"RAF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 981.
-
-
Relativo ou pertencente á criptografía.
-
Que resulta escuro ou enigmático.
-
-
-
Persoa que practica a criptografía.
-
Máquina que se utiliza para cifrar e descifrar textos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de escritura feita con letras de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á crisografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Copista que escribía manuscritos en letras de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia a materia cristalina. Os documentos máis antigos que fan referencia a esta disciplina son de Plinio o Vello, nos que definía o cristal como unha porción de materia limitada por caras planas e arestas rectilíneas. En 1784, Haüy intuíu a estrutura reticular dos cristais e asociou algunhas das súas propiedades físicas coa estrutura interna; pero non foi ata 1850 cando Bravais formulou a hipótese estrutural do cristal cun concepto amplo, que non exclúe que, por calquera perturbación no crecemento, non sexa limitado por caras planas. A partir deste momento perdeu importancia todo aquilo que facía referencia á forma e déuselle preferencia ao estudo das propiedades físicas. A materia cristalina constitúe un medio homoxéneo, anisótropo e simétrico. Co fin de sistematizar o estudo dos cristais realizáronse varias subdivisións: cristalografía xeométrica, que estudia as propiedades xeométricas dos cristais como consecuencias morfolóxicas da teoría reticular; cristalografía...
-
-
Relativo ou pertencente á cristalografía.
-
Relación constante entre os elementos reais do cristal de xeito que a posición dunha cara calquera está determinada polos ángulos que forma coas outras, que se toman como planos de referencia. Esta relación é posible grazas á simetría interna que presenta a materia cristalina. Dadas tres caras ou planos de referencia, intersécanse entre elas en tres arestas que conforman os eixes cristalográficos; estes forman tres ángulos (α, β e γ), que son as constantes angulares do cristal. Calquera cara fundamental que non sexa paralela aos tres planos de referencia, se se traslada paralelamente a ela mesma, corta os tres eixes cristalográficos a unhas distancias a, b, c fixas. A relación entre estes tres parámetros a:b:c recibe o nome de relación paramétrica e, xunto cos tres ángulos, constitúen as constantes cristalográficas do cristal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de separación baseado no diferente grao de retención que presentan os compoñentes dunha mestura problema, disolta nunha fase líquida ou gasosa, ao interaccionar ao longo dunha fase estacionaria, que pode ser sólida ou ben líquida, impregnando un soporte inerte. Empregouna por primeira vez M. S. Tswett en 1903 na separación de pigmentos vexetais. Nos anos trinta esta técnica xeneralizouse e, desde aquela, a súa evolución foi ininterrompida por mor da súa gran potencialidade para a separación de mesturas complexas de substancias orgánicas de interese farmacolóxico, bioquímico ou ambiental, e dalgunhas substancias inorgánicas, detectables en canto á súa concentración por debaixo dos mg/l. As técnicas cromatográficas en columna poden dividirse, segundo a natureza da fase móbil empregada, en cromatografía de gases e cromatografía de líquidos. Dentro da cromatografía de gases, segundo o tipo de interacción entre os solutos e a fase estacionaria, distínguense dous tipos: a cromatografía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cromatografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato necesario para levar a cabo unha separación cromatográfica. A súa estrutura xeral (de gases ou de líquidos) consta dun inxector, a través do que se introduce a mostra que se transporta pola fase móbil (gas portador ou líquido, segundo o caso) á columna que contén a fase estacionaria, onde se separan os compoñentes da mestura. A corrente que sae da columna chega a un sistema de detección que pode ser: de ionización de chama, de captura de electróns e outros, en cromatografía de gases; e de UV-VIS ou electroquímico, entre outros, en cromatografía de líquidos. O rexistro do sinal deste detector constitúe a curva de elución a partir da que é posible identificar e cuantificar cada compoñente da mostra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de experimentación fónica inventado polo portugués A. de Lacerda. Está inspirado no quimógrafo pero, a diferenza deste, no cromógrafo o estilete gravador substituíuse por un tubo capilar de onde sae un fío de anilina que se deposita nun papel móbil, mentres recibe unhas alteracións moduladas de corrente recollidas por un rexistro de boca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de impresión litográfica en tintas inventado por Aloys Senefelder. Consiste no uso dun gravado en pedra ou en prancha de aluminio ou cinc para cada cor que se quere imprimir, ao que se lle aplica un sistema de impresión sucesiva idéntico ao empregado na litografía en negro. Con este procedemento pódense obter carteis, reproducións en cor, etc. OBS: Nun rexistro coloquial tamén se emprega a forma abreviada cromo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cromolitografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cromotipia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xilografía de cor que precisa de pranchas diferentes para obter as distintas cores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica fotográfica de análise de movementos cíclicos complexos baseada no emprego do cronociclógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de gravación cinematográfica que superpón ao mesmo tempo unhas pulsacións luminosas que posibilitan a medición do tempo. Permite a obtención de cronociclogramas e o estudo da secuencia de movementos dun traballo manual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da estratigrafía que se centra, especificamente, nos problemas da datación, absoluta e relativa, das rochas e das súas formacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cronoestratigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica fotográfica empregada para o rexistro de movementos mediante exposicións realizadas en tempos regulares.