"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Político. Foi un destacado militante das Juventudes Comunistas dende 1933 e, posteriormente, do Partido Comunista de España (PCE). Despois da Guerra Civil (1936-1939) marchou ao exilio e accedeu ao comité executivo do PCE. En 1965 foi expulsado, xunto con Jorge Semprún, do PCE por desacordo sobre o carácter (ben socialista, ben democrático) que habería de ter a revolución comunista en España. Nese mesmo ano escribiu Las divergencias en el Partido, un ensaio no que expoñía as súas críticas á dirección de Ibárruri e Carrillo. En 1975 regresou do exilio e sete anos despois, en 1982, ingresou no PSOE e dirixiu a Fundación Pablo Iglesias. Escribiu Dos concepciones en la vía española al socialismo (1966), La crisis del movimiento comunista (1970) e Marx, Engels y la Revolución de 1848 (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1989. Os seus fins son a promoción das actividades empresariais dos seus membros. Realiza conferencias, cursos, seminarios, reunións de traballo, entre outras actividades de carácter recreativo e social. Presidido por Salustiano Carro Páramo e dirixido por José Cantorna Agra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de carácter empresarial fundada en 1993. Naceu co obxectivo de reunir os empresarios do Sur de Galicia nun foro empresarial que reafirmase o liderado de Vigo no desenvolvemento industrial de Galicia e do Norte de Portugal, e que promovese a colaboración entre os empresarios e o impulso da cultura empresarial. Entre outras actividades realiza conferencias, mesas redondas e coloquios sobre temas económicos e empresariais. Presidido por José Manuel Fernández Alvariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e tratadista arxentino. Estudiou en Rosario e París. Cultivou a paisaxe, o retrato e a natureza morta. O seu realismo recibiu a influencia dos fauves. Escribiu Diario de un pintor (1932), El grabado, historia y técnica (1943) e unha monografía sobre Daumier (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno xenético que se dá nalgúns heterocigotos que consiste na manifestación fenotípica simultánea dos caracteres dados por dous alelos. Un exemplo son os individuos co grupo sanguíneo AB, nos que se manifesta o alelo A e o alelo B.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á codominancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de cofinanciar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Financiar algo en conxunto dúas ou máis persoas, entidades, ou ambas as dúas á vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e citólogo alemán. Fundou o instituto de bioloxía vexetal de Breslau (1866). Foi un dos primeiros en afirmar que o citoplasma das células animais e o das vexetais son idénticos. Estudiou sobre todo a morfoloxía e o desenvolvemento das bacterias, que el consideraba vexetais e denominou esquizomicetos, e tamén a morfoloxía dos vexetais inferiores. Sinalou por primeira vez, en 1853, a analoxía estrutural de bacterias e cianofíceas. Tamén descubriu a capacidade dalgunhas bacterias de producir endosporas resistentes a condicións adversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Collor de Mello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Comezou a súa carreira elaborando curtametraxes. Sentou as bases da chamada “comedia madrileña” con títulos como Tigres de papel (1977), Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978) ou La mano negra (1980). Outras producións destacadas son: El caballero del dragón (1985), La vida alegre (1987), Bajarse al moro (1988), Rosa, Rosae (1993), Alegre ma non troppo (1994), El efecto mariposa (1995) e Los años bárbaros (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo e bibliófilo, fillo natural de Cristovo Colón e de Beatriz Enríquez de Arana. Viaxou ás Indias en 1502, acompañando o seu pai na súa cuarta viaxe, e en 1509. Reuniu unha importante biblioteca de máis de 15.000 volumes que conformaron a Biblioteca Colombina. Escribiu unha Historia del almirante don Cristóbal Colón (1571).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dos catro membros dunha familia de soberanos de Bretaña que reinou entre os ss X ao XII. Conan I o Torto (?