Novelda

Novelda

Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (24.800 h [2001]). O sector primario ten pouca incidencia na economía do termo. As canteiras de mármore ou calcarias marmóreas, que é unha especialidade da industria extractiva está fortemente arraigada no municipio. A estrutura industrial complétase coas ramas da alimentación, a madeira e o moble.