"Santiago" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 262.

  • GALICIA

    Economista. Foi subdirector da Escola Universitaria de Empresariais da Universidade de Vigo, dirixiu a publicación semestral Cooperativismo y Economía Social e presidiu a Asociación para la Economía Social. Publicou Un modelo teórico dinámico de comportamento do capitalismo (1986) e Historia da pesca e salgazón nos ríos de Baixos, dende as ordenanzas xerais da Armada de 1748 ao desestanque efectivo do sal de 1870 (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Carpinteiro de profesión, presidiu o Sindicato de Carpinteros La Emancipación e pertenceu a directivas do Centro Germinal. Entre 1905 e 1908 foi un dos integrantes do Comité Federal da Federación de Sociedades Obreras de la Región Española, radicado na Coruña e foi secretario e responsable do seu Boletín. Ese mesmo ano foi un dos fundadores do grupo anarquista Solidaridad Internacional. Durante a Segunda República achegouse ao republicanismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Pol. Documéntase no s XII como protexido da diocese de Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Administrador solidario da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Pertence aos consellos de administración da Fábrica de Cerámicas do Castro e do Instituto Galego de Información e á Fundación Galicia-Empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade creada en 1871 en Santiago de Compostela coa finalidade de mellorar o acceso das capas populares compostelás á instrución, ao crédito e á atención sanitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Santiago de Compostela en 1894 que, xunto coa Sociedad de Canteros, foi a pioneira do obreirismo compostelán. Na súa fundación confluíron as tres principais correntes proletarias do momento: a socialista, a republicana e a libertaria. Afiliouse á UGT en 1895, á Federación de Sociedades de Resistencia de la Región Española en 1900 e á Federación de Obreros del Ramo de Elaborar Madera en 1908. Foi un dos alicerces da Federación Local de Sociedades Obreras (1916) e participou na formación da CRG. Incorporouse na Segunda República á Federación Local da CNT. Logo do fracaso da revolución de Asturias de 1934 tomou o control da directiva da sociedade o Partido Sindicalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arcade (Soutomaior). Ergueuse a finais do s XII, en estilo románico, pero reformouse posteriormente. De factura orixinal, consérvase a portada occidental, cun arco apuntado de transición cara ao estilo gótico e ábsida de planta rectangular, en que sobresae o arco de medio punto e a decoración dos capiteis e dos canzorros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e escritor. Catedrático de Ciencias Económicas e Empresariais na Universidad Complutense de Madrid, foi conselleiro do Tribunal de Cuentas. Membro da American Economic Association e da American Academy of Management, escribiu, no eido da economía, Dicionario terminológico de economía, administración y finanzas (2000) e Capitalismo y multinacionales (2004). Publicou tamén, no eido da etnografía, Luaña. Mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega (1979) e A regueifa (1982), ademais do relato O raposo careto (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Ten unha soa nave e ábsida románica, de planta rectangular, dividida en dous tramos, cuberta cunha bóveda de canón. No interior destacan os restos de pinturas do s XVI situados detrás do retablo. Conserva unha sepultura antropomorfa antiga ao pé do muro meridional e restos dunha torre barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. Construíuse en estilo románico sobre unha necrópole anterior. Pertenceu ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Ten planta de nave única e cabeceira rectangular, que no exterior presenta un aspecto macizo amodo de torre. Destaca a fachada principal cunha portada de dobre arquivolta tórica que se apoian en columnas acobadeladas. No tímpano está esculpida a figura dun cabaleiro montado sobre un animal ao que domina. Remata nun campanario de dous vans cunha balconada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e sacerdote, fillo de Mariano Pablo Tafall i Miguel e irmán de Rafael Tafall. Formado no seminario conciliar, en 1875 formou, con outros músicos, un cuarteto que tocaba con asiduidade no Café Español. En 1877 foi nomeado profesor de piano, violín, contrabaixo e harpa na Escuela de Música da Real Sociedad Económica, para a que creou a nova orquestra de mozos e a Sociedad Coral Eslava. Foi organista (1881-1895) e mestre de capela (1895-1898) da catedral de Santiago de Compostela, e capelán da capela real dos Reis Católicos de Granada. Autor dun gran número de obras de música sagrada, da súa produción destacan diversas