"Ove" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

    1. Relativo ou pertencente ao novecentismo.

    2. Seguidor do novecentismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente artística italiana que se organizou en Milán a partir de 1922. Xurdiu como consecuencia dun novo xiro da arte que apareceu en Italia a finais da Primeira Guerra Mundial e que foi animado desde a revista Valori Plastici, que preconizaba un retorno á liña autóctona de Giotto ou Masaccio. Bautizado por Anselmo Buci (1887-1955), foi aceptado axiña por Achille Funi, Ubaldo Oppi, Mario Sironi e o ex-futurista Carlo Carrá. Relacionáronse tamén os pintores Giorgio Morandi, Felice Casorati, Massino Campigli e Filippo de Pisis, que representan unha opción non vangardista da arte. A primeira exposición do novo grupo tivo lugar en Milán en 1923. A corrente arquitectónica serviu os intereses da pequena burguesía, que sustentou o réxime ditatorial e se concretou nunha mestura de elementos neoclasicistas con algúns futuristas e, ata mesmo, racionalistas. Deuse preferencia á planificación urbanística ante o edificio illado e é tomado como o modelo xenérico do neoclasicismo milanés de...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nove veces cen.

    2. Que ocupa o lugar número novecentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal, e polo tanto equivale a noninxentésimo.

    3. Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 900 e na romana por CM.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Tui a finais de 1890. Impresa nos obradoiros tipográficos de Viuda e Hijos de Pérez Hermida, tivo periodicidade quincenal. O seu principal redactor foi Ignacio García Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística co ceramista conceptual Setsuko Nagasawa e axiña comezou a facer unha obra baseada en instalacións, happenings e estruturas, en que incorporou os materiais pobres e a fotografía. Foi pioneiro das instalacións e da arte máis experimental en Galicia, con achegas á pop art e á reinterpretación do ready made de Marcel Duchamp. Da súa obra destaca Fume (1991), Céspede artificial (1996) e a instalación Un e outro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mazaricos. Trátase dun volume prismático que dispón as plantas en dous niveis, cuberto a dúas augas e cun hórreo de gran tamaño arrimado perpendicularmente á vivenda. A distribución orixinal foi alterada pero conserva o escudo de armas nunha das fachadas, en que se reflicten liñaxes como a dos Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen comeza a desenvolver unha actividade e aínda non posúe experiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escrito que está destinado a deleitar o lector con narracións de aventuras heroicas ou ben con descricións de feitos de accións e de caracteres que queren, ou non, representar os da vida real.

      1. novela naturalista

        Novela que ofrece ao lector un marcado interese pola realidade e a natureza, e amosa unha estreita fidelidade a todo o natural, con trazos máis crús e acusados ca no realismo. Baséase nas doutrinas filosóficas en que a natureza pode ser entendida en si mesma sen recorrer a elementos externos. É. Zola, con Thérèse Raquin (1867), foi o autor máis importante do xénero. Seguidores seus foron Eça de Queiroz, con Os Maias (1888), F. Norris, con Mc Teague (1899), E. Hemingway, con The Sun Also Rises (1926) e W. Faulkner, con Light in August (1932). En España, en xeral, non se pode dicir que houbese un naturalismo pleno, a non ser no caso de V. Blasco Ibáñez, con La barraca (1898), se ben E. Pardo Bazán, con Los pazos de Ulloa (1886), O. Picón, Clarín e B. Pérez Galdós, con La desheredada (1881) poden ser considerados naturalistas nalgunhas das súas obras.

      2. novela negra

        Novela que xurdiu en EE UU na década de 1920, se ben ten a súa orixe nos catro relatos de E. A. Poe The Murders in the Rue Morgue (1841), The Purloined Letter (1845), Thou Art the Man (1850) e The Mistery of Marie Roget (1850). Baseada na estrutura e trama propias da novela policial, incide nos aspectos máis turbios da sociedade contemporánea, e identifica de xeito máis ou menos explícito os métodos e os obxectivos dos representantes da orde establecida e dos delincuentes. É típico o estilo conciso e sinxelo, o predominio da linguaxe coloquial e un realismo truculento. O detective presenta trazos psicolóxicos e morais característicos (desengano respecto da xustiza institucional, código ético rigoroso e vida pouco convencional e solitaria). O xénero acadou a madurez coas obras de A. C. Doyle e a introdución do detective con Sherlock Holmes, ao que seguiron H. Poirot, de A. Christie, Sam Spade, de D. Hammett, ou Philip Marlowe, de R. Chandler. O xénero...

      3. novela pastoril

        Novela cultivada no s XVI en que se idealiza a vida do campo e na que aparecen personaxes de distinta condición social. Próxima ao bucolismo dalgúns autores latinos, confírmase como a expresión do espírito renacentista con influencias italianas. De feito, quen inaugura este xénero é o escritor italiano Sannazaro, autor de Arcadia (1503). Na literatura española cómpre salientar a obra do autor de orixe portuguesa Jorge de Montemayor, Los siete libros de la Diana (1558-1559), á que seguiron Diana enamorada (1564), de Gaspar Gil Polo, Pastor de Filida (1582), de Luis Gálvez de Montalbo, La Galatea (1585), de Miguel de Cervantes, e La Arcadia (1598), de Lope de Vega.

