"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor. Inspirouse nos estilos monumentais romanos e introduciu no Veneto a arquitectura cincocentista de Roma. En Padua fixo as portas de San Giovanni (1528) e de Savorarola (1530), o arco do Orologio (1532), o Odeón e a loxa do palacio Cornaro. Nas obras pitóricas amosou o seu coñecemento da Antigüidade. Entre outras destaca Sibilla che svela ad Augusto il mistero dell’Incarnazione.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Considerado un dos máximos representantes da poesía neoclásica italiana, escribiu Odi (Odas, 1784) e Poesie e prose varie (Poesía e prosa varia, 1785). En 1805 foi secretario e logo presidente da Academia de Belas Artes de Carrara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e comerciante. Estableceuse en Colonia en 1709 e dedicouse á fabricación e venda dunha auga perfumada que se coñece co nome de auga de Colonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Formouse na Accademia de Florencia (1846), da que foi profesor dende 1886 e na que fomentou o estilo persoal de cada un dos seus alumnos. Participou nos movementos independentistas de 1848 e 1849, e afeccionouse ás obras de temática militar, entre outras, Il campo italiano dopo la bataglia di Magenta (O campo italiano despois da batalla de Magenta, 1861). Centrouse no estudo da realidade, concretado na escola dos macchiaioli florentinos, e dende 1861 evolucionou cara á simplificación da forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse en París con R. A. Houasse e en 1695 obtivo o Prix de Rome que lle permitiu residir en Italia durante cinco anos. Viviu en España, onde copiou as obras das coleccións reais. En 1704 ingresou na Académie Royale de Peinture et de Sculpture coa obra España ofrecéndolle a coroa ao duque de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Formouse en Viena na Akademie der Bildende Künste. Traballou con B. Thorvaldsen en Roma (1818-1824). Das súas obras destaca Eurídice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Tras ingresar na carreira xudicial, foi trasladado a Madrid en 1870 para instruír a causa polo asasinato do xeneral Prim. Na lexislatura 1873-1874 foi deputado polo distrito de Lalín. Na Restauración foi depurado, acusado de exercer como deputado no período republicano, pero máis tarde, ofrecéuselle a presidencia da Audiencia de Filipinas. De volta en España, foi nomeado presidente da Real Audiencia de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e vanadio, cun 55 a 82% de V, que se emprega na fabricación de aceiros de corte rápido e aceiros laminados e para resortes. Obtense por aluminotermia a partir do óxido de vanadio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo franciscano, coñecido como san Bonaventura. Profesor de teoloxía na Sorbonne de París (1248-1255). Superior dos franciscanos (1256), presidiu varios capítulos xerais da súa orde, e foi nomeado cardeal e bispo de Albano (1273). Presidiu o II Concilio de Lyon (1274), no que se tentou a unión de gregos e latinos. Foi declarado doutor da Igrexa en 1587. A súa festa celébrase o 15 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi presidente da Old Walter-Colour Society (1831-1855) e un dos máximos representantes da escola paisaxística inglesa. Especializouse na pintura de mariñas. Recibiu unha medalla de ouro no Salon de 1824.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro italiano. Construíu o Palazzo Comunale de Boloña. En 1458 entrou ao servizo dos Sforza de Milán, para os que fixo traballos de enxeñería. Chamado polo Tsar Iván III, participou na construción do Kremlin de Moscova (1474), onde edificou a catedral da Asunción (1476-1479).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De formación autodidacta, viviu en Europa entre 1924 e 1927. Foi autor, entre outros, dos monumentos a Avellaneda, Simón Bolívar e Raúl Colombres. Dende 1960 pertenceu á Academia Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e alquimista italiano e conde Fioravanti. Descubriu un bálsamo para a curación dos envelenamentos con arsénico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Dirixiu o Teatro de San Carlos de Lisboa e foi mestre de capela de San Pedro de Roma. Destacou como autor de óperas bufas. O seu fillo Vincenzo Fioravanti (Roma 1799 - Nápoles 1877) tamén escribiu óperas bufas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Traballou na decoración dos palacios de Inverno e da Ópera de San Petersburgo. Fixo, entre outros, os iconos da catedral de Santo André de Kiev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante de tinta que obtivo en 1901 R. Bohn como resultado de fundir a β-aminoantraquinona a unha temperatura por riba dos 270°C. Tamén se coñece como amarelo de indantreno G.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coas súas sátiras, en verso ou prosa, e comedias satíricas, manifestouse como un dos ideólogos da Ilustración rusa. Da súa produción destacan Lisica Kaznodej (1762), Brigadir (1766) e Nedorosl (1782).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor na Universidade de Saarland desde 1949, estudiou as obras dos trobadores. Cómpre destacar as súas obras Repertoire métrique de la poésie des Troubadours (1953-1957), Trouvères et Minnesänger (1952) e Du rôle des troubadours dans la formation de la poésie lyrique moderne (1950).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ucraíno. Fundador do movemento obreiro e do partido radical ucraíno, editou a revista Zite i Slovo. Da súa produción destacan Balady i raskazi (1876), Boa constrictor (1877), Veršiny i niziny (1887) e Uvádšije list’ja (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no céltico bretón Gwalchmei, adaptado ao francés antigo como Gauvain. A forma primitiva deste nome era a irlandesa Caomhghin, tomada do antigo irlandés Coemgen ‘nacemento feliz’. Levan este nome o heroe do ciclo bretón, sobriño do mítico Rei Artur, e san Galván (s VI), quen fundou en Irlanda a abadía de Glendalough.

    VER O DETALLE DO TERMO