"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Fornelos, Salvaterra de Miño 1763 -?) Mestre de arquitectura e de escultura. Coñecido como o mestre de Fornelos, destacou polo seu peculiar tratamento de rostros e roupas nas súas tallas en madeira. Realizou o retablo de Santa María do Camiño en Santiago (1701) e o da capela da Preñada na catedral de Santiago (1703), así como diversos retablos en San Xoán de Fornelos. Para a catedral de Tui realizou o retablo da capela de San Pedro, os mobles de caixóns da sancristía, as caixas dos órganos, así como traballos de cadeirado e as cancelas de madeira para o altar maior. Atribúeselle o retablo maior do mosteiro das clarisas de Tui, o retablo maior do mosteiro de San Pedro de Tenorio e o retablo-baldaquino de Santa Cruz de Valomar en Covelo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Velázquez, iniciouse no mundo artístico nos obradoiros sevillanos de Francisco de Herrera o Vello e Francisco Pacheco, sogro seu desde 1618. Na súa etapa sevillana (1617-1623) achegouse ao tenebrismo, influído por Caravaggio, e abordou a temática do bodegón (La vieja friendo huevos, 1619; El aguador de Sevilla, 1620), o retrato (Góngora, 1622) e as escenas relixiosas (Cristo en casa de Marta e María, 1618; La Adoración de los Magos, 1619), que se caracterizaron ademais de pola tendencia á representación obxectiva, pola modelaxe rotunda e o uso dunha gama cromática limitada. Tamén foi frecuente a representación de modelos extraídos da rúa ou da súa familia como protagonistas dos seus cadros. Desde 1623, coa axuda do seu sogro, trasladouse a Madrid, onde pasou a ocupar importantes cargos artísticos e administrativos na corte de Filipe IV. Foi nomeado pintor do rei, pero ademais dos retratos cortesáns (Filipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro. Deu nome, xunto coa ponte sobre o Eume, ao concello das Pontes de García Rodríguez, despois de que Enrique II de Castela lle concedera, en 1376, o señorío do concello, no que construíu un castelo xa desaparecido. Posteriormente recibiu tamén o señorío de Santa Cruz e San Xurxo de Moeche.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e enxeñeiro, irmán de Xosé Rodríguez de Vicente. Despois de rematar os seus estudos en Alemaña, emigrou a Bos Aires (1907). Afiliouse ao Partido Socialista Argentino (1912), foi secretario da xunta executiva da Federación Socialista da provincia de Bos Aires e deputado na mesma provincia (1914-1916). Dirixiu os xornais La Unión e La Acción, e colaborou en La Nación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e actor, irmán de Román Rodríguez de Vicente. Ocupou diversos cargos na administración dos xornais Terra Galega de Montevideo e La Nación de Madrid, e foi director desde 1936 da revista España en Bos Aires (1936). Membro fundador das Irmandades da Fala e alcalde de Baiona durante a Ditadura de Primo de Ribera, organizou unha compañía de teatro e elaborou guións para filmes e documentais. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Ingresou no corpo militar que abandonou para dedicarse á política. Militou no Partido Conservador, aínda que durante a Restauración e a Primeira República Española se presentou polo Partido Agrario, polo que foi deputado nas Cortes polo distrito de Lugo en catro lexislaturas (1918-1923) e posteriormente en dúas ocasións (1933-1936). Foi subsecretario e comisario xeral de Abastecementos (1919-1920), subsecretario da presidencia do Consello de Ministros (1921), director xeral de Correos e Telégrafos e ministro de Fomento (1922) e Economía Nacional (1930-1931). Dirixiu o Boletín de Xusticia Militar e publicou La comercialidad de los inmuebles (1901). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Participou na Guerra de Paraguay e foi presidente da municipalidade e xefe de policía en Córdoba. En 1869 iniciou as súas colaboracións periodísticas en Arxentina. Publicou El alma (1893), Origen y desenvolvimiento de la especie humana (1894), Peligros americanos (1899), El sistema de gobierno dual de Argentina y su origen: precedido por cuestiones de política iberoamericana (1906), América del Sur: altitudes y canalizaciones (1908), Apuntes para la historia de la legislación (1912), Autonomías municipales (1912) e Los gallegos en la Argentina (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Formado como enxeñeiro xeógrafo, foi axente consular de Arxentina e traballou como redactor de xornais. Publicou Los novelistas contemporáneos (1903), Estudios económicos: el proteccionismo en Argentina (1904), Problemas económicos e financieros (1905) e Impresiones (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Militante do Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Lugo (1915-1916), e durante catro lexislaturas polo de Chantada (1916-1923). Nomeado director xeral de Comercio, Industria e Traballo e ministro de Abastecementos (1919), participou na Primeira Guerra Mundial como cronista para El Mundo. Colaborou en diversos xornais, dirixiu o xornal Fígaro, fundou a Revista Económica y finaciera e publicou Entre campos de batalla. Tomo I. Al margen de la guerra. Crónicas retrospectivas (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Formado no seminario de Astorga e bolseiro na Universidade Gregoriana de Roma, emigrou a Arxentina, onde exerceu como mestre. Colaborador en diversas publicacións e director de Galicia, escribiu os libros de poemas Horas de morriñas (1916) e Pingas d’orballo (1921), ademais da comedia De volta prá Terra, a obra máis difundida Cartas abertas e contos enxebres (1928) e o drama A Virxe de Cristal, adautación teatral (1948). Gran coñecedor das agrupacións de emigrantes, escribiu Historia do Centro