- Conquereuil 992), conde de Rennes (970-992), tentou reinar en Bretaña. Morreu loitando co conde Fulques de Nerra. Conan II (1040-1066), duque de Bretaña, loitou contra Guillerme o Bastardo, duque de Normandía. Morreu envelenado. Conan III o Gordo (1095-1148), duque de Bretaña (1112-1148), casou con Matilde, filla do rei de Inglaterra Enrique I e loitou ao seu carón. Suprimiu nun concilio os restos do réxime de servidume (1127). Conan IV o Pequeno (1137-1171), duque de Bretaña no 1156, loitou contra a nobreza bretoa e pediu axuda a Enrique II de Inglaterra. En compensación, casou a súa filla Constanza co fillo do monarca inglés, Godofredo Plantagenet, e cedeu o ducado á custodia de Enrique II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe creado en 1932 polo escritor norteamericano Robert E. Howard para a revista Weird Tales. A partir de 1970, Roy Thomas, guionista da editora Marvel, ideou un cómic cun guión creado por el mesmo e acompañado de debuxos en cor de Barry Windsor-Smith. O protagonista, que naceu no reino de Cimmeria, caracterízase pola súa fortaleza física, capacidade de loita e intelixencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo e historiador da arquitectura norteamericano. Foi profesor de arquitectura na Harvard University (1920-1955). Entre as campañas arqueolóxicas que dirixiu destacan as escavacións realizadas na abadía de Cluny (1928-1950) e no Santo Sepulcro de Xerusalén (1938-1955). Os seus estudios sobre a catedral de Santiago de Compostela reflectíronse en The early architectural history of the cathedral of Santiago de Compostela (A temperá historia arquitectónica da catedral de Santiago de Compostela, 1926). Escribiu tamén Caroligian and romanesque architecture from 800 to 1200 (Arquitectura carolinxia e románica do 800 ao 1200, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Emigrante na Arxentina, colaborou en diversos xornais e cofundou, xunto con Teodoro Campos e Eliseo Alonso, a revista Mundo gallego. Pertencente á Xeración do 36, publicou, Penas son cantares (1951), Nouturnio de soedades (1952), Muiñada noitébrega (1955), Canto y grito (1956), Terra aluciada (1959), Desde el tiempo (1966), Otoño en soliloquio (1972) , España en lonjas (1975) e Os meus cantiles (1981). Como pintor, expuxo na Galería Lucense de Bos Aires. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e empresario. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en asuntos marítimos en Alemaña, Francia e Inglaterra. Axente de aduanas, titulouse en dirección de empresas e actividades turísticas. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vigo (1984-2001), vicepresidente da Xunta do Porto e Ría de Vigo, do primeiro comité executivo da organización territorial pontevedresa da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e do Grupo Corporación Noroeste. Desenvolveu a súa actividade empresarial en Fernando Conde y Compañía, Antonio Conde Hijos-Canarias, S A e Promociones Vigo, S A, e pertenceu aos consellos de administración das empresas do Grupo Corporación Noroeste, S A. Fundou a Asociación Provincial de Agencias Marítimas (1977) e colaborou na fundación, en 1977, da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Estudiou en Ourense, en Deusto e na École d’Electricité e Conduteur de Travaux de París. Foi comisario local de escavacións arqueolóxicas de Allariz e en 1936 participou no proxecto de desecación da lagoa de Antela. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos e no Boletín Auriense, e escribiu, entre outras obras, Dos villas romanas de la cibdá de Armeá, en Santa Mariña de Augas Santas (1959), Nuevas puntas de flecha en la Laguna de Antela (1959), La capilla titular de la sierra de San Mamed (1959), Un busto céltico (1959), O facho do Castro (1960), El castillo de Sande (1961) e El convento del Buen Xesús de La Limia (1962). Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Historia e á Sociedade Arqueológica Martins Sarmento de Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que condiciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escenógrafo. Traballou en numerosas montaxes de grupos galegos como Teatro da Mari-Gaila, a Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, así como no Centro Dramático Galego. Entre as súas escenografías poden contarse as dos espectáculos Woyzeck (1984), Xoana (1985) e Rei Lear (1990). No ano 1997 recibiu o Premio María Casares á mellor escenografía polo espectáculo Noite de Reis.

    VER O DETALLE DO TERMO