pertenceu ao grupo Novo Cancioneiro na procura do realismo social. Publicou, entre outras obras: Sol de agosto (1941), Os dias íntimos (1950), Descoberta (1945) e 46 aniversário (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico de arquitectura. Incorporou á arquitectura popular a linguaxe da arquitectura contemporánea. Estudiou a tipoloxía da vivenda e foi un dos fundadores do Grupo R, que pretendía a renovación da arquitectura. Entre as súas construcións destacan as casas Tápies (1964) e a ampliación da Escola d’Arquitectura (1978). Foi membro da Acadèmia de Belles Arts de Sant Jordi (1977) e recibiu a Medalla de Ouro da IX trienal de Milán (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO