Cañizares del Rey, Buenaventura

Cañizares del Rey, Buenaventura

Cóengo santanderino. Estivo destinado nas catedrais de Lugo e Santiago de Compostela e dedicouse á investigación histórica de temas vinculados coa Igrexa lucense. A súa obra principal, a Colección diplomática, composta pola transcrición directa de documentos orixinais do arquivo da catedral de Lugo e do Arquivo Histórico Nacional xunto cunha toponimia da topografía, quedou inédita. Postumamente, apareceron La antigüedad de la Iglesia de Lugo e Los grandes pleitos de la Iglesia de Lugo.

Palabras veciñas

Cañiza, A | canizado -da | canizar | Cañizares del Rey, Buenaventura | canizo | cañizo | Canizo, O