"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Rama da paleontoloxía que estudia certos fósiles comparándoos con organismos vivos semellantes, observables na actualidade, dos que se analiza a influencia sobre o contorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de acuartelar.

    2. Lugar onde se acuartelan as tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conduto artificial pechado, non prefabricado, utilizado para levar auga dun lugar a outro, normalmente en grandes cantidades. Distínguese polo tanto, da condución tipo canal, que é aberta, e da condución de tubo formada pola unión de tubos prefabricados. Dependendo da construción, o acueduto pode ser: con desmonte e cuberto, seguindo a liña do nivel hidrostático; con desmonte e cuberto, por debaixo do nivel hidrostático e, polo tanto, a presión; un túnel seguindo a liña do nivel hidrostático; e un túnel por debaixo do nivel hidrostático e, polo tanto, a presión. Na actualidade os acuedutos fanse de formigón; normalmente, a sección ten forma de ferradura, con fondo cóncavo, unha forma resistente, fácil de construír e que aforra material. O tipo túnel a presión faise de sección circular para acadar unha distribución da forza o máis uniforme posible. Dende a antigüidade existiron canalizacións para auga. Na antigüidade grega e helenística nace a tipoloxía...

    2. Conduto polo que pasa un líquido orgánico, como o acueduto de Fallopio, o acueduto de Silvio, etc.

    3. Figura heráldica, formada por tres ordes de arcos sobrepostas.

    4. Dereito a facer pasar a auga que pertence a unha persoa polas terras dos veciños para levala á propia leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, poeta e xornalista. Exerceu a docencia en Galicia e Madrid. Colaborou nas publicacións Vida gallega, Resol e Nós e nos xornais La Region, Galicia, El Heraldo de Galicia e Faro de Vigo. Aproveitou para mostrar neles a súa produción poética que, anos máis tarde, dará lugar á publicación da obra Fírgoas (1933). Entre 1930 e 1936 colabora no xornal El Momento e nas publicacións Escuela del Trabajo e ATEO, onde mostra o seu compromiso galeguista coa educación e coa pedagoxía. Os seus ideais republicanos e galeguistas fixeron que trala Guerra Civil Española fose expulsado do sistema público de ensino, pasando a traballar no ensino privado en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Osorio de Acuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termóstato que se coloca nunha instalación, por exemplo nunha calefacción central, para regular a temperatura da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de acurralar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á acusación, especialmente nun proceso penal.

    2. Procedemento para perseguir e xulgar os delitos, oposto ao sistema inquisitivo. Esixe, como elementos esenciais, acusación concreta, publicidade no proceso, igualdade de dereitos e obrigas entre a acusación e a defensa, liberdade para o acusado ata a sentenza definitiva, posible impugnación por calquera motivo da sentencia, etc. A lexislación española aceptou o sistema acusatorio na fase do xuízo oral ou plenario, mantendo o inquisitivo na do sumario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano co cal foi coñecido John Hawkwood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade de Corbie, conselleiro de Carlomagno e de Luís o Piadoso, quen o desterrou porque pensou que participara na rebelión que en 817 iniciara o Rei de Italia Bernado; sen embargo, admitiuno de novo, no ano 822, no seu consello. A súa festa é o 2 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome procedente do xermánico Adalberht, latinizado logo no Medievo como Adalpertus ou Adelbertus. Componse da forma adal, adhal ‘nobreza’ e o adxectivo bertht ‘claro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo. Probablemente cóengo de Girona (947) que no 957 capitaneou o levantamento que desterrou o conde Godofredo de Besalú do seu castelo e asasinou mentres fuxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Bremen e Hamburgo (1043-1072) e legado papal (1053) en Noruega, Suecia e Dinamarca. Tentou reunir os bispados escandinavos nun patriarcado pero non conseguiu o seu propósito pola oposición de Roma. Desempeñou un importante papel político baixo Henrique III e foi titor de Henrique IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    O seu nome era Vojtéch, pero no bautismo o Bispo de Magdeburgo deulle o nome xermánico que levou despois. Naceu no seo dunha familia da nobreza eslava. Fíxose monxe, retirándose ao mosteiro de santo Bonifacio (Roma). Chegou a Bispo de Praga no 983. Tras cinco anos de apostolado infrutuoso deixou a sé para retirarse a un convento de Roma. O Papa Xoán XV encargoulle a instrución relixiosa do Rei de Hungría e máis tarde ordenoulle volver a Bohemia, onde fundou a abadía de Brevnov, preto de Praga (992). No remate da súa vida consagrouse á instrución relixiosa dos prusianos, eslavos pagáns das ribeiras do Báltico, que lle darían morte atravesándoo con sete frechas. A súa festa celébrase o 23 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marqués da Toscana (847-889). Atacou Roma para impoñer como Emperador a Carlomagno. Opúxose ao Papa Xoán VIII, quen excomungou a Adalberto, porque favorecía a Carlos o Careco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Italia (956). Reinou xunto co seu pai Berenguer II a partir do 956. No 961 foi vencido por Otón I, quen se apoderou do reino e coroouse Emperador. Morreu exiliado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua latina, probablemente de orixe bretona. Perfecciona a poesía rítmica medieval, escribiu secuencias adaptadas á forma estrófica do himno e compuxo prosas para cada tempo litúrxico do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos vertebrados, célula prismática do órgano adamantino, relacionada coa diferenciación dos odontoblastos e, posiblemente, coa segregación do esmalte dos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome de Stokes-Adams.

    VER O DETALLE DO TERMO