Gallego de Buenos Aires (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Galeguista. Membro de Mocidades Galeguistas, ao inicio da Guerra Civil Española ingresou na Lexión Estranxeira e despois no exército republicano. Estivo no campo de refuxiados de Argelès sur Mer e en 1939 foi evacuado a México, onde colaborou con diferentes asociacións de axuda á Segunda República Española. Membro do Padroado da Cultura Galega, colaborou en Saudade e Vieiros e no programa radiofónico “A Hora de Galicia”. Escribiu Matádeo Mañá. Memorias dun galeguista republicano entre a guerra e o exilio (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse en artes escénicas na Escola Superior da Música e Artes do Espectáculo do Instituto Politécnico de Porto. Cofundador de Teatro Bruto, traballou coas compañías Elsinor Teatro, Casahamlet, Galileo Teatro e Pífano Teatro. Ademais foi director da Aula de Teatro do Campus de Lugo (1998-2003), director da Aula de Teatro da Universidade da Coruña (a partir de 2003) e axudante de dirección xunto a Manuel Lourenzo na compañía UVE-GA. Participou nas series de televisión A familia Pita (1997), Pratos combinados (2000) e Fíos (2001). Escribiu Manuel Lourenzo. Vivir para o teatro (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor cubano. O seu estilo sitúase dentro da chamada Nueva Trova Cubana. Da súa discografía destacan Días y flores (1975), Unicornio (1982), a triloxía Silvio (1993), Rodríguez (1994) e Domínguez (1996); Descartes (1998), Expedición (2002) e Cita con Ángeles (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Licenciado en Ciencias Químicas, traballou en Radio Pontevedra (1982), Faro de Vigo en Pontevedra (1984) e en Radio Noroeste (1984-1985), ata a súa incorporación á TVG. Na canle autonómica foi xefe de deportes (1990-1993), redactor xefe de informativos (1993-2000) e presentador e director de numerosos programas, como O Semanal, Reporteiros e Galicia Directo. Publicou o libro de relatos O Asasino Invisible (1998), o ensaio Roberto Blanco Torres. Xornalista e poeta (1999) e A televisión, as novas tecnoloxías e a conduta dos nenos (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Fundador e director de El Pueblo de Vigo, director de Ecos de Vigo e redactor de Faro de Vigo (1904), en 1926 foi nomeado cronista oficial de Vigo. Exiliado en Montevideo (1936), foi autor de contos, poesías e obras teatrais, estas últimas reunidas en Obras teatrales galegas (1930). Publicou Aturuxos (1922) e O Cantar dos Cantares (1922). Membro correspondente da RAG e da Academia de Bellas Artes de Málaga, foi galardoado en diversos certames literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Catedrático de Dereito da Universidade de Vigo e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e da Academia Galega de Xurisprudencia, do consello reitor da Escola Galega de Administración Pública (1990-1996), da Societé Jean Bodin e da Asociación Internacional de Estudios Gallegos, dirixiu a revista Lingua e Dereito. Publicou Tribunal Superior de Xustiza e a Comunidade Autónoma (1996), Desgalegización da administración de xustiza no antigo réxime (1997), Desarraigamento dos xuíces na época da monarquía absoluta (1998), Vocabulario xurídico, aforismos e locucións latinas (1997), Historia do dereito de Galicia (2000) e O Pensamento xurídico-social do Padre Sarmiento (2002). Recibiu o Premio Lois Peña Novo (1998) e o Premio Manuel Colmeiro (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista e gramático. Despois de residir en diversos países europeos, estableceuse en Bos Aires, onde traballou nos campos da edición e o ensino. Traduciu do grego ao castelán as traxedias de Esquilo Agamenón, Las Coéforas, Las Euménides e Siete contra Tebas (1967). Ademais, editou o manual La lengua gallega: primitiva lingua visigothica. Su origen y evolución (1976), en que reivindica a dependencia do castelán con respecto ao galego, e Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista chileno. Ocupou as secretarías de Guerra, Gobernación e Facenda (1811-1814) no goberno José M. Carrera Verdugo. Acadou o grao de tenente coronel, organizou unha eficaz guerrilla antirrealista en Colchagua e colaborou co xeneral José de San Martín na defensa de Santiago despois das desfeitas de Cancha Rayada (1818). Distinguiuse na Batalla de Maipú, pero Bernardo O’Higgins fixo que o detivesen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi deputado no Parlamento de Galicia polo BNG (1990-2001) e membro do consello nacional de BNG. Foi avogado da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) e da Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) e participou, en 1992, na creación do partido Esquerda Nacionalista, do que foi secretario xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, ensaísta e crítico literario. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1978), membro do consello de redacción do Boletín galego de literatura e do Anuario de estudios literarios galegos, e colaborador en diversas publicacións periódicas, como A Trabe de Ouro e Grial, editou diversos estudos sobre autores destacados da literatura galega, española e hispanoamericana, como Jorge L. Borges, Álvaro Cunqueiro, X. L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra e José Ángel Valente. Da súa obra investigadora destacan A Galicia misteriosa de Ánxel Fole (1981), Antonio Machado e Galicia (1989), Poesía galega: crítica e metodoloxía (1989, Premio Losada Diéguez) e A literatura galega durante a guerra civil (1994); e no apartado da crítica literaria Arte literaria (1991), Comentarios de textos contemporáneos (1992), Comentarios de textos populares e de masas (1994) e Guía...
VER O DETALLE DO TERMO