"Mac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • Traxedia escrita, cara a 1605, por William Shakespeare, en 5 actos, inspirada na figura do Rei Macbeth de Escocia. O autor, para a obra, baseouse na crónica que realizara sobre este rei Holinshed. En medio dunha atmosfera de dúbida e terror, os personaxes agrúpanse ao redor do rexicidio e a ambición de Macbeth e lady Macbeth, arquetipos que avanzarán cara á fatalidade do seu destino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo irlandés. Foi un dos primeiros expoñentes das teorías revolucionarias do neolamarckismo. Fixo importantes traballos sobre embrioloxía, especialmente dos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campaña anticomunista organizada en EE UU polo senador Joseph Raymond McCarthy (1950-1954). Intentaba descubrir e inhabilitar profesionalmente os sospeitosos de ser simpatizantes da ideoloxía comunista ou contrarios á política estadounidense. Numerosos políticos, escritores, científicos e artistas víronse afectados por esta campaña. OBS: Tamén se coñece como caza de bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División de Gambia (2.901 km2; 156.021 h [1993]). A súa capital é Georgetown (3.000 h [1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario italiano. Iniciou a súa andaina publicando artigos sobre Baudelaire e outros autores franceses e italianos, recollidos en parte nos volumes Il cortegiano francese (1943) e Studi (1947). Outras obras destacadas son Il paradiso della ragione (1960), La scuola dei sentimenti (1963), Vita, avventure e morte di Don Giovanni (1966), La caduta della luna (1973), sobre Pirandello, L’angelo della notte (1979), sobre Proust e Le rovini de Parigi (1985). En 1990 publicou Elogio della luce, un ensaio sobre literatura e pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pintores italianos formados en Florencia cara a 1855 que se xuntaron ao inicio da década seguinte. Co soporte teórico do crítico Diego Martelli, integráronse Telemaco Signorini, Giovanni Fattori, Silvestro Lega, Adriano Cecioni, Giuseppe Abbati, Cristiano Banti, Serafino De Tivolo, Vincenzo Cabianca, Raffaello Sernesi e Odoardo Borrani, entre outros. A súa arte baseábase na mancha de cor, cun estilo realista no que se reflectía a vida cotiá e a inserción da figura na paisaxe real, en rexeitamento á pintura de taller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francis Leopold McClintock.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Robert John Le Mesurier McClure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Tenente de fragata (1776), loitou como voluntario no exército sueco durante a guerra entre Suecia e Rusia (1788), polo que recibiu do Rei Gustavo III de Suecia a Cruz da Espada. Participou a bordo dunha escuadra inglesa na Guerra da Independencia Española (1808-1814). Escribiu un Plan de campaña ofensiva y combinada de mar y tierra contra los Estados Unidos de la América Septentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Naturalizado estadounidense, especializouse no campo dos polímeros condutores. É autor de numerosos artigos de investigación e ten concedidas varias patentes. En 2001 foille otorgada a medalla Rutherford e en 2000 recibiu, xunto con Hideki Shirakawa e Alan Heeger, o Premio Nobel de Química polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e cantante estadounidense. Coñecida como Josephine Baker, debutou en París (1925) incorporada á Revue Nègre. Foi vedette do Folies-Bergère e do Casino de París. Destaca a súa interpretación no filme   Zou-Zou (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico. Membro fundador do Labour Party, presidiu o partido en 1911 e gobernou nos primeiros gobernos laboristas (1923-1924 e 1929-1931). En 1931 presidiu un goberno nacional de concentración, con conservadores e liberais, e   foi expulsado do partido. Dimitiu do cargo de primeiro ministro en 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • McDonnell Aircraft Corporation.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Australia Central. Esténdese uns 300 km en dirección L-O. O seu cumio máis elevado é o Mount Ziel, que acada os 1.520 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Maceda, onde se atopa á capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Melide baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Allariz-Maceda situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, situado a 42° 16’ 00’’ de latitude N e 7° 38’ 40’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Esgos (Ourense), Xunqueira de Espadanedo (Allariz-Maceda) e Montederramo (Terra de Caldelas), co que tamén limita ao L; ao S co de Vilar de Barrio (A Limia); e ao O cos de Baños de Molgas e Paderne de Allariz, ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda. Abrangue unha superficie de 101,9 km 2 cunha poboación de 3.146 h (2007) distribuída nas parroquias de Asadur, Castro de Escuadro, As Chás, A Costa, Covas, Foncuberta, Maceda, Piúca ou Araúxo, Santiso, Tioira, Vilardecás e Zorelle. A súa capital está na vila de Maceda, na parroquia homónima, que dista 139 km de Santiago de Compostela e a 28 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense, arciprestados de Maceda e Montederramo, e á xurisdición do partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un grifón de ouro; bordo de prata cargado de oito pintas de armiños de sable. Outra variante leva, en campo de goles, unha torre de prata, cunha doncela asomada a unha fiestra; bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO