"Sar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 930.
-
GALICIA
Notario e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1962), colabora en distintas publicacións sobre temas políticos e literarios. Como escritor publicou o relato curto “A morte de Nancy Reagan” (1989), a novela Beatum Corpus (1993) e o poemario Mtesis (1998). Tamén sacou ao prelo Poemas de la aceptación y mirada de Narciso (2003), No Eurídice de nuevo (2007) e La muerte del fauno (2011).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Dar curso a unha solicitude, unha instancia, un expediente ou outro documento tramitándoos á autoridade correspondente.
-
Dar a orde pertinente para que algo se realice.
-
-
Estar realizando os estudios dun curso ou dunha materia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regata internacional de grandes barcos veleiros organizada pola International Sailing Training Association, que adoptou a denominación dun clipper construído en 1869 nos estaleiros de Clydebank (Escocia). Esta embarcación entrou en servizo en febreiro de 1870 para transportar té de China e outros artigos coloniais. En 1895 adquiriuno a casa viñateira Ferreira, do Porto, que o rebautizou co seu nome. En 1922 retornou ás Illas Británicas onde foi restaurado. Dende entón permanece varado no porto de Greenwich (Londres). En 1955 xurdiu a iniciativa de organizar a regata internacional para grandes veleiros, de carácter bienal, que celebrou a súa primeira edición en 1956 cun percorrido entre Torbay e Lisboa. En 1972 a firma de licores londinense Berry Bros. & Rudd decidiu patrocinar o evento, pois un ano despois da volta do clipper ao Reino Unido (1923) escollera o nome Cutty Sark para o seu novo whisky. A regata Cutty Sark ten un carácter non competitivo, pois os seus principais...
-
GALICIA
Canteiro. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio. Realizou reproducións de escudos, restauracións de cruceiros, chemineas, fontes, reloxos de sol e outras pezas de cantería en Pontevedra, Ponteareas e Zaragoza, entre outros lugares. Colaborou na montaxe de exposicións na Escola de Cbanteiros de Poio e realizou exposicións en Pontevedra e As Pontes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Continuador do espírito de Bizancio, as súas obras mesturan notas autobiográficas con exemplos históricos e míticos. Da súa produción destacan Kathréptēs gynaikōn (O espello das donas) e Kēpos Kharitōn (O xardín das Gracias).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reformador hindú. No 1875 fundou a Ārya Samāj, organización socio-relixiosa monoteísta que, dous anos máis tarde, se escindiu por un cisma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Foi primeiro ministro (1953-1963), encabezou o golpe de Estado que rematou coa monarquía afgana (1973) e converteuse no primeiro presidente da República. Foi derrocado polo golpe de Estado de 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario italiano. Discípulo dalgúns dos grandes filólogos do s XIX, como Ernesto Monaci, Francesco d’Ovidio, Gaston Paris ou Paul Meyer, desenvolveu o seu labor docente na Università di Genova, na materia de historia comparada das literaturas neolatinas, e na Università di Roma, como profesor de literaturas francesa e española modernas e como catedrático de Linguas e Literaturas Neolatinas, posto no que sucedeu o seu mestre Monaci. Dirixiu publicacións periódicas, como os Studi di Filologia Romanza e La Cultura, e ocupou a secretaría do Istituto Storico Italiano. As súas investigacións céntranse nas literaturas europeas, románicas e xermánicas, tanto modernas como clásicas ou medievais. Na literatura medieval prestoulle especial atención á lírica románica, sobre todo á poesía trobadoresca provenzal e ás escolas poéticas italianas, como a Escola Siciliana, Dante e o dolce stil novo. Na lírica galego-portuguesa, escribiu “Cantigas de amor e de maldizer de Alfonso...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Incautar un ben aplicando a pena de comiso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
degretar.
-
PERSOEIRO
Actor e profesor francés. Formado no Conservatorio de París, está considerado como un dos precursores da ximnasia moderna. Realizou interesantes contribucións na definición dos fundamentos dunha teoría científica da interpretación a partir do estudo sistemático da xestualidade corporal e da consideración de todo o corpo e dos seus diversos segmentos como centros de expresividade e creatividade, ao tempo que exploraba a relación entre xesto e emoción, buscando unha especie de gramática xestual das emocións. Tradicionalmente vinculado á teoría xeral da ximnasia, a súa influencia no campo da interpretación foi transcendental na obra de directores como Jerzy Grotowski, que converteu o corpo e a voz do actor nos elementos creativos, expresivos e comunicativos centrais do seu proxecto teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sacar os parafusos do lugar no que están colocados facéndoos xirar.
-
Quitar os parafusos dun obxecto que estaba suxeito con eles.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarborar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desmontar ou derrubar os mastros dunha embarcación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desarborizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cortar ou destruír as árbores dun terreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar a area dunha cousa ou lugar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en eliminar a terra ou area que se adhire ás pezas de fundición despois de lles quitar o molde. Pódese facer dándolle voltas dentro dun bombo xiratorio ou ben sometendo a súa superficie aos efectos dun chorro de auga ou de vapor de auga a gran presión.
-
PERSOEIRO
Matemático, enxeñeiro e arquitecto francés. En 1636 frecuentou o grupo parisiense de intelectuais ao redor de Marin Mersenne e escribiu un manual de composicións musicais. Iniciador da xeometría proxectiva, definiu o punto de inserción de rectas paralelas como o punto no infinito. Subliñou a importancia da perspectiva en xeometría e formulou o teorema sobre triángulos homolóxicos que leva o seu nome. Entre os seus discípulos figura Blaise Pascal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que establece que dados dous triángulos ABC e A’B’C’, as rectas AA’, BB’ e CC’ concorren nun punto se e só se os puntos de intersección das rectas AB e A’B’, de BC e B’C’ e de CA e C’A’ están aliñados.