Macchiaioli, I
Macchiaioli, I
Grupo de pintores italianos formados en Florencia cara a 1855 que se xuntaron ao inicio da década seguinte. Co soporte teórico do crítico Diego Martelli, integráronse Telemaco Signorini, Giovanni Fattori, Silvestro Lega, Adriano Cecioni, Giuseppe Abbati, Cristiano Banti, Serafino De Tivolo, Vincenzo Cabianca, Raffaello Sernesi e Odoardo Borrani, entre outros. A súa arte baseábase na mancha de cor, cun estilo realista no que se reflectía a vida cotiá e a inserción da figura na paisaxe real, en rexeitamento á pintura de taller.