Artes Sermocinandi
Artes Sermocinandi
Tratados sobre a predicación que ofrecían as regras básicas para construír sermóns eficaces e elocuentes. Multiplicáronse entre os séculos XIII e XV, cando se empezou a considerar que a eficacia do sermón dependía en parte das calidades oratorias, das dotes do predicador e da división en partes do sermón, elementos que favorecían a comprensión das mensaxes polo público. Progresivamente deuse entrada nestes tratados ao sermón en lingua vulgar e á utilización de proverbios e exemplos co fin de clarificar os contidos. As artes sermocinandi sobreviviron ata os tempos da Reforma, cando xurdiron os novos modelos de predicación.