"Soči" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 360.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao músculo situado na cara, entre o nariz e as cellas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade multirracial estadounidense fundada en 1909 por W. E. B. du Blois para favorecer e facer respectar os dereitos das persoas negras en EE UU.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liga profesional de baloncesto, creada en EE UU en 1946. Partiu dunha idea do xornalista Max Kase e levouna a cabo Ned Irish, formándose a Basketball Association of America (BAA), que nun principio contou con 11 equipos, dos que perduran tres; Boston Celtics, New York Knicks e Golden State Warriors. En 1950 a BAA uniuse á National Basketball League (NBL), e formouse a National Basketball Association (NBA), con Maurice Podoloff como o seu primeiro comisionado. A competición está formada por 29 equipos, divididos en dúas conferencias (Leste e Oeste) e catro divisións (Atlántico, Central, Medio-Oeste e Pacífico).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade xeográfica estadounidense creada en Washington en 1888. A súa actividade comprende diversos proxectos e expedicións científicas. Destacan, entre outras, as buscas arqueolóxicas levadas a cabo en Perú (Machu-Pichu) e noutras paraxes de América (como a península de Yucatán) e do mundo. Publica, entre outras, a revista mensual National Geographic Magazine, editada en España a partir de outubro de 1997, libros científicos e atlas, e realiza programas para a televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación belga de dous partidos democráticos de inspiración cristiá, un valón e o outro flamengo. Creouse, no período de entreguerras, a partir do antigo partido católico e participou na maioría dos gobernos desde 1946. Apoiou o retorno do Rei Leopoldo III de Bélxica e, en 1954, foi derrotado nas urnas. Posteriormente volveu ao poder (1958) e coligouse cos socialistas e despois cos liberais. Malia as crises lingüísticas que ocasionaron a separación total das dúas ás do partido, continuou no poder só ou en coalición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa fundada en 1971 pola fusión da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO) e de diversas agrupacións e clubs socialistas no congreso de Épinay. Nas eleccións presidenciais de 1974 obtivo o 49% dos votos, e nas de 1981, co apoio dos comunistas e dos ecoloxistas, un triunfo que se complementou coa maioría absoluta do PS nas lexislativas do mesmo ano. O partido perdeu forza nas diversas consultas electorais celebradas desde 1983, e en 1986 pasou á oposición. Os seus secretarios foron François Mitterrand (1971-1981), que presidiu a república (1981-1995), Lionel Jospin (1981-1988), Pierre Mauroy (1988-1991), Laurent Fabius (1991-1993), Michel Rocard (1993-1994), Henri Emmanuelli, (1994-1995), novamente Lionel Jospin (1995-1997), elixido primeiro ministro (1995-2002), e François Hollande (desde 1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1885 co nome de Parti Ouvrier Belge. Dirixido por César de Paepe e, despois, por Emile Vandervelde, loitou por obter o sufraxio universal (1919) e por unha mellora das condicións de vida e de traballo. Ao se producir a invasión alemá, Hendrik de Man, o seu presidente, disolveuno (1940), pero a base reconstruíuno na clandestinidade (1945). Despois da Segunda Guerra Mundial, os socialistas participaron en diversos gobernos de coalición con socialcristiáns e liberais, fixeron promulgar medidas sociais, defenderon a laicidade do ensino e impulsaron unha política europeísta. Os conflitos lingüísticos entre valóns e flamengos da década de 1960 provocaron que adoptase unha estrutura independente para cada comunidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política fundada en 1974 co nome de Unión Social-Demócrata Galega. O seu fundador e primeiro presidente foi Alfonso Zulueta de Haz, aínda que tamén destacou J. L. Fontenla Rodrigues. Defendía a autodeterminación de Galicia, para integrarse nun estado federal, e a democracia, e definíase como socialista humanista, personalista, comunitario e demócrata. Propugnaba unha reforma socialdemócrata. En 1976 formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas e disolveuse despois do fracaso das eleccións de 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político creado en Madrid en 1929 coa participación de M. Domingo i Sanjuán. Experimentou un rápido e espectacular crecemento baseado nun verbal radicalismo económico e social. Malia todo, sufriu numerosas escisións ata a ruptura das tendencias principais en setembro de 1933.