maccarthismo
maccarthismo
(< antropónimo Joseph Raymond McCarthy)
s
m
[HIST]
Campaña anticomunista organizada en EE UU polo senador Joseph Raymond McCarthy (1950-1954). Intentaba descubrir e inhabilitar profesionalmente os sospeitosos de ser simpatizantes da ideoloxía comunista ou contrarios á política estadounidense. Numerosos políticos, escritores, científicos e artistas víronse afectados por esta campaña. OBS: Tamén se coñece como caza de bruxas.