Tafall Abad, Santiago

Tafall Abad, Santiago

Músico e sacerdote, fillo de Mariano Pablo Tafall i Miguel e irmán de Rafael Tafall. Formado no seminario conciliar, en 1875 formou, con outros músicos, un cuarteto que tocaba con asiduidade no Café Español. En 1877 foi nomeado profesor de piano, violín, contrabaixo e harpa na Escuela de Música da Real Sociedad Económica, para a que creou a nova orquestra de mozos e a Sociedad Coral Eslava. Foi organista (1881-1895) e mestre de capela (1895-1898) da catedral de Santiago de Compostela, e capelán da capela real dos Reis Católicos de Granada. Autor dun gran número de obras de música sagrada, da súa produción destacan diversas misas, motetes, salmos, cantos en latín e castelán, e himnos, como o Himno de los peregrinos al Apóstol Santiago (1909). Do seu labor como musicólogo, onde destacou especialmente, consérvanse diversos estudos sobre a tonalidade e o ritmo na música popular galega, sobre os textos musicais de Martin Codax ou sobre a música dos peregrinos flamengos. Foi membro da Real Academia Galega (1930).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso