Claudín, Fernando
Político. Foi un destacado militante das Juventudes Comunistas dende 1933 e, posteriormente, do Partido Comunista de España (PCE). Despois da Guerra Civil (1936-1939) marchou ao exilio e accedeu ao comité executivo do PCE. En 1965 foi expulsado, xunto con Jorge Semprún, do PCE por desacordo sobre o carácter (ben socialista, ben democrático) que habería de ter a revolución comunista en España. Nese mesmo ano escribiu Las divergencias en el Partido, un ensaio no que expoñía as súas críticas á dirección de Ibárruri e Carrillo. En 1975 regresou do exilio e sete anos despois, en 1982, ingresou no PSOE e dirixiu a Fundación Pablo Iglesias. Escribiu Dos concepciones en la vía española al socialismo (1966), La crisis del movimiento comunista (1970) e Marx, Engels y la Revolución de 1848 (1975).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid