Viveiro, Santa María do Campo de

Viveiro, Santa María do Campo de

Igrexa parroquial situada en Viveiro. Construída na segunda metade do s XII, ten planta basilical de tres naves, separadas por tres pares de columnas cuxos capiteis sosteñen directamente a cuberta de madeira, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón semicircular e outro semicircular con bóveda de forno. A portada principal está formada por tres arquivoltas abucinadas apoiadas en tres pares de columnas acobadadas, con tímpano liso; sobre a portada erixiuse un tornachuvias e sobre este un rosetón. Os laterais rematan en dúas torres de orixe renacentista finalizadas no s XVIII e XIX.