"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Conde de Montizón e segundo fillo do infante Carlos María Isidro. Pretendente carlista ao trono de España. Despois da renuncia á coroa feita polo seu irmán Carlos Luís, conde de Montemolín (1860), erixiuse en xefe dos carlistas e propuxo ás cortes o establecemento dun réxime máis liberal, distinto ao de Isabel II. Despois, o seu irmán anulou a renuncia e, ao morrer este en 1861, sucedeulle nas pretensións ao trono. Os seus dereitos pasaron a seu fillo Carlos María das Dores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Borbón. Ao servizo de Luís XII e de Francisco I participou nas campañas de Italia (1509-1515). En 1514 Luís XII nomeouno condestable de Francia. As ambicións reais sobre o ducado de Borbón, tras morrer a súa dona sen descendencia, fixeron que se puxese ao servizo de Carlos V (1523) e participase na batalla de Pavía (1525). Nomeado duque de Milán, en 1526 marchou á fronte do exército imperial contra Clemente VII a Roma, onde morreu. Os seus bens pasaron á coroa de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de España, fillo de Carlos IV e irmán de Fernando VII, foi pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos V. Durante a Guerra de Independencia residiu en Valençay ata 1814, regresou a España e foi nomeado xeneral de brigada dos carabineiros. En 1823 comezou a agrupar os elementos absolutistas máis radicais, descontentos coa actitude moderada de Fernando VII despois do Trienio Liberal, e tres anos despois era xefe deste grupo. En 1830 recoñeceu a Pragmática Sanción, pero a reacción dos seus partidarios motivou que o goberno o obrigase a marchar a Portugal. Morto Fernando VII, non recoñeceu a Isabel II e lanzou un manifesto o 1 de outubro de 1833, no que se proclamaba Rei; inmediatamente estalou a Primeira Guerra Carlista (1833-1840). Obrigado a marchar a Inglaterra (Tratado de Évora-Monte, 1834), regresou á Península Ibérica en xullo dese mesmo ano e instalouse en Navarra durante a guerra. Entre maio e xuño de 1837 realizou unha incursión en Catalunya co seu exército. O...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pretendente carlista ao trono español. Primeiro fillo de Xavier de Borbón-Parma. Estableceuse en España en 1957 ata que foi expulsado, en 1968. Recibiu en 1975 a sucesión dinástica do seu pai e en 1977 converteuse en xefe da casa ducal de Parma. Regresou legalmente a España e intentou renovar o Partido Carlista, pero os repetidos fracasos electorais fixérono abandonar a política en 1980. En 1981 separouse da princesa Irene dos Países Baixos con quen casara en 1964. É autor do libro La vía carlista al socialismo autogestionario (1977). O seu irmán Sisto de Borbón-Parma (Pau 1940) pretendeu en 1976 a sucesión e enfrontouse con el nos feitos de Montejurra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal francés, fillo do duque de Vendôme e tío de Enrique IV. Bispo de Rouen (1550), recibiu da Liga Católica o título de Rei co nome de Carlos X (1589), a pesar de que vivía Enrique III. Este fíxoo encarcerar e obtivo a súa renuncia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño militar e matemático. Atopou un método astronómico para calcular a situación dos barcos e deu a coñecer un círculo de reflexión que leva o seu nome. Participou na medida do grao do meridiano entre Dunquerque e Barcelona. Escribiu, entre outras obras, Mémoires sur le mouvement des projectiles (Memoria sobre o movemento dos proxectís, 1756) e Descriptions et usage du cercle à reflexion (Descricións e emprego do círculo de reflexión, 1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ornamento composto por un botón do que penden moitos fíos ao xeito dunha campá. Emprégase como adorno nos uniformes militares, nas gaitas, nas cortinas, etc.
-
Insignia dos licenciados, graduados ou doutores no ámbito das universidades.
-
Herba do xénero Jasione, da familia das campanuláceas, de follas oblongas, de pequenas flores azuis con cinco estames, dous estigmas e corola de cinco lóbulos, dispostas en capítulos apertados. En Galicia están presentes: J. crispa subsp sessiliflora, no sueste; J. crispa subsp maritima, nos areais litorais; J. laevis subsp carpetana, nos sistemas de montaña orientais; e J. montana, en prados e ambientes secos de todo o país.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía fabricante de aplicacións para ordenadores persoais fundada por Philippe Kahn e con sede en Scotts Valley, California. Os seus primeiros produtos foron Turbo Pascal, compilador moi popular lanzado en 1984 e Sidekick, conxunto de utilidades para o PC de IBM que se atopan sempre residentes e que poden ser chamadas en calquera momento, incluso en medio doutra tarefa que se está a desenvolver. Produtos posteriores inclúen compiladores para C e C++, o programa da folla de cálculo Quattro, o programa da base de datos Paradox ou a ferramenta de programación Delphi para Windows, baseada en Pascal.
