"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Nome comercial do ácido 1,5-naftalenodisulfónico, intermediario na fabricación de colorantes. Obtense sulfonando o naftaleno con ácido sulfúrico fumegante e separando o isómero 1,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico en radiofonía. Perfeccionou o circuíto dos receptores superheterodinos (1914), estudiou as modulacións de frecuencia das ondas de radio (1918) e ademais pode ser considerado o inventor do actual sistema de modulación de frecuencia FM (frecuencia modulada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica. Comezou a súa carreira dirixindo curtametraxes e documentais. O seu filme My briliant career (1979) conseguiu once premios do Instituto de cine de Canadá, incluíndo o de mellor directora e mellor película. Coa súa nova versión de Little women (Mulleriñas, 1994) baseada na novela homónima de Louise May Alcott, consolidouse en Hollywood. Dirixiu, entre outros filmes, High tide (En busca do pasado, 1986) e The last days chez nous (Os últimos días nos que permanecemos xuntos, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Estudiou no Royal College of Sciences de Londres e de Leipzig con Adolf Wilhelm Hermann Kolbe. Exerceu como profesor de Química no Medical College of Saint Bartholomeu´s Hospital de Londres. Foi membro da Royal Society (1876) e recibiu a medalla Davy (1911). Como investigador traballou sobre terpenos e sobre os derivados do naftaleno. É coñecido especialmente polos estudios sobre o ensino da química, nos que propugnou un método heurístico baseándose nun traballo de laboratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Ao mando dun navío inglés, desembarcou tropas en Cangas en 1719 cando a invasión inglesa de Galicia. En 1738 foi destinado a Menorca, naquel tempo baixo dominio británico, onde realizou o traballo de investigación histórica The history of the island of Minorca (A historia da illa de Menorca, 1740-1742); así mesmo, é o autor do primeiro mapa de Menorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trompetista e cantante de jazz, tamén chamado Satchmo. Cantou en lugares públicos dende a infancia. Entrou na orquestra de Kid Ory (1917) acadando dende entón sucesivos éxitos, integrado nos conxuntos de King Oliver e Fletcher Henderson, ata que en 1925 fundou o seu propio grupo, o mítico Hot Five. É considerado un dos pais do jazz clásico. Durante os anos trinta foi o precursor do paso do estilo polifónico do tradicional New Orleans á preponderancia do solista, propia das correntes modernas do jazz. Gravou máis dun centenar de discos e participou nunha quincena de películas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astronauta. Foi aviador naval durante a Guerra de Corea e despois piloto de probas do avión-foguete X-15. Tomou parte, como comandante, da cápsula Gemini VIII, no primeiro enganche orbital estadounidense (1966). Tivo o mesmo cargo durante a misión lunar Apollo XI, que o conduciu a ser o primeiro home en pisar a Lúa (21 de xullo de 1969). En 1971 accedeu á Cátedra de Enxeñería Aeroespacial da Universidade de Cincinnati.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Centrou a súa actividade no campo da industria armamentística e fundou os famosos talleres Elswick (1847). No 1854 presentou o canón que ten o seu nome, de retrocarga e alma raiada, co que revolucionou as técnicas de artillería. Aplicou con éxito a forza hidráulica á artillería de mariña (1870). En 1897 constituíu a sociedade Armstrong, Whitworth and Co, Ltd, que se transformou na Vickers-A.-Limited Company. En 1877 recibiu o título de barón Armstrong of Cragside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se asentou en Armuño, Bergondo (Betanzos). A súa orixe está enlazada coa lenda do tributo das cen doncelas segundo a cal os fillos de Fernán Pérez de Armuño mudaron o seu apelido polo de Figueroa ao vencer os mouros cunhas estacas de figueira. A rama galega leva escudo cuartelado: o primeiro e o cuarto cuartel, de prata, con tres armiños de sable ben ordenados; e o segundo e terceiro, de ouro, cun león rampante, de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Investigación arqueolóxica que inclúe de maneira significativa ferramentas informáticas (ordenadores e programas) na súa metodoloxía. Desenvólvese fundamentalmente no campo da Estatística, clasificando e organizando a información cuantificada para a súa interpretación; no das bases de datos, organizando e resumindo grandes masas de información codificada; no das aplicacións gráficas para procesar planos de escavación e materiais; no do tratamento dixital de imaxes por teledetección; no da simulación para reconstruír estruturas e sistemas; ou no dos sistemas expertos para automatizar labores descritivas e analizar os procesos de razoamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma ou a estrutura do asbesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma semellante a unha saqueta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización integrada por licenciados e doutores en ciencias da información (xornalismo, publicidade, relacións públicas e comunicación audiovisual) de España, co fin de defender corporativamente os seus intereses, desenvolvendo actividades académicas e profesionais entre os seus asociados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en marzo de 1975 por Manuel Cantarero del Castillo. De carácter progresista, intentou sen éxito ser recoñecida pola Internacional Socialista. En Galicia o seu secretario xeral foi Estévez Mengotti. En xuño de 1976 converteuse nun partido político con delegacións na Coruña, Pontevedra e Lugo, e un ano despois pasou de rexionalista a federalista. Nas eleccións de 1977 non obtivo ningún escano e despois desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de segregación ou de emisión seminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carencia de semente.

    2. Ausencia de formación ou de emisión de semen portador de espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada en 1982 en Pontevedra (A Seca) e, en 1991, en Braga. Legalizada no Estado español (20.7.1983) e portugués (8.8.1991) está presidida por Jose Luis Fontenla (Galicia) e Mª Rosa da Rocha Valente (Braga), contando ademais cos codirectores Antonio Gil Hernández (Galicia), Cristrina Mello (O Brasil) e J. L. Pires Laranjeira (PALOP). O seu obxectivo é a defensa da Lusofonía e a promoción da lingua portuguesa en Galicia, O Brasil, nos Palop (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), Timor, etc. Esta asociación organiza congresos sobre lingua, cultura e literatura dos pobos lusófonos; defende o Acordo Ortográfico de 1990 que unifica as variantes galega, portuguesa e brasileira dentro do diasistema portugués e promove o intercambio cultural e científico entre os países de lingua portuguesa, tendo colaboradores nas principais universidades galegas, portuguesas, brasileiras ou africanas, así como nas de San Petersburgo, Nova York, Utrecth, Hamburgo, Kyóto, etc. Baixo o nome...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Londres no ano 1924, onde radica. Ten por finalidade a coordinación do uso sistemático da información e da ciencia. Agrupa a bibliotecas, universidades, sociedades científicas, departamentos gobernamentais e asociacións de industriais e comerciantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da vitalidade dos espermatozoides presentes no esperma.

    VER O DETALLE DO TERMO