Fidanza, Giovanni

Fidanza, Giovanni

Teólogo franciscano, coñecido como san Bonaventura. Profesor de teoloxía na Sorbonne de París (1248-1255). Superior dos franciscanos (1256), presidiu varios capítulos xerais da súa orde, e foi nomeado cardeal e bispo de Albano (1273). Presidiu o II Concilio de Lyon (1274), no que se tentou a unión de gregos e latinos. Foi declarado doutor da Igrexa en 1587. A súa festa celébrase o 15 de xullo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bagnorea, Viterbo

  • Deceso

    Lugar : Lyon