misas, motetes, salmos, cantos en latín e castelán, e himnos, como o Himno de los peregrinos al Apóstol Santiago (1909). Do seu labor como musicólogo, onde destacou especialmente, consérvanse diversos estudos sobre a tonalidade e o ritmo na música popular galega, sobre os textos musicais de Martin Codax ou sobre a música dos peregrinos flamengos. Foi membro da Real Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e asesor xurídico. Doutor en Dereito polas universidades de Valladolid e Sarre (Alemaña) e diplomado de Altos Estudos Europeos, foi director do Servizo Xurídico da ONU e secretario xeral (1980-1986) do Tribunal Internacional de Xustiza, do que é xuíz ad hoc. Doutor honoris causa da Universidad de Alcalá de Henares, recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz del Mérito Civil e a Gran Cruz de la Orden de Mayo (Arxentina).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Triacastela. Construída en estilo románico, reformouse no s XVIII. Ten planta dunha soa nave rectangular con cuberta a dúas augas. A fachada ten unha torre de tres corpos. No baixo atópase un pórtico con catro arcos que antecede á entrada. Remata cunha pequena cúpula octogonal. Destaca tamén un reloxo de sol realizado en lousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución universitaria situada en Santiago de Compostela. A maioría dos estudos europeos de investigación histórica universitaria sitúan a súa fundación en 1526, ano de concesión da preceptiva bula papal, e as figuras de Alonso III de Fonseca e do Papa Clemente VII como os fundadores, pero tamén recoñecen a existencia dalgúns xermolos a partir de 1495. Cómpre destacar que desde mediados do s XI hai constancia da existencia dunha Escola de Gramática na catedral de Santiago, que posibilitaba unha formación literaria básica da clerecía compostelá, propedéutica para a formación que algúns daqueles clérigos acadaron durante os ss XII e XIII nas universidades de París e de Boloña. Algúns destes clérigos compoñerían unha parte do reducido claustro de profesores da Universidad de Salamanca, que botou a andar en 1218, durante todo o tempo do s XIII, cando a propia diocese salmantina pertencía ao arcebispado de Santiago de Compostela e era tamén a miúdo rexida por bispos de procedencia galega,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Verea. Datada no s XVI, sufriu algunhas reformas posteriores. Presenta unha nave única de dous tramos, cun arco triunfal que dá acceso ao presbiterio. A fachada, de trazos clásicos e pouco decorada, ten unha fornela coa imaxe de Santiago sobre a portada principal, que remata con espadana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vigo. Proxectouna Manuel Felipe Quintana e construíuse entre 1896 e 1907 en estilo neogótico. Ten tres naves, a central de maior altura e anchura, cubertas con bóveda de cruzaría, reforzadas por contrafortes laterais que rematan en pináculos. As naves laterais sepáranse da central por arcadas e piares compostos. A ábsida é poligonal. O interior ilumínase a través das vidreiras das ventás e dos óculos trilobulados dos muros laterais. O exterior presenta un aspecto macizo polo reducido número de vans. A fachada principal organízase en tres rúas: a central, de maior anchura, está composta por un corpo baixo amodo de pórtico tripartito, e nun corpo superior no que destaca unha gran ventá de estilo oxival; as laterais rematan en campanarios finalizados en torres piramidais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situada ao SO da serra de Almenara (2.673 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e economista. Foi asesora económica do concello de Santiago de Compostela (1989-1991). Membro do PSdG-PSOE, foi concelleira do concello de Vigo (1991-2001) e deputada no Parlamento de Galicia desde 1997. En 2005 converteuse na primeira muller en presidir o Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, regado polo Tajo (2.820 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto formado pola igrexa parroquial de Santiago e o antigo convento de San Francisco. Os franciscanos instaláronse en Viveiro en 1351 e nese mesmo século comezou a construción da igrexa, que se continuou no século seguinte. De estilo gótico tardío, ten planta de cruz latina con ábsida pentagonal cuberta cunha bóveda de abano na que se abren cinco ventás oxivais. Destacan as bóvedas de aresta que cobren as naves do cruceiro. A fachada principal ten un pórtico que oculta o arco de entrada, e sobre el sitúase unha ventá arquitrabada rematada en frontón. A torre campanario é de planta rectangular. Da zona monacal destaca o claustro renacentista formado por dous corpos: o inferior de arcos semicirculares sobre pilastras e o superior arquitrabado. Nel consérvanse arcos románicos e unha porta tamén románica do s XIII.

    VER O DETALLE DO TERMO