-
PERSOEIRO
Especialista en ciencias agrícolas norteamericano. Estudiou na Universidade de Minnesota. Por encargo da fundación Rockefeller desenvolveu en México novos métodos de cultivo do trigo, cos que aumentou a produción mexicana nun 50% en dous anos. Posteriormente, estendeu os seus métodos por América do Sur, Paquistán e a India. Foille outorgado o Premio Nobel da Paz en 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Latinista e crítico textual holandés. Foi profesor en Rotterdam, na Haia e en Leiden. A súa obra foi publicada principalmente nas revistas Mnemosyne, Museum, Philologische Wochenschrift e Vigiliae Christianae. Estudiou especialmente a Tertuliano e Paciano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
PERSOEIRO
Bailarín, coreógrafo e animador de espectáculos de ballet sueco. Creou, con Rolf de Maré, os famosos Ballets Suédois (1921-1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (Arona, Lombardía 1538 - Milán 1584) Arcebispo de Milán (1564-1584) e cardeal (1560). Dirixiu a Contrarreforma en Suíza e reformou a súa diocese fundando colexios e seminarios. Escribiu numerosos sermóns e instrucións. Canonizado en 1610, a súa festividade celébrase o 4 de novembro.
-
PERSOEIRO
Químico. Coñecido por poñer a punto o proceso Haber-Bosch de obtención do amoníaco a escala industrial. Recibiu xunto con F. Bergius o Premio Nobel de Química no ano 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, médico e político italiano. Ocupou altos cargos no Imperio Napoleónico e na Francia da Restauración. Escribiu Storia della guerra dell’independenza degli Stati Uniti d’America (Historia da guerra da independencia dos Estados Unidos de América, 1809) e Storia d’Italia dal 1789 al 1814 (Historia de Italia de 1789 a 1814, 1824).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Dedicouse ao estudo das linguas indoeuropeas, ugrofinesas, altaicas, siberianas, caucásicas e americanas. Foi un dos primeiros especialistas do éuscaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ebanista. Traballou para a corte. A súa obra caracterízase polas marqueterías de cobre, de carei ou de estaño, e tamén polos ornamentos de bronce puído e dourado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Doutor en Filosofía e Letras. Na actualidade ocupa o cargo de vicesecretario da Real Academia Española. É autor de numerosos poemarios e de crítica literaria. Dentro da súa obra poética destacan os títulos: Subida al amor (1945), Hacia otra luz (1950), Oda en la ceniza (1967) e Metáfora del desafuero (1988), entre outros. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras; Premio Nacional de Literatura e co Premio Nacional de Crítica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista. É autor de Commentaria in primordiale evangelium s. Joannis (Comentarios do fundamental do evanxeo de san Xoán) e de Epistola in vitam Raymundi Lulli Eremitae (1511), primeira biografía impresa de Ramon Llull, feita segundo a anónima coetánea, da que se fixeron diversas edicións a finais do s XVIII. Relacionado co mallorquino Nicolau de Pacs, contestoulle con Responsiones ad novem quaesita Nicolai Paxi (Respostas a nove preguntas de Nicolau de Pacs, 1521). Pertenceu ao grupo de humanistas franceses estudiosos de Ramon Llull pero sen chegar a ser adeptos ás súas ideas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. En 1958 recibiu unha bolsa da Deputación Provincial da Coruña para facer estudios na Real Academia de San Fernando de Madrid. A súa pintura, realista e expresiva que representa imaxes de Galicia, caracterízase polo xogo das cores, a riqueza de matices e o uso dunha pincelada dinámica. En 1948 ingresou como decorador en Cerámica Celta, onde tomou contacto coa obra de Castelao, Asorey, Acuña e Maside. En 1957 expuxo por primeira vez en Padrón e en 1958 representou á Coruña no Certamen Nacional de Especialización y Orientación Artística, celebrado en Madrid. Durante 1961 colaborou nos xornais Faro de Vigo e La Noche como ilustrador e debuxante humorístico. En 1962 emigrou a Bos Aires onde desenvolveu unha pictórica marcada polo tratamento da paisaxe. En 1968 colaborou na Primeira Feira de Artesanía Galega organizada polo conxunto artístico galego Breogán. En 1987 regresou a Bos Aires. Xa en 1992 creou a Sociedad de Artistas Hispano-Argentinos (SAHIA)....
VER O DETALLE DO TERMO