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización democratacristiá fundada en Madrid o 15 de decembro de 1922 que xurdiu ante o xiro autoritario do movemento maurista. Excluía os democratacristiáns e pretendía dar un enfoque moderno ás organizacións sociopolíticas católicas, fomentando o rexionalismo como unha nova concepción do estado centralizado. Pero a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) rematou con este proxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Andalucista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada na Coruña o 23 de agosto de 1963 por Cesáreo Saco López, Mario Orjales Pita e Xosé Luís Rodríguez Pardo, mentres Ramón Piñeiro López só participou na reunión fundacional. O colectivo inicial de afiliados estaba integrado por membros do vello Partido Galeguista e de Mocedades Galeguistas (FMG) como Francisco F. del Riego (o primeiro secretario xeral da organización) e L. Viñas Cortegoso, e unha nova xeración de mozos universitarios como Xosé Manuel H. Beiras Torrado, Ramón Lugrís Pérez e Fernando Pérez Barreiro. O seu ideario baseábase no marxismo, no federalismo, no socialismo e na democracia. Mantiveron un talante democrático e prestaron moita atención aos movementos homólogos que xurdían noutras nacionalidades. Estruturábase como un partido de cadros. A súa rede organizativa participou e dirixiu as campañas de axitación e propaganda contra a central de Castrelo de Miño, ao tempo que mantivo unha importante colaboración coa Unión do Pobo Galego (UPG). Despois...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que se creou en 1982 da unión dalgúns militantes do Partido Socialista Galego (PSG) e de Esquerda Galega (EG), e que se presentou ás eleccións como PSG-EG. Desde 1992, optou por confluír con sectores galeguistas de centro e independentes, procedentes tanto de Coalición Galega como do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. En 1993 aliouse con Esquerda Unida (EU) e pasou a denominarse Unidade Galega, organización que, en 1994, se integrou no Bloque Nacionalista Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en Madrid en 1879 por núcleos marxistas expulsados da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Traballadores. Implantouse nos medios obreiros de Madrid, Euskadi e Asturias. O primeiro deputado socialista, Paulo Iglesias Posse, foi elixido en 1910, grazas á alianza electoral cos republicanos. O partido defendeu as reivindicacións obreiras e cumpriu unha ampla tarefa de educación popular. Aproveitou a tolerancia da que gozou durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) para implantarse nos medios campesiños do sur do estado. Participou no comité revolucionario (1930), no goberno provisional da Segunda República (1931) e no goberno de Manuel Azaña Díaz (1931-1933). Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) Francisco Largo Caballero e Juan Negrín López presidiron cadanseu goberno de coalición; mentres, no exilio, impúxose a liña moderada de Indalecio Prieto Tuero. Deixando de lado o sector histórico escindido en 1972, que en 1982 se converteu...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou en 1974 o Partido Socialista del Interior, creado en 1968 ao redor de Enrique Tierno Galván. Manifestábase socialista de esquerda, autoxestionario, terceiromundista e federalista, e tivo un carácter intelectual e universitario. En 1977 obtivo 4 deputados e 3 senadores, e viuse obrigado a integrarse no PSOE (1978).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1875 en Lisboa polo obreiro de orixe suíza José Fontana e núcleos influídos pola Asociación Internacional de Traballadores. Adoptou unha liña política reformista e antimonárquica e intentou elevar o nivel cultural da poboación. O golpe de estado de 1926 declarouno fóra da lei e foi refundado, cunha orientación moderada, por Mário Soares (1972), co novo nome de Partido Socialista. Tras a revolución de 1974 participou nos primeiros gobernos provisionais, tivo a maioría relativa na asemblea constituínte de 1975 e gobernou en 1976-1978 e en 1983-1985 (en coalición co Partido Social Demócrata). Nas eleccións anticipadas de 1985 só obtivo o 20% dos votos. Estes resultados foron mellorando paulatinamente ata que gañou as eleccións lexislativas de 1995 por maioría simple e António M. de Oliveira Guterres formou goberno en minoría. Nas eleccións presidenciais de 1996 Jorge Sampaio, en substitución de M. Soares, foi elixido presidente do país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política rusa que xurdiu en 1901 da fusión dos grupos populistas moi influídos polo anarquismo e polo revisionismo. Defendía a colectivización da terra no marco do mir (‘comunidade campesiña tradicional’) e o acto terrorista individual. Participou, con Aleksandr F. Kerenskij, no goberno provisional formado en marzo de 1917. Co triunfo da Revolución de Outubro, o PSR escindiuse: a á dereita, cos menxeviques, abandonou o congreso dos soviets, mentres que a á esquerda apoiou, temporalmente, os bolxeviques.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política catalá fundada o 22 de xullo de 1936 a partir da fusión do Partit Comunista de Catalunya, a Federació Catalana del PSOE, a Unió Socialista de Catalunya e o Partit Català Proletari. O seu crecemento durante a guerra foi notable. Desde os primeiros momentos do exilio, a dirección do PCE tentou integralo baixo a súa autoridade e, a partir de 1949, o PSUC quedou fortemente ligado ao PCE, perdendo a súa independencia. De acordo coa súa concepción da loita pola democracia, tivo un papel destacado na Asemblea de Catalu-nya e participou no Consell de Forces Polítiques de Catalunya. Legalizado en maio de 1977, no V congreso (1981) a ocasional alianza dos sectores leninistas e históricos provocou a desfeita eurocomunista e a case ruptura co PCE. O VI congreso (1982) implicou o retorno á ortodoxia eurocomunista e a tendencia prosoviética emprendeu a creación dunha organización paralela que constituíu o Partit dels Comunistes de Catalunya (PCC). O VII congreso reafirmou a súa...