"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal doméstico que se emprega para montar ou para o transporte de carga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista “intemporal” aparecida en decembro de 1985 en Vigo e subtitulada “ou como ver o que non se mira”. Contaba coas colaboracións de Javier Presa Suárez, Suaver, Icaro Jiménez Franco, Icaro, Jesús Santodomingo, El gotas, J. A. Otero de las Heras e F. Palomar. Incluía artigos escritos en galego e castelán de carácter literario como “Desde aquí enfrente”, “Das voltas da vida” e “El día de las cabezas”. Amais tiña unha sección dedicada á poesía e numerosos debuxos e cómics.
-
PUNTA
Punta do litoral da península do Grove, na parroquia e concello homónimos, na beira meridional da ría de Arousa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vacaloura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira constituída en Lugo en 1966 a partir da Caja Central de Ahorros y Préstamos, creada polos Sindicatos Católicos Agrarios, organización que tivo certa implantación na comarca de Mondoñedo. Dirixida dende a súa creación por Arcadio López Lens. No 2000 posuía 32 oficinas espalladas pola provincia de Lugo e unha máis en Melide, tiña 1.530 millóns de pesetas de recursos propios, manexaba 22.665 millóns de pesetas de recursos alleos e un investimento crediticio de 11.789 millóns de pesetas; o seu beneficio neto fora de 272 millóns de pesetas. A entidade, superado un período de consolidación, desenvolveu unha estratexia de apertura de novas oficinas e diversificou o investimento crediticio, abríndose a novos sectores económicos, sen esquecer o seu sector de orixe: o agrario. Durante a crise dos oitenta, asociouse xunto con outras entidades ao Banco de Crédito Agrícola-Cajas Rurales, grupo que abandonou para participar na creación da Sociedad Civil de Estudios y Proyectos, coa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calcar.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Baixo Segura e ao abeiro da serra de Callosa (15.230 h [1996]). A chaira litoral onde se estende a maior parte do termo está formada pola coalescencia dos deltas interiores do Segura e do Vinalopó. Practicamente todas as terras cultivadas son de regadío. A horta dedicouse tradicionalmente ao canabo, actualmente en decadencia, e tamén ás hortalizas e aos cítricos. O secaño destínase aos cereais. A industria, derivada da agricultura, céntrase na fabricación de alpargatas e redes, e nas fábricas de conservas vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de caltrir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de calzar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría de canarios con fins comerciais ou de recreo.
-
-
Proposta ou condición de alguén como candidato.
-
Conxunto de candidatos presentados ou propostos para unha elección.
-
Papeleta, escrita co nome dun ou varios candidatos, utilizada para votar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candidatura presentada conxuntamente polo Partido Socialista Galego (PSG), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE), o Partido Comunista Galego (PCG), o Partido Popular Galego (PPG) e o Movemento Comunista de Galicia (MCG) para o Senado nas eleccións de 1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cóengo santanderino. Estivo destinado nas catedrais de Lugo e Santiago de Compostela e dedicouse á investigación histórica de temas vinculados coa Igrexa lucense. A súa obra principal, a Colección diplomática, composta pola transcrición directa de documentos orixinais do arquivo da catedral de Lugo e do Arquivo Histórico Nacional xunto cunha toponimia da topografía, quedou inédita. Postumamente, apareceron La antigüedad de la Iglesia de Lugo e Los grandes pleitos de la Iglesia de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do muíño, consistente nunha caixa en forma de pirámide invertida, aberta por abaixo para que caia o gran que se vai moer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural dos arredores de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de ouro, tres granadas, ao natural, medio partidas e ben ordenadas. Outra variante trae, en campo de ouro, unha montaña de sinople, cargada dunha flor de lis de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Olduvaiense.
-
-
Acción e efecto de capar.
-
Cicatriz que queda despois desa operación.
-
Cosedura realizada de forma irregular.
-
-
-
-
Acción e efecto de capturar.
-
O que se captura, especialmente referido á caza e á pesca.
-
-
Satelización dun astro ao redor doutro meirande, causada pola atracción gravitacional, e que ten lugar ao pasar un moi preto do outro.
-
-
Absorción dunha partícula polo núcleo sobre o que incidiu. Este fenómeno ten lugar cando a enerxía da partícula incidente é máis pequena ca a enerxía de enlace entre esta partícula e o núcleo.
-
captura K
Tipo de desintegración radioactiva dun átomo na que o núcleo absorbe un electrón cortical; en xeral, este electrón pertence á capa K, a máis próxima ao núcleo. A consecuencia da captura K, o núcleo emite raios X, por mor do arranxo dos outros electróns corticais, e un neutrino.
-
-
Fenómeno polo que un río de intensa actividade erosiva chega a denudar a outro captando na propia conca as augas do curso superior do río denudado.
-
Proceso polo que unha imaxe dixitalizada nun formato determinado, habitualmente incompatible cun programa de tratamento de fotografía, se garda noutro diferente que permita o seu uso nalgunha desas aplicacións.
-
-
-
Coller algo ou a alguén que se persegue e que normalmente ofrece resistencia.
-
Cazar ou pescar animais que están en liberdade.
-