      4. novela picaresca

        Novela xenuinamente española que retrata a vida e costumes de nugalláns, argalleiros e pícaros. É unha vida vulgar, sen ambicións heroicas nin aspiracións futuras. Os seus personaxes buscan saír do paso e gañar con boas ou malas artes un pobre sustento. A obra preséntase estruturada como unha falsa autobiografía, narrada en primeira persoa desde unha dobre perspectiva; como autor e como actor. A intención destas obras é satírica, se ben pretende transmitir unha ideoloxía moralizante e pesimista. A picaresca española exerceu unha influencia notable na narrativa europea do seu tempo, como en Der Abenteuerliche Simplicissimus Teutsch, de Grimmelhausen (1669), Moll Flanders, de D. Defoe (1722) ou Histoire de Gil Blas de Santillane de A. R. Lesage (1715-1735). Os dous mellores exemplos de novela picaresca son El lazarillo de Tormes (1554), anónima, e La vida del Buscón llamado don Pablos, de Francisco de Quevedo (1603). Outras obras representativas...

      5. novela por entregas

        Novela de longa extensión que se publicaba, amodo de folletín, en moitas publicacións periódicas do s XIX e de principios do s XX. Cunha calidade literaria discutible, desenvolvía as peripecias de personaxes contemporáneas con trazos melodramáticos.

      6. novela psicolóxica

        Novela que describe, sobre todo, conflitos espirituais e psicolóxicos. As reaccións dos personaxes analízanse polo miúdo, ben seguindo o fío dos pensamentos (monólogos), ben transcribindo textos, como diarios íntimos ou cartas, que son escritos polos personaxes. Xurdido no s XIX, este xénero ofrece abundantes exemplos de realismo subxectivo. O escritor psicolóxico segue un proceso de desdobramento e desenvolve a capacidade de observar o panorama interior dos personaxes. As primeiras grandes novelas psicolóxicas son de I. Svevo, autor de Una vita (1893) e G. Simenon, con Le chien jaune (1932), se ben os autores máis importantes foron F. Dostojevskij, con Bednyje l’udi (Pobre xente, 1846) e Stendhal, con Le rouge et le noir (1830).

      7. novela realista

        Novela que se axusta fielmente á realidade sen engadir ningún elemento embelecedor ou idealizador. As súas características esenciais son a limitación dos elementos fantásticos, a ambientación real, o emprego da linguaxe cotiá e a verosimilitude. Difundida por Europa no s XIX, pretendía describir situacións e personaxes cunha obxectividade e impersonalidade case absolutas por parte do escritor. Foi unha reacción fronte ao romanticismo, e derivou, por unha banda, da preocupación social que se orixinou a partir da revolución de 1830 en Francia, e pola outra, polo auxe do positivismo e das ciencias experimentais. Os iniciadores foron os novecentistas H. de Balzac, con Scènes de la vie parisienne: sarrasine (1831) e G. Flaubert, con Madame Bovary (1857), se ben o máis representativo foi a serie de 85 novelas La comédie humaine, do propio Balzac (1842). Algúns escritores destacados foron J. Austen, con Mansfield Park, (1814), os irmáns Goncourt, con Renée...

      8. novela rosa

        Novela que naceu no s XIX. De tema fundamentalmente amoroso, os seus personaxes teñen como eixe principal das súas vidas unha paixón incontrolada que focaliza a acción do texto. Caracterízanse por ser novelas claramente estereotipadas e cunha liña argumental que se repite desde as súas orixes. Os seus antecedentes están na novela sentimental dos ss XVI e XVII, se ben foi a novela Pamela, de S. Richardson (1740), a que sentou as bases do xénero. As figuras máis importantes foron Barbara Cartland, con The Scots Never Forget, e F. Barclay, con The Rosary (1910). En España popularizouse a comezos do s XX coas obras de R. Pérez y Pérez, autor de Los caballeros de Loyola (1929), se ben foi Corín Tellado a figura máxima do xénero. Outras autoras destacadas foron Carmen de Icaza, con Cristina Guzmán, profesora de idiomas (1936), Mª Luz Morales, con Amor en el camino (1944) ou María Teresa Sesé, con Amores imprevistos (1957).

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de novelar.

    2. Que ten a estrutura ou a forma dunha novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Narrar ou describir un feito, real ou fiticio, en forma de novela.

    2. Escribir novelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de narracións de Miguel de Cervantes. Publicadas en 1613, foron unha auténtica revolución dentro do xénero, xa que era a primeira vez que se utilizaba o relato curto para a elaboración dunha obra. Influenciado pola novella italiana, na obra aparecen unha gran variedade de temas e ambientes, se ben a sátira e o realismo son un fío de unión entre todas as historias. Están compostas por doce relatos, dos que destacan La gitanilla, Rinconete y Cortadillo, El licenciado Vidriera, El coloquio de los perros e La ilustre fregona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (24.800 h [2001]). O sector primario ten pouca incidencia na economía do termo. As canteiras de mármore ou calcarias marmóreas, que é unha especialidade da industria extractiva está fortemente arraigada no municipio. A estrutura industrial complétase coas ramas da alimentación, a madeira e o moble.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á novela.

    2. Que presenta características propias da novela.

    3. Que é imaxinario, finxido ou inventado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe novelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratado histórico ou teórico da novela.

    2. Xénero literario da novela.

    3. Conxunto de novelas que presentan características comúns, referidas a un ambiente, tema ou período.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á novela ou á novelística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Arnoia que nace e desemboca na parroquia da Arnoia, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO