Cobo, José María

Cobo, José María

Pintor. Coñecido como Chema Cobo, foi un dos integrantes do grupo Nueva Figuración Madrileña e do Salón de los 16 do Museo de Arte Contemporáneo de Madrid (1981). Con obras como Chocolate caliente (1975) ou Las tres parcas (1981), consolidou a súa presenza nos circuítos internacionais. As súas creacións caracterizáronse por unha temática onírica, surrealista, que nos anos noventa tratou de recuperar a pintura narrativa na que introduciu a iconografía de personaxes históricos como Napoleón, Hitler ou Stalin, pero descontextualizados e cargados dunha mirada crítica. Publicou o libro Amnesia (1994), no que mesturou a concepción da escritura conceptual e a imaxe, achegándose ás ideas do surrealismo. Participou na Bienal de Pontevedra de 1983.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tarifa, Cádiz