Viveiro, Santiago de

Viveiro, Santiago de

Conxunto formado pola igrexa parroquial de Santiago e o antigo convento de San Francisco. Os franciscanos instaláronse en Viveiro en 1351 e nese mesmo século comezou a construción da igrexa, que se continuou no século seguinte. De estilo gótico tardío, ten planta de cruz latina con ábsida pentagonal cuberta cunha bóveda de abano na que se abren cinco ventás oxivais. Destacan as bóvedas de aresta que cobren as naves do cruceiro. A fachada principal ten un pórtico que oculta o arco de entrada, e sobre el sitúase unha ventá arquitrabada rematada en frontón. A torre campanario é de planta rectangular. Da zona monacal destaca o claustro renacentista formado por dous corpos: o inferior de arcos semicirculares sobre pilastras e o superior arquitrabado. Nel consérvanse arcos románicos e unha porta tamén románica do s XIII.